17
DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 19995 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia III. OUTRAS DISPOSICIÓNS INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2013, da Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se convocan as subvencións a fondo perdido para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago. O Decreto 44/2011, do 10 de marzo, establece os requisitos, procedementos e incen- tivos para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago. No citado decreto determínase, ademais, que as subvencións recollidas nel se regula- rán por resolucións anuais de convocatoria da Presidencia do IGVS. As actuacións subvencionadas teñen a finalidade de fomentar a recuperación do patri- monio arquitectónico e tradicional, o seu contorno e potenciar a posta en valor de inmobles para seren utilizados como vivenda habitual e permanente do propietario ou dos inquilinos, no caso de que a rehabilitación se faga nunha vivenda destinada a aluguer. Pola presente resolución convócanse as subvencións para o exercicio económico 2013, establécese o prazo de presentación de solicitudes de subvencións, indícase o seu importe máximo e a partida orzamentaria en que figuran os créditos que a amparan. En virtude do exposto anteriormente, e en uso das facultades que teño atribuídas polo Decreto 317/2009, do 4 de xuño, e de acordo coa Lei 9/2007, de subvencións de Galicia: DISPOÑO: Base 1ª. Obxecto 1. A presente resolución ten por obxecto abrir a convocatoria no exercicio económico de 2013, nun procedemento de concorrencia non competitiva, das subvencións a fondo perdido para as persoas promotoras de actuacións de remate de fachadas e cubertas, re- habilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago. CVE-DOG: xsi26sp8-jtl4-a6s4-i6q2-lfv0mynnuhw6

Resolución DOG Luns, 3 de xuño de 2013igvs.xunta.gal/normativa/5_RESOLUCI%D3NS/R%2008-05-13.pdf · 2013-06-03 · pran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007,

Embed Size (px)

Citation preview

DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 19995

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2013, da Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se convocan as subvencións a fondo perdido para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.

O Decreto 44/2011, do 10 de marzo, establece os requisitos, procedementos e incen-tivos para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.

No citado decreto determínase, ademais, que as subvencións recollidas nel se regula-rán por resolucións anuais de convocatoria da Presidencia do IGVS.

As actuacións subvencionadas teñen a finalidade de fomentar a recuperación do patri-monio arquitectónico e tradicional, o seu contorno e potenciar a posta en valor de inmobles para seren utilizados como vivenda habitual e permanente do propietario ou dos inquilinos, no caso de que a rehabilitación se faga nunha vivenda destinada a aluguer.

Pola presente resolución convócanse as subvencións para o exercicio económico 2013, establécese o prazo de presentación de solicitudes de subvencións, indícase o seu importe máximo e a partida orzamentaria en que figuran os créditos que a amparan.

En virtude do exposto anteriormente, e en uso das facultades que teño atribuídas polo Decreto 317/2009, do 4 de xuño, e de acordo coa Lei 9/2007, de subvencións de Galicia:

DISPOÑO:

Base 1ª. Obxecto

1. A presente resolución ten por obxecto abrir a convocatoria no exercicio económico de 2013, nun procedemento de concorrencia non competitiva, das subvencións a fondo perdido para as persoas promotoras de actuacións de remate de fachadas e cubertas, re-habilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.

CV

E-D

OG

: xsi

26sp

8-jtl

4-a6

s4-i6

q2-lf

v0m

ynnu

hw6

DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 19996

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

2. As bases reguladoras destas subvencións aprobáronse no Decreto 44/2011, do 10 de marzo, polo que se regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos cami-ños de Santiago.

Base 2ª. Actuacións subvencionables

De acordo co artigo 25 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo, serán subvencionables aquelas actuacións para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago que estean realizadas e conten coa resolución de cualificación definitiva.

Base 3ª. Persoas beneficiarias

1. De acordo co establecido no artigo 26 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo, poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas promotoras das actuacións que cum-pran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e, ademais, teñan unha resolución de cualificación definitiva con data anterior ao 18 de abril de 2012 (non incluída) para as actuacións no medio rural e con data anterior ao 25 de abril de 2012 (non incluída) nas actuacións en conxuntos históricos e camiños de Santiago. Así mesmo, deberán destinar a vivenda a domicilio habitual e permanente seu ou da persoa inquilina, no caso de rehabilitación para aluguer, e cumprir os requisitos establecidos na presente convocatoria.

2. Poderán presentarse a esta convocatoria de subvencións, de acordo co establecido na disposición transitoria 4, e no artigo 36 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo , as persoas que, estando en posesión da cédula de rehabilitación de calidade, non tivesen presentado previamente a solicitude de subvención, ou que téndoa presentado, rematasen o seu pro-cedemento sen obter subvención por esgotamento do crédito establecido na convocatoria.

