8
Ros.Rod País dos libros, 30 de setembro de 2009 Chis, chis, plof, plof! Ola, queridos nenos e queridas nenas: Vexo que neste curso hai caras novas no COLE : as pequenas de 3 anos, Paula, Keira, Nuria e Silvia; Alina de 3º e Carolina de 5º!!! Eu son... Chispa Chis, chis, plof, plof! Benvidos a todas e todos. Xa me enterei de todos eses libros que lestes no verán. Canto me alegro!!! Pero neste curso temos un gran reto por diante: completar os ITINERARIOS LECTORES, lendo todos os libros escollidos... Xa sabemos que LER REQUIRE UN ESFORZO. Pero, que maior recompensa que descubrir as novas historias agochadas dentro dun libro!!! E falando de novas historias... aquí vos deixo estes libros de contos que tanto nos gustan e algún outro que aínda non coñecedes... A dulce historia de CHOCOLATA... PALABRA DE CROCODILO e CROCO... ANIMAIS EXTRAORDINARIOS... E moitas máis historias fantásticas para os máis grandes!!! Chis, chis, plof, plof! Espero que o pasedes moi ben lendo estas novas historias, que coidedes moito os monicreques que acompañan a estes contos e que lle fagades caso ao caracol ROI tratando con agarimo todos os contos que pasen polas vosas mans. Un saúdo e moitos, moitos moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!

Cartas de Chispa curso 2009 2010

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Cartas de Chispa, a nosa meiga que agasalla libros

Citation preview

Page 1: Cartas de Chispa curso 2009 2010

Ros.Rod

País dos libros, 30 de setembro de 2009 Chis, chis, plof, plof!

Ola, queridos nenos e queridas nenas:

Vexo que neste curso hai caras novas no COLE: as pequenas de 3 anos, Paula, Keira, Nuria e Silvia; Alina de 3º e

Carolina de 5º!!! Eu son... Chispa Chis, chis, plof, plof!

Benvidos a todas e todos. Xa me enterei de todos eses libros que

lestes no verán. Canto me alegro!!! Pero neste curso temos un gran reto por diante: completar os ITINERARIOS LECTORES, lendo todos os libros escollidos...

Xa sabemos que LER REQUIRE UN ESFORZO. Pero, que maior recompensa que descubrir as novas historias agochadas dentro dun libro!!!

E falando de novas historias... aquí vos deixo estes libros de contos que

tanto nos gustan e algún outro que aínda non coñecedes...

A dulce historia de CHOCOLATA...

PALABRA DE CROCODILO e CROCO... ANIMAIS EXTRAORDINARIOS...

E moitas máis historias fantásticas

para os máis grandes!!!

Chis, chis, plof, plof!

Espero que o pasedes moi ben lendo estas novas historias, que coidedes moito os monicreques que acompañan a estes contos e que lle fagades caso ao

caracol ROI tratando con agarimo todos os contos que pasen polas vosas mans.

Un saúdo e moitos, moitos moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!

Page 2: Cartas de Chispa curso 2009 2010

Ros.Rod

País dos libros, 26 de outubro de 2009 Chis, chis, plof, plof!

Ola, queridos nenos e queridas nenas:

Hoxe é o Día das Bibliotecas Escolares, e que mellor forma de celebralo que reunirnos todos unha vez máis na Biblio do noso fermosísimo cole.

Chis, chis, plof, plof!

Aínda que moito mellor é unha maleta viaxeira chea de novas historias para ler e compartir. Para os máis pequechos do cole, catro contos

do rato Frederick, O porquiño e Un gran soño, Cal é a miña cor?, Un becho extraño, e Mago Goma.

E para os maiores, lecturas do máis interesante: Como facer un cómic, El secreto del Oso hormiguero, O pequeno Señor Paul, Andanzas de Xan Farrapeiro, A profesora Ripaldi...

Ademais temos moitas máis cousas que celebrar: Chegou o OUTONO e con el, as festas do Magosto e o Samaín.

E no Samaín xa sabedes que toca ler

contos de medo. Lembrade que podedes coller da Biblio calquera deses libros que tedes na exposición.

E para rematar...

UNHA SORPRESA PANTASMAGÓRICA!!!

Chis, chis, plof, plof!

Feliz Outono, Magosto e Samaín. Un saúdo e moitos, moitos, moitos bicos, da vosa amiga.

Chis, chis, plof, plof!

Page 3: Cartas de Chispa curso 2009 2010

Ros.Rod

País dos libros, 10 de decembro de 2009 Chis, chis, plof, plof!

Ola, queridos nenos e queridas nenas:

Hoxe celebramos o 61 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. E iso que é?, preguntarédesvos algúns. Os Dereitos humanos son aqueles que o ser humano posúe polo mero feito de selo. Son propios da persoa e son realmente imprescindibles, como poden ser o Dereito á vida, o Dereito a Non Ser Discriminado, o Dereito á Educación... Hoxe en día, aínda son moitos os países onde hai casos nos que non se respectan estes dereitos, pero... hai algo máis bonito que loitar por defender os nosos ideais?

