3
Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal Pax. 1 Boletín nº 5/08 07/maio/2008 Baixo a influencia anticiclónica feble e con aire frío nas capas altas da atmosfera, haberá en Galicia unha certa inestabilidade atmosférica. Con esta situación non serán raros os chuvascos treboentos, máis cara o venres, segundo as zonas. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, acadando valores propios da época do ano. Os ventos serán floxos en xeral, incluso o venres en que haberá ráfagas algo máis fortes, e irán rolando a compoñente Norte cara o fin de semana. METEOROLOXÍA VIÑEDO D. O. Rías Baixas BOLETÍN FITOSANITARIO DE AVISOS E INFORMACIÓNS 07 de maio de 2008 Nº 5/08 Estado fenolóxico medio F-G (Acios visibeis- acios separados) Xa brotadas todas as variedades, pódese realizar unha primeira aproximación de colleita, apreciándose un elevado porcentase de gomos con 2 acios na variedade albariño (hai anos nos que nesta variedade son maioritarios 3 acios por gomo). Coidados culturais Nesta fase do cultivo as varas do viñedo teñen un tamaño e consistencia que as fan sensibles á rotura por vento, feito que na semán pasada provocou algúns danos (ver imaxe). O guiado dos brotes nas espaldeiras, coa axuda dos arames da infraestrutura, evita ou reduce as roturas das varas polo vento , á vez que facilita que medren seguindo a estructura vertical propia do sistema de condución. Por outro lado, é conveniente a eliminación de chupóns que saen do tronco das cepas, máxime si se aplica herbicida ao pé das mesmas. Na imaxe pódese ver a fitotoxicidade producida polo herbicida aplicado nun viñedo a causa da deriva polo vento, o que afectou aos órganos verdes da cepa.

BOLETÍN FITOSANITARIO DE AVISOS E INFORMACIÓNSmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/agricultura/rede_avisos/... · Boletín nº 5/08 07/maio/2008 Servizo de Produción Agraria

Embed Size (px)

Citation preview

Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal Pax. 1Boletín nº 5/08 07/maio/2008

Baixo a influencia anticiclónica feble e con aire frío nas capas altas da atmosfera, haberá en Galicia unha certa inestabilidade atmosférica. Con esta situación non serán raros os chuvascos treboentos, máis cara o venres, segundo as zonas. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, acadando valores propios da época do ano. Os ventos serán floxos en xeral, incluso o venres en que haberá ráfagas algo máis fortes, e irán rolando a compoñente Norte cara o fin de semana.

METEOROLOXÍA

VIÑEDO

D. O. Rías Baixas

BOLETÍN FITOSANITARIO

DE AVISOS E INFORMACIÓNS

07 de maio de 2008

Nº 5/08

Estado fenolóxico medioF-G (Acios visibeis- acios separados)Xa brotadas todas as variedades, pódese realizar unha primeira aproximación

de colleita, apreciándose un elevado porcentase de gomos con 2 acios na variedade albariño (hai anos nos que nesta variedade son maioritarios 3 acios por gomo).

Coidados culturaisNesta fase do cultivo as varas do viñedo teñen un tamaño e consistencia que as fan sensibles á rotura por vento, feito que na semán pasada provocou algúns danos (ver imaxe). O guiado dos brotes nas espaldeiras, coa axuda dos arames da infraestrutura, evita ou reduce as roturas das varas polo vento , á vez que facilita que medren

seguindo a estructura vertical propia do sistema de condución.Por outro lado, é conveniente a eliminación de chupóns que saen do tronco das cepas, máxime si se aplica herbicida ao pé das mesmas. Na imaxe pódese ver a fitotoxicidade producida polo herbicida aplicado nun viñedo a causa da deriva polo vento, o que afectou aos órganos verdes da cepa.

Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal Pax. 2Boletín nº 5/08 07/maio/2008

Boletín Fitosanitario de Avisos e Informacións

sigue D. O. Rías Baixas

Incidencias fitopatolóxicas máis destacadas

Mildeu (Plasmopara viticola).Durante a semana pasada mantivéronse as condicións

ideais para novas infeccións e esporulacións do fungo, polo que seguen observándose síntomas en folla.Na imaxe xunta móstranse os síntomas típicos de

Mildeu en Acio, coa acostumada forma de S. Polo momento non se observaron estes danos.

Oidio (Uncinola necator)Non se observan síntomas en condicións de afección.

AcarosDebido o tempo chuvioso poco propicio para o seu

desenrolo as poboacións son de escasa consideración.

Recomendacións da semana

A causa das continuas e sucesivas condicións propicias para que se dean novos ciclos de Mildeu (infeccións secundarias debidas a choiva contaminante en varios días alternos), así como á aparición da sintomatoloxía típica aos 6-7 días (humidade nocturna en forma de rocíos nas follas, acios e brotes), deberáaplicarse un tratamento aos 9 días aproximadamente dende a última aplicación. O preparado fitosanitario será preferiblemente de acción sistémica, o que suporá, en xeral, a 3ª aplicación da campaña. Debe recordarse que ese é o nº máximo de aplicacións por campaña da mesma materia activa con acción curativa-erradicante-antiesporulante.

HORTA

Estado fenolóxico medioTOMATE (invernadoiro): floración-crecemento.PEMENTO. No invernadoiro: primeiros froitos no pemento tipo padrón. Crecemento nos demais tipos.XUDIA. No invernadoiro: floración-crecemento. Ao aire libre: sembra.COLES. No exterior: varios ciclos en función da data de plantación.LEITUGA No exterior: varios ciclos en función da data de plantación.CEBOLA: transplante- crecemento.PATACA: floración (ciclo temperán) - xerminación (ciclo medio).

Incidencias fitopatolóxicas máis destacadas

Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal Pax. 3Boletín nº 5/08 07/maio/2008

MildeuNos cultivos hortícolas sensibles a esta enfermidade (cebola, leituga, tomate

e, sobre todo, pataca) persisten as condicións idóneas para o seu desenrolo.

Trips (Frankliniella occidentalis)Siguen a observarse crecemento das poboacións no cultivo de pemento.

sigue HORTA

Recomendacións da semánManterase o control sobre Mildeu en

especies sensibles, sobre todo en pataca.Para o control de Trips no cultivo de

pemento ten moi bo comportamento a loita biolóxica con soltas de fauna auxiliar: Orius(+/- 1 insecto/m2) e Amblyseius swirskii(+/- 0,5 ácaros/ m2). É interesante consultar co servicio técnico do proveedor para adaptar as doses e nº de soltas a cada situación particular.

Para o control de Trips no cultivo de pemento ten moi bo comportamento a loita biolóxica con soltas de fauna auxiliar: Orius (+/- 1 insecto/m2) e Amblyseius swirskii (+/- 0,5 ácaros/m2). É interesante consultar co servicio técnico do proveedor para adaptar as doses e nº de soltas a cada situación particular.

Boletín Fitosanitario de Avisos e Informacións