3. Tamén poderán presentarse aquelas persoas con solicitudes xa presentadas que non puidesen obter a subvención por non cumpriren o requisito do prazo temporal establecido na convocatoria anterior, figurando na resolución de conformidade unha data de finaliza-ción das obras posterior ao 31 de decembro de 2010.

4. No suposto de actuacións promovidas polas comunidades de propietarios, poderán ser persoas beneficiarias as titulares do inmoble ou dun dereito real que permita acometer as ditas actuacións, en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras.

CV

E-D

OG

: xsi

26sp

8-jtl

4-a6

s4-i6

q2-lf

v0m

ynnu

hw6

DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 19997

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Base 4ª. Importes máximos das subvencións

1. De acordo co establecido no artigo 27 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo, subven-ciónanse as actuacións cualificadas definitivamente, nunha contía equivalente ao 50 % do orzamento que figure na resolución de cualificación definitiva, sen que en ningún caso esta subvención poida superar a cantidade máxima de 6.600 euros no caso das modalidades de remate de fachada e rehabilitación, e a cantidade máxima de 8.600 euros na modalidade de reconstrución de edificios e vivendas.

2. En todo caso, o importe da subvención non poderá superar o importe do gasto sub-vencionable, de acordo co establecido como gasto subvencionable no artigo 3.g) do De-creto 44/2011, do 10 de marzo.

3. No suposto de actuacións promovidas polas comunidades de propietarios, a subven-ción máxima prevista no número anterior calcularase para cada vivenda en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras, sempre que se cumpran os demais requisitos previstos neste decreto. No suposto de que simultaneamente coas obras de elementos comúns se realicen actuacións protexibles nas vivendas do edificio, a subvención total que lle correspondería a cada vivenda non poderá exceder as contías establecidas no número anterior.

Base 5ª. Xustificación do gasto subvencionable

1. Para a xustificación do gasto subvencionable observarase o disposto no artigo 31 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo.

2. A obtención da cualificación definitiva substitúe a documentación que regula o ar-tigo 48.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para a conta xustificativa.

3. A persoa beneficiaria deberá achegar a seguinte documentación establecida para a memoria económica no artigo 48.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se apro-ba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Relación clasificada de gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e, se é o caso, a data de paga-mento. No caso de que a subvención se outorgue segundo un orzamento, indicaranse as desviacións producidas.

CV

E-D

OG

: xsi

26sp

8-jtl

4-a6

s4-i6

q2-lf

v0m

ynnu

hw6

DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 19998

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

b) As facturas, ou documento de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mer-cantil ou con eficacia administrativa, incorporadas na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior e a documentación acreditativa do pagamento.

c) Os documentos acreditativos dos gastos realizados con medios ou recursos propios e a indicación, se é o caso, dos criterios de repartición dos custos xerais e/ou indirectos incorporados na relación a que se fai referencia na alínea a).

d) Relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e procedencia.

4. De acordo co establecido nos artigos 3.g) e 31 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo, o gasto subvencionable deberá estar efectivamente pagado e xustificado.

Base 6ª. Compatibilidade

De acordo co establecido no artigo 36 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo, preséntase o seguinte réxime de compatibilidades:

1. As subvencións establecidas nesta convocatoria son compatibles coas axudas esta-blecidas en materia de rehabilitación na normativa estatal e autonómica, excepto no pre-visto no punto 3 deste artigo.

2. En ningún caso o importe total das subvencións concorrentes para as mesmas actua-cións con cargo aos orzamentos do Instituto Galego da Vivenda e Solo poderá ser superior ao custo da actividade subvencionada.

3. Non poderán concederse axudas para aquelas vivendas que, ao abeiro de calquera norma autonómica reguladora de axudas para actuacións de rehabilitación, reconstrución ou renovación, ou ao abeiro da normativa estatal dos plans de vivenda, as teñan solicitado nos catro anos inmediatamente anteriores ao da presentación da solicitude de subvención, coa excepción daqueles casos en que as solicitudes rematasen o seu procedemento sen teren obtido subvención por esgotamento do crédito establecido na convocatoria.

Base 7ª. Solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a tra-vés do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Gali-

CV

E-D

OG

: xsi

26sp

8-jtl

4-a6

s4-i6

q2-lf

v0m

ynnu

hw6

DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 19999

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

cia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decre-to 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou cal-quera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por cal-quera dos medios establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das ad-ministracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando cal-quera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

2. Para acreditar a identidade da persoa solicitante deberá asinar a autorización ao Instituto Galego da Vivenda e Solo para a consulta dos datos de identidade (DNI) no Sis-tema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve. No caso de non facelo, deberá xuntar a fotocopia compulsada do DNI.