Agora que se achegan as Festas do

Nadal, festas que son compartidas pola maioría dos habitantes da Terra, e que celebramos con agasallos, comidas e reunións cos seres queridos... fagamos un esforzo por manter o seu verdadeiro espírito, espertando o mellor do ser humano: o amor cara aos outros e a solidariedade.

Así que esta vez a miña maleta vén cargada de bos desexos e libros, algúns que xa coñecedes e algunha que outra novidade... para grandes e para pequenos.... Oda a unha estrela... Os mil brancos... Libro das M’Alicias... Máis respostas ás preguntas que nunca fixeches... O corazón do xastre... xunto con eses preciosos libros despregables que tratamos con tanto mimo e unhas cuantas revistas sobre o Nadal.

Espero que disfrutedes cos preparativos do Festival, e que nas vosas cartas aos Reis Magos,

non vos esquezades de incluír algún libro.

Feliz Nadal para todos! Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!

Page 4: Cartas de Chispa curso 2009 2010

Ros.Rod

País dos libros, 6 de xaneiro de 2010 Chis, chis, plof, plof!

Ola, queridos nenos e queridas nenas:

Como cada ano os Reis Magos despois da súa longa viaxe desde o lonxano Oriente, repartiron agasallos a todos os nenos e nenas por todo o mundo. Canta maxia na Noite de Reis

E como boa bruxa que son, quero compartir parte dos meus máis prezados segredos, regalándovos un precioso libro que os Reis Magos deixaron na miña casa:

“Genealogia de una Bruja” é un libro moi especial, xa que inclúe o conto de A pequena bruxa e un libro sobre Bruxas e feitizos , pois toda boa meiga debe coñecer a súa xeneoloxía. Saber de onde se vén, para acertar onde se vai.

E atendenddo ás recentes peticións chegadas á caixa de correo da nosa querida Biblioteca mándovos tamén unhas revistas do mundo do automóbil e unha enciclopedia sobre os cabalos, xunto con dúas enciclopedias visuais para os máis pequenos. E recordade que a caixa de correo tamén serve para pedir aqueles libros que queirades disfrutar e que aínda non están na Biblio.

Tamén algúns títulos máis como Cuento de Navidad, Con la cabeza en otra parte, Perder para ganar, Nuevos casos de los detectives López y Baldosillo, Veinte mil leguas de viaje submarino de Julio Verne, o libro musicado de Tic Tac, unha escolma poética de Ramón Cabanillas, e algún que outro máis.

Espero que disfrutedes con estas fascinantes lecturas. Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga.

Chis, chis, plof, plof!

Page 5: Cartas de Chispa curso 2009 2010

Ros.Rod

País dos libros, 19 de xaneiro de 2010 Chis, chis, plof, plof!

Hai unha semana que chegou ao noso cole a exposición Aforrando enerxía, con debuxos de Leandro Lamas, e todavía non vin a ninguén visitándoa. Eses debuxos tan bonitos e a importancia deses textos que os acompañan... e todo iso tan desaproveitado. Así que me dixen, ¿que podería facer eu para que os nenos e nenas do Colexio de Pazos visiten esta fermosísima exposición?

Chis, chis, plof, plof!

Xa está! Voulles mandar uns agasallos relacionados coa reciclaxe: Libros dos Bolechas, unhas libretiñas, uns discos de xogos, ... que de seguro lles encantarán!

Porque recordade: Moitas veces non somos conscientes de que a enerxía é un ben escaso e limitado. Polo tanto, fagamos caso á máxima que di que a mellor enerxía de todas é a que NON se consome. O planeta agradecerao.

E non vos olvidedes que o 29 de xaneiro de 2010

celebraremos o Día da Paz. Así que, propóñovos elaborar un novo Libro colectivo como fixemos os outros anos. Entre todos temos que conseguir outro marabillosos libro cos nosos mellores desexos para un mundo mellor e máis solidario. Lembrade tamén que podedes ir á Biblio para mirar os libros dos cursos pasados.

Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga.

Chis, chis, plof, plof!

Page 6: Cartas de Chispa curso 2009 2010

Ros.Rod

País dos libros, 8 de marzo de 2010. Chis, chis, plof, plof!

Ola, queridos nenos e queridas nenas:

Hoxe celebramos o Día da Muller Traballadora, e recoñezo que tivestes unha grande idea invitando a algunhas nais dos nenos e nenas do cole a contar contos nos recreos.

Chis, chis, plof, plof! E que o mundo está cheo de mulleres que traballan para que poidamos disfrutar de marabillosas historias. Hai mulleres que escriben: como Ana García Castellano, María Alcañiz Lorenzo, Lucía Serrano, Fina Casalderey, etc. Hai mulleres que ilustran: como Ximena Maier, Violeta Monreal, Ericka Martinez, MªFe Quesada, Noemí López e moitas máis. E hai mulleres que contan, como Ana, nai de Alba, como Mónica, nai de Anxo e Lucas, como Ana, nai de Irene, como Finuca a avoa de Keira e outras tantas que vos contan preciosos contos todos os días. Pero sobre todo...

