2
Todas as inscricións deberán facerse a través da web www.turismo.gal. As visitas iranse pechando por rigorosa orde de inscrición. Podes consultar as túas dúbidas no enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 886 119 164. Todas as visitas de Coñece Vigo son gratuítas. Poden participar tanto asociacións e colectivos como particulares. No caso das asociacións, a reserva ten que facerse ao nome da mesma. Hai visitas que xa inclúen autobús no seu percorrido. En todo caso, se es unha asociación ou centro, podes solicitar un autobús para recollida/retorno desde o teu centro ata o punto de encontro da ruta. Na visita A ría de Vigo e As Illas Cíes tamén se inclúe traslado en catamarán. É necesario levar o carné de identidade. Se non vés en autobús, deberás estar no punto de encontro 15 minutos antes do comezo da visita. Cancelacións: Se a organización se ve na obriga de cancelar algunha visita por condicións climatolóxicas ou causa de forza maior, os inscritos serán puntualmente informados. No caso de que sexa o participante quen anule a visita, deberá informar á organización cunha semana de anticipación. En caso de non asistir a unha visita sen previo aviso, non poderá participar de ningunha outra do programa. Programa seguro O número máximo de participantes nas visitas vése reducido a 20 persoas. 1 Os participantes deberán levar máscara durante toda a visita. En caso de que non a leven, a organización facilitaralles unha. A organización entregará unha bolsa con material de seguridade e prevención. A organización velará polo mantemento da distancia de seguridade interpersoal. Os guías levarán máscara e pantalla de protección. COMO INSCRIBIRSE E MEDIDAS DE SEGURIDADE VISITAS GUIADAS E GRATUÍTAS www.turismo.gal XUÑO - AGOSTO 2020 Ofrecemos neste 2020 unha nova edición do programa de visitas guiadas Coñece Vigo. Fieis á nosa vocación de darlle aos vigueses a oportunidade de ver a súa cidade con outros ollos, o programa busca tamén, neste momento tan especial, colaborar no impulso do turismo e facelo, por suposto, implementando todas as medidas hixiénico-sanitarias necesarias para garantir a seguridade dos participantes. As visitas guiadas e gratuítas Coñece Vigo, da Xunta de Galicia, poñen á túa disposición nove percorridos. Así, poderás coñecer doutro xeito os xardíns máis fermosos da cidade, o Casco Vello de Vigo, o Bouzas máis mariñeiro; disfrutar da nosa ría ou percorrer as Illas Cíes; afondar nas orixes romanas e castrexas da cidade; deixarte levar ao século XIX -a través da súa historia e a súa arquitectura- ou coñecer a importancia da industria conserveira na construción do Vigo de hoxe en día. Todas as visitas seguirán os protocolos de prevención do coronavirus coa fin de garantir a protección e seguridade dos participantes. Con grupos de máximo 20 persoas, as visitas serán conducidas por guías oficiais, profesionais cualificados e, mesmo nalgúns casos, por personaxes históricos que che farán sentir como un veciño máis do século XIX. Benvido a Coñece Vigo 2020, nove rutas seguras e cheas de segredos por descubrir! Galicia é un destino seguro. 1 Agás nas seguintes rutas: Máximo 10 persoas nas visitas de As nosas orixes e o Casco Vello. 40 persoas nas visitas A ría de Vigo e Illas Cíes (2 guías no caso das Cíes)

COMO INSCRIBIRSE E MEDIDAS DE SEGURIDADE XUÑO - … · Visitas: Todos os luns do 22 de xuño ao 17 de agosto. Os mércores 1 e 15 de xullo e o 12 e 19 de agosto. Horario: luns 11.00

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: COMO INSCRIBIRSE E MEDIDAS DE SEGURIDADE XUÑO - … · Visitas: Todos os luns do 22 de xuño ao 17 de agosto. Os mércores 1 e 15 de xullo e o 12 e 19 de agosto. Horario: luns 11.00

■ Todas as inscricións deberán facerse a través da web www.turismo.gal. As visitas iranse pechando por rigorosa orde de inscrición. Podes consultar as túas dúbidas no enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 886 119 164.

■ Todas as visitas de Coñece Vigo son gratuítas. Poden participar tanto asociacións e colectivos como particulares. No caso das asociacións, a reserva ten que facerse ao nome da mesma.

■ Hai visitas que xa inclúen autobús no seu percorrido. En todo caso, se es unha asociación ou centro, podes solicitar un autobús para recollida/retorno desde o teu centro ata o punto de encontro da ruta.

■ Na visita A ría de Vigo e As Illas Cíes tamén se inclúe traslado en catamarán.