3. As persoas membros da unidade familiar deberán acreditar que se atopan ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non teñen pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Co-munidade Autónoma. Consonte o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, a solicitude de subvencións comportará a autorización para que o Instituto Ga-lego da Vivenda e Solo obteña de forma directa a acreditación do cumprimento das súas

CV

E-D

OG

: xsi

26sp

8-jtl

4-a6

s4-i6

q2-lf

v0m

ynnu

hw6

DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20000

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social, a tra-vés de certificados telemáticos. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expre-samente o consentimento, e debe presentar entón as ditas certificacións.

4. Estas solicitudes deberán ir xunto coa seguinte documentación:

a) Acreditación da xustificación do pagamento, conforme o establecido no artigo 48.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, de subvencións de Galicia, e na base 5ª desta reso-lución. Cubrirase o anexo II e xuntarase a documentación xustificativa. No caso de promo-cións por parte dunha comunidade de propietarios, a citada xustificación poderá realizarse unha única vez para toda a promoción.

b) Xunto coa solicitude presentarase unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de re-solución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (anexo III). Sen prexuízo do anterior, as persoas beneficiarias deberán comunicar ao órgano concedente, no momento en que se coñeza ou, en calquera caso, antes do pagamento, a modificación das circunstancias contidas na anterior declaración, ou calquera outra circunstancia que fundamente a conce-sión da subvención, de acordo co previsto no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

c) Declaración responsable sobre a veracidade dos datos consignados na solicitude relativos á conta bancaria en que desexe que se realice o pagamento.

d) Acreditación do uso da vivenda, de acordo co artigo 6 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo:

Para o caso de uso propio: autorización ao Instituto Galego da Vivenda e Solo para a consulta ao servizo de verificación de datos de residencia ou, no caso de non facelo, pre-sentación do certificado de empadroamento.

Para o caso de aluguer: presentación do contrato de aluguer, por un período mínimo de cinco anos, con depósito de fianza.

No suposto de persoas galegas residentes no exterior da Comunidade Autónoma habe-rá que acreditar o cumprimento do requisito mínimo de residencia, polo menos 15 días ao ano na vivenda, establecido no artigo 6.4 do Decreto 44/2011. Para o cumprimento deste

CV

E-D

OG

: xsi

26sp

8-jtl

4-a6

s4-i6

q2-lf

v0m

ynnu

hw6

DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20001

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

requisito achegarase unha declaración responsable acompañada de documentación xus-tificativa tal como copia dos consumos de auga, luz ou calquera outra documentación que poida acreditar esta circunstancia.

5. Para o caso de solicitudes de subvención correspondentes a actuacións en ámbito rural que contan con cédula de rehabilitación de calidade, de acordo co establecido na base 3ª.2 desta resolución, deberán acreditar o cumprimento do límite de ingresos fa-miliares establecidos no artigo 13.1 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo, presentando a seguinte documentación:

– Declaración responsable da composición da unidade familiar e autorización ao Insti-tuto Galego da Vivenda e Solo para solicitar por vía telemática as acreditacións relativas a ingresos e débedas (anexo IV). En caso de non autorizar, presentarase as fotocopias compulsadas da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente ao exercicio inmediatamente anterior á data de solicitude e certificado das rendas expedido nos termos do Real decreto 3/2004, do 5 de marzo, pola Axencia Estatal Tributaria, corres-pondentes ao conxunto dos membros da unidade familiar.

– No caso de non estar obrigado a presentar a declaración do IRPF:

Se ten presentado o modelo de solicitude de devolución 104-105, copia da notificación-li-quidación emitida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria. Para os que non presen-tasen o citado modelo de devolución, declaración responsable de todos os ingresos obtidos, xuntando, ademais, os seguintes documentos: declaración das circunstancias familiares, certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas en que estivese de alta no devandito exercicio e, se é o caso, certificado de pensións, ou prestacións periódicas, certifi-cado do INEM, e certificados das entidades bancarias de rendementos do capital mobiliario.

– No suposto de persoas galegas residentes no exterior da Comunidade Autónoma, a xustificación dos ingresos familiares efectuarase mediante copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas presentada en España ou da similar presentada no país onde presten os seus servizos, autenticada, se é o caso, pola agregadoría laboral corres-pondente ou delegación consular de España.

6. Para o caso de solicitudes de subvención correspondente a actuacións con destino a aluguer deberán acreditar o cumprimento do límite de ingresos familiares establecidos no artigo 13.2 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo, de maneira similar ao punto anterior. Neste caso cubrirase o anexo V.