Por iso, esta maleta ven cheíña de libros escritos por mulleres, ilustrados por mulleres, para que os conten as mulleres e os lean as mulleres.

Para os máis pequenos do cole, historias como as de Violeta a Carteira Bolboreta e Carola a Carteira Centola e Martiño o Carteiro Porquiño... Para os maiores: RimBambini, Ruby Rogers, Marcos Mostaza, Mil cousas poden pasar e moitos máis. Pero tamén nesta maleta veñen libros para poder disfrutar todos e todas, como as Enciclopedias de Animais que sei que tanto vos gustan, e un orixinal libro de formato

super-mega-xigante

sobre a opera. Chis, chis, plof, plof!

Un saúdo e moitos, moitos, moitos bicos, da vosa amiga.

Chis, chis, plof, plof!

Page 7: Cartas de Chispa curso 2009 2010

Ros.Rod

País dos libros, 23 de abril de 2010. Chis, chis, plof, plof!

En Abril, libros mil!

Ola, queridos nenos e queridas nenas:

Como todos os anos, o 23 de abril celebramos o dia do libro na nosa Biblioteca, en lembranza de escritores tan importantes como Miguel de Cervantes,

que escribiu “El Quijote”, e o inglés William Shakespeare, autor de libros como “O soño dunha noite de verán” ou “Romeo e Xulieta”.

E que mellor forma de celebrar o Día do Libro que con LIBROS. Por iso, desta vez tiven que preparar un paquete tan especial como o que estades vendo, xa que non cabían na miña maleta!!!

Chis, chis, plof, plof!

Unha maleta chea de libros:

- Unha coleción para os máis pequenos de “Bichitos Curiosos”. - Unha coleción completa de “Las Fieras

Fútbol Club”. - Outra coleción completa de “Rimbambini”. - Outra coleción de “Verónika Click!”. - Unha colección noviña de libros de animais,

que ben sei que vos encantan. - E moitos outros títulos como:

o “La Gran Invasión de Ratonia” de Jerónimo Stilton.

o “El correo flotante de Félix”, un libriño cheo de receitas riqúisimas!!!

o “Ojalá no hubiera números!”, que conta a historia dun mundo sen números. Podedes imaxinalo???

o “ A voda do Galo Pinto” o E por suposto unha pequena

biografía de Uxío Novoneyra, personaxe a quen estará adicado o Día das Letras Galegas este ano.

- E moitos outros que quedan no tinteiro para que vós os descubrades.

Chis, chis, plof, plof! Un saúdo e moitos, moitos, moitos bicos, da vosa amiga.

Chis, chis, plof, plof!

Page 8: Cartas de Chispa curso 2009 2010

Ros.Rod

País dos libros, 18 de xuño de 2008 Chis, chis, plof, plof!

Ola, queridos nenos e queridas nenas: Outro ano máis o curso chega ao seu fin co comezo do verán. Acábanse as clases e despedímonos con algo de pena pero satisfeitos por todo o vivido xuntos.

Coma sempre, andei a mirar o que estabades a facer e emocionoume moito saber que tedes pensado cambiarlle o nome á nosa Biblioteca polo de

Pois xa que está a puntiño de comezar unha nova etapa, quérovos propor outro cambio. É que se me ocurriu que xa que fixemos préstamo de libros durante todo o

curso por que non continuar con el no verán. E que o hábito lector non é algo que poidamos deixar aparcado nas vacacións!!! Por iso, as familias que queiran levar en préstamo algún libro da nosa ben querida Biblioteca, poderán facelo se veñen a buscar os libros do 23 ao 25 deste mes. Poderedes levar ata 5 libros por cada neno ou nena. Pero para iso, debedes ser tan coidadosos como o fostes ata o de agora.

Chis, chis, plof, plof!

E como non!!! Chega un novo boletín coas recomendacións para este verán, xa que non vai ser só tempo de mergullarse na auga, senón tamén para mergullarse na lectura. Por iso desta volta a miña maleta vén cargada de novidades:

• Para os pequechos e pequechas: Nicolás va de compras e Nicolás cocina sin fuego, cheíños de pictogramas e co que poderedes desfrutar de ler sen axuda!!!

• Para os medianiños: Oh, as cores, Catarina, La Casa, Pero-pero, Constructores,

• E para os maiores: Huckleberry Finn, Capitanes Valientes e Romeo y Julieta.

Xa só me queda desexarvos que pasedes unhas boas vacacións e dicirvos que leades

moitíííííííííísimo. Eu prometo ler e buscar novos libros para cando cheguedes en setembro.

Chis, chis, plof, plof!

Un saúdo e moitos, moitos calurosos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!