■ É necesario levar o carné de identidade.

■ Se non vés en autobús, deberás estar no punto de encontro 15 minutos antes do comezo da visita.

Cancelacións:

● Se a organización se ve na obriga de cancelar algunha visita por condicións climatolóxicas ou causa de forza maior, os inscritos serán puntualmente informados.

● No caso de que sexa o participante quen anule a visita, deberá informar á organización cunha semana de anticipación. En caso de non asistir a unha visita sen previo aviso, non poderá participar de ningunha outra do programa.

Programa seguro

■ O número máximo de participantes nas visitas vése reducido a 20 persoas.1

■ Os participantes deberán levar máscara durante toda a visita. En caso de que non a leven, a organización facilitaralles unha.

■ A organización entregará unha bolsa con material de seguridade e prevención.

■ A organización velará polo mantemento da distancia de seguridade interpersoal.

■ Os guías levarán máscara e pantalla de protección.

COMO INSCRIBIRSE E MEDIDAS DE SEGURIDADE

VISITAS GUIADAS E GRATUÍTAS

www.turismo.gal

XUÑO - AGOSTO 2020

Ofrecemos neste 2020 unha nova edición do programa de visitas guiadas Coñece Vigo. Fieis á nosa vocación de darlle aos vigueses a oportunidade de ver a súa cidade con outros ollos, o programa busca tamén, neste momento tan especial, colaborar no impulso do turismo e facelo, por suposto, implementando todas as medidas hixiénico-sanitarias necesarias para garantir a seguridade dos participantes.

As visitas guiadas e gratuítas Coñece Vigo, da Xunta de Galicia, poñen á túa disposición nove percorridos. Así, poderás coñecer doutro xeito os xardíns máis fermosos da cidade, o Casco Vello de Vigo, o Bouzas máis mariñeiro; disfrutar da nosa ría ou percorrer as Illas Cíes; afondar nas orixes romanas e castrexas da cidade; deixarte levar ao século XIX -a través da súa historia e a súa arquitectura- ou coñecer a importancia da industria conserveira na construción do Vigo de hoxe en día.

Todas as visitas seguirán os protocolos de prevención do coronavirus coa fin de garantir a protección e seguridade dos participantes. Con grupos de máximo 20 persoas, as visitas serán conducidas por guías oficiais, profesionais cualificados e, mesmo nalgúns casos, por personaxes históricos que che farán sentir como un veciño máis do século XIX.

Benvido a Coñece Vigo 2020, nove rutas seguras e cheas de segredos por descubrir! Galicia é un destino seguro.

1 Agás nas seguintes rutas:Máximo 10 persoas nas visitas de As nosas orixes e o Casco Vello.40 persoas nas visitas A ría de Vigo e Illas Cíes (2 guías no caso das Cíes)

Page 2: COMO INSCRIBIRSE E MEDIDAS DE SEGURIDADE XUÑO - … · Visitas: Todos os luns do 22 de xuño ao 17 de agosto. Os mércores 1 e 15 de xullo e o 12 e 19 de agosto. Horario: luns 11.00

O VIGO DA CONSERVA

Nesta ruta coñeceremos o vínculo entre o mundo da conserva e o Vigo de hoxe en día. Achegarémonos ata o Museo ANFACO para dar resposta a cal foi a orixe desta industria ou como era o Vigo conserveiro de hai 100 anos. Coñecerás incribles historias sobre este sector e poderás visitar tamén o Centro Tecnolóxico de ANFACO (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas).

Visitas: todos os luns do 22 de xuño ao 17 de agosto.Horario: 11.00 - 12.30 hPunto de encontro: Entrada ANFACO. Estrada Colexio Universitario, 16.

AS NOSAS ORIXES

Descubre as orixes da Gallaecia. Acompáñanos e viaxaremos xuntos ao pasado para profundar nas raíces castrexas e romanas da cidade. Saberemos como vivían os nosos antepasador e asistiremos aunha demostración de artesanía tradicional onde veremos como traballaban a palla e a silva para facer obxectos da vida cotiá hai máis de 2.500 anos.

Visitas: todos os martes do 23 de xuño ao 18 de agosto.Horario: 11.00 - 13.00 h Punto de encontro: Entrada do Museo do Mar de Galicia. Avenida Atlántida, 160.

A RÍA DE VIGO

Nesta visita descubrirás os segredos da ría de Vigo e saberás máis sobre a historia dos fenicios, celtas, romanos, normandos, piratas, turcos e ingleses que chegaron á nosa cidade polo mar. A bordo dun catamarán, navegaremos polo porto de Vigo e achegarémonos á Illa de San Simón nunha travesía única pola entrada da ría.