CV

E-D

OG

: xsi

26sp

8-jtl

4-a6

s4-i6

q2-lf

v0m

ynnu

hw6

DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20002

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Base 8ª. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Base 9ª. Órganos competentes para a instrución e resolución do procedemento

De acordo co establecido no artigo 28 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo, a instrución do procedemento corresponde á xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que corresponda por razón da situación da vivenda, e é compe-tente para resolver o director xeral do IGVS.

Base 10ª. Resolución

1. A resolución do director xeral do IGVS é susceptible de recurso de alzada ante o con-selleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación.

2. O prazo para resolver fíxase en cinco meses, contados desde a data en que a solicitu-de tivese entrada no rexistro do órgano competente para resolver. Vencido o prazo máximo establecido sen que se ditase e notificase a resolución, os interesados poderán entender desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo, de acordo co establecido no artigo 29 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo.

Base 11ª. Causas de denegación

1. Será motivo de denegación da subvención non cumprir algún dos requisitos exixidos na normativa que rexe estas subvencións.

2. Así mesmo, serán obxecto de denegación as solicitudes presentadas que queden sen cobertura orzamentaria. O criterio que, de ser o caso, se utilizará para os efectos de deter-minar respecto a que expedientes se esgota o crédito será a orde de entrada da solicitude completa no rexistro provincial do IGVS. No caso de persistir o empate, atenderanse as solicitudes prioritariamente segundo a data de maior antigüidade da resolución de cualifi-cación definitiva ou da cédula de rehabilitación de calidade.

3. As persoas solicitantes de subvencións, ao abeiro desta resolución, ás que lles fosen denegadas as súas solicitudes por falta de recursos dispoñibles poderán presentalas de novo na seguinte convocatoria.

CV

E-D

OG

: xsi

26sp

8-jtl

4-a6

s4-i6

q2-lf

v0m

ynnu

hw6

DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20003

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Base 12ª. Pagamento da subvención

O pagamento das subvencións ás persoas beneficiarias realizarase, unha vez

concedida a subvención, mediante transferencia bancaria á conta que sinalen para o

efecto.

Base 13ª. Notificación da resolución

A resolución notificarase no enderezo da persoa asinante da solicitude, a non ser que

esta tivese sinalado outro enderezo para a notificación, segundo o establecido no artigo 59

da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común.

Base 14ª. Publicidade das subvencións concedidas

1. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do

27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións

da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención, consentirá expresamente a inclu-

sión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas no

devandito rexistro e as posibles sancións impostas.

2. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de

boas prácticas na Administración pública galega, e o artigo 15 da Lei 9/2007, de subven-

cións de Galicia, o Instituto Galego da Vivenda e Solo publicará no Diario Oficial de Galicia

e na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das subvencións conce-

didas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento

necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación.

3. Os datos de carácter persoal relacionados coa solicitude de subvencións integraran-

se nun programa informático de carácter permanente á disposición do Instituto Galego da

Vivenda e Solo, para os únicos efectos de tramitación da solicitude, extracción de informes

estatísticos e o cumprimento das obrigas recollidas no presente artigo. A negativa a consig-

nar calquera dos datos solicitados no impreso oficial suporá a imposibilidade de continuar

coa tramitación da solicitude.

CV

E-D

OG

: xsi

26sp

8-jtl

4-a6

s4-i6

q2-lf

v0m

ynnu

hw6

DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20004

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Base 15ª. Importe máximo e dotación orzamentaria

1. Subvencións para actuacións no medio rural:

Para os efectos do determinado no artigo 27 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo, o importe máximo será de 1.800.000 euros e instrumentaranse financeiramente a través do crédito que figura consignado na aplicación 07.81.451A.780.0 do orzamento de gastos do Instituto Galego de Vivenda e Solo para o ano 2013.

2. Subvencións en conxuntos históricos e camiños de Santiago.

Familias e institucións sen fin de lucro.

O importe máximo será de 1.400.000 euros, na aplicación 07.81.451A.780.2 do orza-mento de gastos do Instituto Galego de Vivenda e Solo para o ano 2013.

Base 16ª. Ampliación

As contías establecidas na base 15ª da presente resolución poderán ser obxecto de ampliación por resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e terán efecto logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 30 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o regulamento de subvencións de Galicia.

Esta resolución producirá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2013

Agustín Hernández Fernández de Rojas Presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo

CV

E-D

OG

: xsi

26sp

8-jtl

4-a6

s4-i6

q2-lf

v0m

ynnu

hw6

DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20005

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

PROCEDEMENTO

SUBVENCIÓNS A FONDO PERDIDO PARA O REMATE DE FACHADAS E CUBERTAS, REHABILITACIÓN E RECONSTRUCIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO RURAL, HISTÓRICO E DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

VI408E SOLICITUDE

DOCUMENTO

ANEXO I

DATOS DA PERSOA SOLICITANTEPROMOTORA DA ACTUACIÓN NIF

DOMICILIO LOCALIDADE

CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO

TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICOTELÉFONO MÓBIL

E, NA SÚA REPRESENTACIÓNNOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

ENDEREZO PARA EFECTOS DE NOTIFICACIÓN (non necesario se coincide co anterior)ENDEREZO LOCALIDADE

CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO

TELÉFONO FAX CORREO ELECTRÓNICO

DATOS DAS ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLESDATA DE RESOLUCIÓN DE CUALIFICACIÓN DEFINITIVA OU DA CÉDULA DE REHABILITACIÓN

GASTO SUBVENCIONABLE: EFECTIVAMENTE PAGADO E XUSTIFICADO

DATOS DA VIVENDA OU LOCAL OBXECTO DA ACTUACIÓNENDEREZO LOCALIDADE

CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO

DATOS DA CONTA BANCARIA NOME DA ENTIDADE CÓDIGO CONTA CORRENTE

Coa sinatura desta solicitude declaro a veracidade dos datos relativos á miña conta bancaria en que se desexo que se realice o pagamento.

Remate de fachadas

Rehabilitación de edificios e vivendas

Reconstrución de edificios e vivendas

Rural

Histórico

Camiños de Santiago

Uso propio

Aluguer

Solicita: A concesión dos beneficios previstos para as actuacións en: Ámbito da vivenda Destino da vivenda

De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas ao abeiro desta orde. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que como consecuencia delas pudieren impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.

CV

E-D

OG

: xsi

26sp

8-jtl

4-a6

s4-i6

q2-lf

v0m

ynnu

hw6

DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20006

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

LEXISLACIÓN APLICABLE

- Decreto 44/2011, do 10 de marzo polo que se regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.

- Resolúción do 8 de maio de 2013, da Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se convocan as subvencións a fondo perdido para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

Área provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos personais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido a este centro directivo como responsable do ficheiro.

Autorizo o Instituto Galego de Vivenda e Solo de conformidade co artículo 6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, para a obtención do certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria de estar ao día nas obrigas tributarias.

SI NON

Autorizo o Instituto Galego de Vivenda e Solo de conformidade co artigo 4 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro a a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a obtención do certificado da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia de estar ao día nas obrigas tributarias.

SI NON

Autorizo o Instituto Galego de Vivenda e Solo de conformidade co artigo 6 da Lei 11/2007, do 22 de junio, para a obtención do certificado da Tesouraría Xeral da Seguridade Social de estar ao día nas obrigas fronte á Seguridade Social.

SI NON

Autorizo o Instituto Galego de Vivenda e Solo de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos meus datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

SI NON (neste caso debe xuntarse copia do NIF ou NIE)

Autorizo o Instituto Galego de Vivenda e Solo de conformidade co artigo 3 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos meus datos de residencia no Sistema de verificación de datos de residencia do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

SI NON

CV

E-D

OG

: xsi

26sp

8-jtl

4-a6

s4-i6

q2-lf

v0m

ynnu

hw6

DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20007

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA

a) No suposto de non asinar a autorización ao IGVS para obter os datos de identidade no sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas: copia cotexada do NIF.

b) Acreditación e xustificación do pagamento do gasto subvencionable, conforme o establecido no artigo 5 da resolución de convocatoria, empregando o modelo do anexo II. No caso de promocións por parte da comunidade de propietarios, a citada xustificación poderá realizarse unha única vez para toda a promoción.

c) Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas ou concedidas, para as actuacións obxecto da presente solicitude, das administracións públicas e doutros entes públicos. Anexo III

d) Acreditación do uso da vivenda, de acordo ao artigo 6 do Decreto 44/2011:

- Para o caso de uso propio: autorización ao IGVS para a consulta de verificación de residencia ou certificado de empadroamento.

- Para o caso de aluguer: presentación do contrato de aluguer con depósito de fianza.

- No suposto de persoas galegas residentes no exterior da Comunidade Autónoma haberá que acreditar o cumprimento do requisito de residencia mínima na vivenda de 15 días ao ano, establecido no artigo 6.4 do Decreto 44/2011.

e) Para o caso de solicitude de subvención correspondente a actuacións que contan con cédula de rehabilitación de calidade:

- Declaración responsable da composición da unidade familiar e autorización ao Instituto Galego da Vivenda e Solo para solicitar por vía telemática as acreditacións relativas a ingresos e débedas segundo o anexo IV, ou fotocopia compulsada da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, correspondente ao exercicio inmediatamente anterior á data de solicitude, e certificado das rendas expedido nos termos do Real decreto 3/2004, do 5 de marzo, pola Axencia Estatal Tributaria, correspondentes ao conxunto dos membros da unidade familiar.