Visitas: Xoves, 25 de xuño. Todos os mércores do 1 de xullo ao 19 de agosto e os luns 6 de xullo e 3 de agosto.Horario: 11.00 - 13.00 h Punto de encontro: Estatua de O Nadador (Centro Comercial A Laxe). Visita a bordo dun catamarán.

O CASCO VELLO

Afondaremos na orixe da actividade pesqueira da cidade así como no vínculo deste barrio histórico co porto. Percorreremos as súas serpeantes rúas para coñecer máis sobre a súa historia e teremos a oportunidade de ver como traballa un cesteiro tradicional realizando un oficio artesanal intimamente ligado coa pesca na cidade.

Visitas: todos os xoves do 2 de xullo ao 20 de agosto, de 11.00 a 13.00 h. E os xoves 9 e 23 de xullo e 6 de agosto, de 18.00 a 20.00 hPunto de encontro: cruceiro de O Berbés. Praza do Berbés s/n.

AS ILLAS CÍES

Visitaremos as Illas Cíes, un dos arquipélagos do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia para coñecer máis sobre a historia, a flora, a fauna e a riqueza patrimonial deste paraíso. Faremos un percorrido ata a Praia de Nosa Señora para coñecer todos os segredos que agocha este tesouro atlántico.

Visitas: todos os venres do 26 de xuño ao 21 de agosto.Horario: 10.00 - 14.00 hPunto de encontro: estatua de O Nadador (Centro Comercial A Laxe). Visita a bordo dun catamarán.* Imprescindible levar DNI.

O BOUZAS MARIÑEIRO

Achegarémonos nesta visita ao casco histórico desta vila que foi concello independente ata 1904. Coñeceremos máis sobre a súa historia e sobre o seu vínculo cos estaleiros e co sector marítimo e pesqueiro. Percorrendo as súas estreitas rúas, falaremos sobre o seu patrimonio e as súas lendas como a do Cabaleiro das Cunchas.

Visitas: Todos os venres do 26 de xuño ao 21 de agosto. Os mércores 8 de xullo e 5 de agosto. Horario: venres 11.00 - 13.00 h mércores 18.00 - 20.00 hPunto de encontro: Igrexa de San Miguel de Bouzas. Rúa de Sebastián Elcano, 24.

O VIGO DO SÉCULO XIX

Trasladarémonos ao Vigo do século XIX da man de Irene Ceballos, esposa de Policarpo Sanz, que nos levará a percorrer o ensanche vigués para saber máis sobre a complexa sociedade destes anos e sobre como influíu na conformación do Vigo de hoxe en día. Saberás quen foi quen nesa época e o porqué dos nomes das rúas do centro da cidade.

A ARQUITECTURA DO SÉCULO XIX

A sociedade conserveira de finais do século XIX serviuse da arquitectura para reclamar a súa importancia na cidade deixando unha interesante pegada en Vigo. Pese a que os arquitectos daquela época empregaban diferentes estilos, o feito de utilizar o granito como único material conformou un ensanche homoxéneo. Nesta ruta faremos un percorrido por esta zona do centro de Vigo acompañados dun arquitecto.

Visitas: sábados 4 e 18 de xullo; e 1 de agosto e os martes 7 e 21 de xullo; 4 e 11 de agosto.Horario: 11.00 - 13.30 hPunto de encontro: escalinata de entrada ao Marco. Rúa Príncipe.

OS XARDÍNS DE VIGO

Ven a descubrir as moitas variedades florais que agroman na nosa cidade; achégate aos segredos da botánica, á construción dos nosos parques, ás súas estatuas, ás súas fontes… Esta ruta levarate ás dúas zonas verdes máis importantes da cidade: A Alameda e os xardíns do Pazo Quiñones de León.

Visitas: Todos os luns do 22 de xuño ao 17 de agosto. Os mércores 1 e 15 de xullo e o 12 e 19 de agosto. Horario: luns 11.00 - 13.00 h mércores 18.00 - 20.00 hPunto de encontro: Edificio da Xunta de Galicia en Vigo (entrada principal). Ruta guiada en autobús.

Visitas: Os sábados 27 de xuño, 4 e 18 de xullo e 1 e 8 de agosto. Os martes 30 de xuño; 7 e 21 de xullo; 11 e 18 de agosto.Horario: Sábados 11.00 - 13.00 hMartes 18.00 - 20.00 hPunto de encontro: Edificio da Xunta de Galicia na praza da Estrela. Entrada Lateral.*Imprescindible levar DNI.