- No caso de non estar obrigado a presentar a declaración de IRPF:

Se ten presentado o modelo de solicitude de devolución 104-105, copia da notificación-liquidación emitida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria. Para os que non presentasen o citado modelo de devolución, declaración responsable de todos os ingresos obtidos, xuntando, ademais, os seguintes documentos: declaración das circunstancias familiares, certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas en que estivese de alta no devandito exercicio e, se é o caso, certificado de pensións ou prestacións periódicas, certificado do Inem e certificados das entidades bancarias de rendementos do capital mobiliario.

- No suposto das persoas galegas residentes no exterior, a xustificación dos ingresos familiares efectuarase mediante copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas presentada en España, ou da similar presentada no país onde presten os seus servizos, autenticada, se é o caso, pola agregadoría laboral correspondente ou delegación consular de España.

h) Para o caso de solicitude de subvención correspondente a actuacións con destino a aluguer deberán acreditar o cumprimento do límite de ingresos familiares establecidos no artigo 13.2º do decreto 44/2011, de maneira similar á alínea anterior. neste caso cubrirase o

CV

E-D

OG

: xsi

26sp

8-jtl

4-a6

s4-i6

q2-lf

v0m

ynnu

hw6

DO

G N

úm. 104

Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20008

ISSN1130-9229

Depósito legal C

.494-1998http://w

ww.xunta.es/diario-oficial-galicia

RELACIÓN DE FACTURAS E DOCUMENTOS XUSTIFICATIVOS DO GASTO E/OU INVESTIMENTO REALIZADO E DA AXUDA SOLICITADA

ANEXO II

SOLICITANTE OU REPRESENTANTE NIF

PERSOA PROMOTORA DA ACTUACIÓN NIF

Expediente:

De acordo co establecido no artigo 5 da resolucion de convocatoria e no artigo 31 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo, deberá presentar: a) Relación clasificada de gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e, se é o caso, data de pagamento. No caso de que a subvención se outorgue segundo un orzamento,

indicaranse as desviacións producidas. b) As facturas, ou documento de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, incorporadas na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior e a documentación acreditativa do pagamento. c) Os documentos acreditativos dos gastos realizados con medios ou recursos propios e a indicación, se é o caso dos criterios de repartición dos custos xerais e/ou indirectos incorporados na relación a que se fai referencia na alínea a). d) Xustificación, excepcional, do pagamento mediante recibo do provedor para gastos de escasa contía por importes inferiores a 1.000 €.

Nº orde da factura ou documento equivalente

Data factura ou documento equivalente

Data do documento bancario de pagamento

Concepto Expedidor / Provedor / Contratista / etc. Importe total da factura ou xustificante

Importe que corresponde a actuacións

subvencionadas

TOTAL QUE SE XUSTIFICA .........

Orzamento protexido na cualificación definitiva ........

Gasto subvencionable (artigo 3.g) do Decreto 44/2011, do 10 de marzo) ........

Nota: Considerarase documento bancario de pagamento os extractos con certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados polo beneficiario da axuda. Achégase a presente relación de facturas enumeradas e os seus correspondentes documentos bancarios de pagamento, de acordo co número de orde asignado. Se non se dispón de espazo neste impreso, utilícese unha relación adicional en folla á parte.

Asdo.:

Lugar e data

, de de

CVE-DOG: xsi26sp8-jtl4-a6s4-i6q2-lfv0mynnuhw6

DOG Núm. 104 Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20009

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

DECLARACIÓN DE AXUDAS

ANEXO III

DATOS DA PERSOA SOLICITANTEPROMOTORA DA ACTUACIÓN NIF

DOMICILIO LOCALIDADE

CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO

TELÉFONO INGRESOS FAMILIARES (NO CASO DE CÉDULA DE REHABILITACIÓN NO ÁMBITO RURAL)

TELÉFONO MÓBIL NÚMERO DE MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR

E, NA SÚA REPRESENTACIÓNNOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE

Que solicitei ou me foron concedidas, para o mesmo fin, a axuda ou axudas que se sinalan a seguir:

Non ter solicitado nin obtido ningunha subvención ou axuda para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

ORGANISMO DISPOSICIÓN REGULADORA

DATA DE SOLICITUDE DATA DE CONCESIÓN IMPORTE €

Non ter obtido ningunha outra axuda nos catro exercicios anteriores ao abeiro de calquera norma autonómica reguladora de axudas para actuacións de rehabilitación ou renovación, ou ao abeiro da normativa estatal dos plans de vivenda.

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

CV

E-D

OG

: xsi

26sp

8-jtl

4-a6

s4-i6

q2-lf

v0m

ynnu

hw6

DO

G N

úm. 104

Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20010

ISSN1130-9229

Depósito legal C

.494-1998http://w

ww.xunta.es/diario-oficial-galicia

Declaro/declaramos que son certos os datos da presente declaración e que a unidade familiar está composta polos membros que se reflicten neste escrito. En aplicación do artigo 95.1.k) da Lei 58/2003, xeral tributaria, e exclusivamente para os efectos de recoñecemento, seguimento e control da subvención que se solicita no impreso ao cal se xunta este documento, os asinantes autorizamos o Instituto Galego da Vivenda e Solo para a obtención telemática das acreditacións relativas aos datos persoais de ingresos e débedas necesarios en función da normativa reguladora das axudas e subvencións. Así como, sendo o Instituto Galego da Vivenda e Solo tramitador do expediente de solicitude de axudas, poderá solicitar á vista desta declaración calquera outra documentación que considere necesaria para a acreditación dos datos achegados e que resulte necesaria para a resolución do expediente.

DECLARACIÓN RESPONSABLE DA COMPOSICIÓN DA UNIDADE FAMILIAR PARA EFECTOS DA SOLICITUDE DAS AXUDAS DE VIVENDA E AUTORIZACIÓN PARA SOLICITAR POR VÍA TELEMÁTICA AS ACREDITACIÓNS RELATIVAS A INGRESOS E DÉBEDAS.*

ANEXO IV

SOLITANTE OU PARENTESCO (1)

APELIDOS E NOME NIF (2)

AUTORIZO CONSULTA DE DATOS DE

IDENTIDADE (SI/NON)

DATA DE NACEMENTO

ESTADO CIVIL (3)

PERSOA CON DISCAPACIDADE (4)

INGRESOS DECLARADOS NO ESTRANXEIRO

(SI/NON) (5)

SINATURA DO QUE AUTORIZA (6)

* A unidade familiar tal e como resulta definida polas normas reguladoras do IRPF está composta por: a) cónxuxes non separados legalmente e os fillos menores de idade ou maiores incapacitados xudicialmente ou coa patria potestade prorrogada. b) Pai ou nai solteiro/a, viúvo/a, divorciado/a ou separado/a legalmente e os fillos menores que con el ou ela convivan, así como os fillos maiores incapacitados ou coa patria potestade prorrogada. As referencias á unidade familiar para os efectos de ingresos fanse extensivas ás persoas que non estean integradas nunha unidade familiar, así como ás parellas de feito recoñecidas legalmente segundo a normativa establecida ao respecto.

(1) Son solicitantes os compradores no caso de adquisición, os promotores no caso de promoción para uso propio e no caso de rehabilitación os propietarios ou inquilinos da vivenda promotores dela. EXEMPLO PARA CUBRIR O IMPRESO: solicitante, cónxuxe e fillo.

(2) Os compoñentes da unidade familiar maiores de 18 anos, ou dos menores no caso de que perciban ingresos propios, poderán autorizar expresamente o IGVS, de conformidade co artigo 2 do Decreto 225/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que a desenvolve, para a consulta dos datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio da Presidencia. En caso de non autorizar, deberán presentar a fotocopia do DNI.

(3) S (solteiro/a), C (casado(a), V (viúvo/a), D (divorciado/a), S.L. (separado/a legalmente). PF (parella de feito legalmento recoñecida). (4) Enténdense por persoas con discapacidade as comprendidas no artigo 1.2 da Ley 51/2003 e deberá acreditarse esta circunstancia mediante o correspondente certificado. (5) Neste caso teranse que acreditar os ingresos autenticados pola agregadoría laboral correspondente ou delegación consular de España. (6) A sinatura implica que se autoriza o Intituto Galego da Vivenda e Solo para a obtención telemática das acreditacións relativas aos datos persoais de ingresos e débedas necesarios en función da normativa reguladora das axudas e

subvencións, e para os únicos efectos de recoñecemento, seguimento e control da subvención ou axuda en materia de vivenda que se solicita. A autorización poderá ser revogada en calquera momento mediante escrito dirixido ao Instituto Galego da Vivenda e Solo. Para os menores considerarase autorización no caso de que asinen os seus representantes legais. Os membros da unidade familiar maiores de 18 anos ou solicitantes que non asinen esta autorización deberán achegar directamente os certificados requiridos no impreso de solicitude das axudas.

Asdo.:

Lugar e data

, de de

CVE-DOG: xsi26sp8-jtl4-a6s4-i6q2-lfv0mynnuhw6

DO

G N

úm. 104

Luns, 3 de xuño de 2013 Páx. 20011

ISSN1130-9229

Depósito legal C

.494-1998http://w

ww.xunta.es/diario-oficial-galicia

Declaro/declaramos que son certos os datos da presente declaración e que a unidade familiar está composta polos membros que se reflicten neste escrito. En aplicación do artigo 95.1.k) da Lei 58/2003, xeral tributaria, e exclusivamente para os efectos de recoñecemento, seguimento e control da subvención que se solicita no impreso ao cal se xunta este documento, os asinantes autorizamos, o Instituto Galego da Vivenda e Solo para a obtención telemática das acreditacións relativas aos datos persoais de ingresos e débedas necesarios en función da normativa reguladora das axudas e subvencións. Así como, sendo o Instituto Galego da Vivenda e Solo tramitador do expediente de solicitude de axudas, poderá solicitar á vista desta declaración calquera outra documentación que considere necesaria para a acreditación dos datos achegados e que resulte necesaria para a resolución do expediente.

DECLARACIÓN RESPONSABLE DA COMPOSICIÓN DA UNIDADE FAMILIAR DA PERSOA INQUILINA PARA OS EFECTOS DA SOLICITUDE DAS AXUDAS DE VIVENDA E AUTORIZACIÓN PARA SOLICITAR POR VÍA TELEMÁTICA AS ACREDITACIÓNS RELATIVAS A INGRESOS E DÉBEDAS.*

ANEXO V

SOLITANTE OU PARENTESCO (1)

APELIDOS E NOME NIF (2)

AUTORIZO CONSULTA DE DATOS DE

IDENTIDADE (SI/NON)

DATA DE NACEMENTO

ESTADO CIVIL (3)

PERSOA CON DISCAPACIDADE (4)

INGRESOS DECLARADOS NO ESTRANXEIRO

(SI/NON) (5)

SINATURA DO QUE AUTORIZA (6)

* A unidade familiar tal e como resulta definida polas normas reguladoras do IRPF está composta por: a) cónxuxes non separados legalmente e os fillos menores de idade ou maiores incapacitados xudicialmente ou coa patria potestade prorrogada. b) Pai ou nai solteiro/a, viúvo/a, divorciado/a ou separado/a legalmente e os fillos menores que con el ou ela convivan, así como os fillos maiores incapacitados ou coa patria potestade prorrogada. As referencias á unidade familiar para os efectos de ingresos fanse extensivas ás persoas que non estean integradas nunha unidade familiar, así como ás parellas de feito recoñecidas legalmente segundo a normativa establecida ao respecto.

(1) Son solicitantes os compradores no caso de adquisición, os promotores no caso de promoción para uso propio e no caso de rehabilitación os propietarios ou inquilinos da vivenda promotores dela. EXEMPLO PARA CUBRIR O IMPRESO: solicitante, cónxuxe e fillo.

(2) Os compoñentes da unidade familiar maiores de 18 anos, ou dos menores no caso de que perciban ingresos propios, poderán autorizar expresamente o IGVS, de conformidade co artigo 2 do Decreto 225/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de 7 de xullo de 2009, que a desenvolve, para a consulta dos datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio da Presidencia. En caso de non autorizar, deberán presentar a fotocopia do DNI.

(3) S (solteiro/a), C (casado(a), V (viúvo/a), D (divorciado/a), S.L. (separado/a legalmente). PF (parella de feito legalmento recoñecida)

(4) Enténdense por persoas con discapacidade as comprendidas no artigo 1.2 da Ley 51/2003 e deberá acreditarse esta circunstancia mediante o correspondente certificado.

(5) Neste caso teranse que acreditar os ingresos autenticados pola agregadoría laboral correspondente ou delegación consular de España.

(6) A sinatura implica que se autoriza o Intituto Galego da Vivenda e Solo para a obtención telemática das acreditacións relativas aos datos persoais de ingresos e débedas necesarios en función da normativa reguladora das axudas e subvencións, e para os únicos efectos de recoñecemento, seguimento e control da subvención ou axuda en materia de vivenda que se solicita.

A autorización poderá ser revogada en calquera momento mediante escrito dirixido á Instituto Galego da Vivenda e Solo. Para os menores considerarase autorización no caso de que asinen os seus representantes legais.

Os membros da unidade familiar maiores de 18 anos ou solicitantes que non asinen esta autorización deberán achegar directamente os certificados requiridos no impreso de solicitude das axudas.

Asdo.:

Lugar e data

, de de

Datos da persoa arrendadora, solicitante da subvención:

CVE-DOG: xsi26sp8-jtl4-a6s4-i6q2-lfv0mynnuhw6