24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 7 - Xullo de 2014 O récord de entregas de leite en Galicia en maio, o úlmo mes do que se te- ñen datos, fai que as granxas da comarca teman que esta campaña, a derradeira baixo o sistema de cotas, remate en multa por exceso de pro- dución. É a coñecida como supertaxa, tras anos sen ter que aplicarse. Os sindicatos agrarios piden plans de fu- turo por parte da administra- ción, nun contexto de nova baixada abrupta dos prezos desde xaneiro. As granxas da comarca temen que volva a supertaxa láctea Páx. 10 Pilar de Lara pide o contrato municipal da auga OROSO Páx. 5 O Concello rebaixa a débeda ata 581 euros por habitante ORDES Páx. 9 Páx. 3 En vía morta Inauguran a depuradora da Ponte Carreira FRADES Páx. 8 Rebaixas de verán con “optimismo moderado” ECONOMíA Páx. 11 As prospeccións de Erimsa chegan á scalía ambiental OROSO Páx. 2 O Jogafán Ordes, subcampión galego de fútbol sala DEPORTES Páx. 17 Ramón Vilar, de Cerceda, publica o seu primeiro libro ENTREVISTA Páx. 12 Fomento ultima un plan de Cercanías, que a comarca recibiría coas antigas vías levantadas delrío Arquitectura Ingeniería Diseño PROYECTOS REFORMAS DIRECCIONES DE OBRA COORDINACIONES DE SEGURIDAD Y SALUD Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - [email protected] TÉCNICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO CERTIFICACIONES ENERGÉTICAS PERITACIONES Y TASACIONES ESTUDIOS Y PLANES DE SEGURIDAD DISEÑO INTERIOR

Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Número 7 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

Citation preview

Page 1: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 7 - Xullo de 2014

O récord de entregas de leite en Galicia en maio, o últi mo mes do que se te-ñen datos, fai que as granxas

da comarca teman que esta campaña, a derradeira baixo o sistema de cotas, remate en multa por exceso de pro-

dución. É a coñecida como supertaxa, tras anos sen ter que aplicarse. Os sindicatos agrarios piden plans de fu-

turo por parte da administra-ción, nun contexto de nova baixada abrupta dos prezos desde xaneiro.

As granxas da comarca temen que volva a supertaxa láctea

Páx. 10

Pilar de Lara pide o contrato municipal da auga

OROSO

Páx. 5

O Concello rebaixa a débeda ata 581 euros por habitante

ORdeS

Páx. 9

Páx. 3

en vía morta

inauguran a depuradora da Ponte carreira

FRAdeS

Páx. 8

Rebaixas de verán con “optimismo moderado”

ecONOMíA

Páx. 11

As prospeccións de erimsa chegan á fi scalía ambiental

OROSO

Páx. 2

O Jogafán Ordes, subcampión galego de fútbol sala

dePORteS

Páx. 17

Ramón Vilar, de cerceda, publica o seu primeiro libro

eNtReViStA

Páx. 12

Fomento ultima un plan de cercanías, que a comarca recibiría coas antigas vías levantadas

delríoArquitectura Ingeniería Diseño

PROYECTOSREFORMASDIRECCIONES DE ObRACOORDINACIONES DE SEgURIDAD Y SALUD

Avda. Alfonso Senra, nº 178. bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - [email protected]

TéCNICA y DISEñO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO

CERTIFICACIONES ENERgéTICASPERITACIONES Y TASACIONESESTUDIOS Y PLANES DE SEgURIDADDISEñO INTERIOR

Page 2: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

2

ActuAlidAde

crónicas - Xullo 2014

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

A concentración de Senra, Cardama e Vilarromarís reduce as parcelas á sétima parte

A concentración parcelaria da zona de Senra-Cardama-Vilarro-marís II, en Oroso, xa ten en expo-sición o acordo que determina as fincas de reemprazo, cos novos ti-tulares, a superficie resultante da reorganización e a nova clasifica-ción da terra. É un paso funda-mental para concluír unha parce-laria iniciada hai uns vinte anos.

Das 10.798 parcelas nas que se distribuía a superficie beneficiada por este proceso, agora vaise pa-sar a 1.505, pertencentes a 813 propietarios. Esto supón un nú-mero de fincas unhas sete veces inferior. As explotacións agrope-cuarias e forestais da zona pasan así a ter predios de maior tamaño, o que lles permitirá gañar en ren-dibilidade, dado que algunhas das parcelas previas practicamente non eran laborables coa maqui-naria actual, polo seu escaso ta-maño.

A Consellería do Medio Rural e do Mar informou de que esta con-centración leva consumido xa 4,3 millóns de euros públicos, dos que 3,7 corresponderon sobre todo á execución da rede de camiños e os 0,6 millóns de euros restantes a servizos técnicos como a elabora-ción do proxecto de concentración ou a redacción do acordo.

Os interesados poden consul-tar a documentación do acordo no Concello, para resolver dúbidas e presentar recurso de alzada se o estiman pertinente.

OROSO

A Fiscalía de Medio Ambiente xa ten sobre a súa mesa unha denun-cia contra a empresa mineira Erimsa polas prospeccións que acometeu o ano pasado en Oroso. A denuncia in-terpúxoa a coordinadora da loita con-tra a minaría salvaxe do Sindicato La-brego Galego (SLG), Margarida Prieto Ledo, quen ademais se reuniu co fis-cal delegado de Medio Ambiente en Galicia, Álvaro García Ortiz, para ex-plicarlle a súa versión dos feitos.

O SLG xa denunciara en maio de 2013 ante o Concello de Oroso, a se-cretaría xeral de Ordenación do Terri-torio e Urbanismo da Xunta e a Con-sellería de Economía e Industria, ante a que considera “unha posible pros-pección ilegal de terras da que se fixo publicamente responsable Erimsa en varios medios de comunicación”.

Sen embargo, non houbo novida-des sobre o caso no último ano, polo que a organización sindical non du-bida en falar de “inoperancia” das administracións municipal e autonó-mica, que xustifica a presentación da denuncia ante a fiscalía.

O escrito presentado polo SLG demanda que a fiscalía lle requira á Consellería de Medio Ambiente, á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e ao Concello de Oroso toda a documentación da que dis-poñan sobre o asunto. E tamén que inste á empresa mineira “a demos-trar que as obras extractivas realiza-das se fixeron baixo o oportuno am-paro de licenza, urbanística e secto-rial mineira”.

Segundo expón o SLG, a toma

de mostras de cuarzo por parte de Erimsa preto de Porto Avieira puido terse feito sen a resolución adminis-trativa pertinente, aínda que a em-presa solicitara xa o permiso de in-vestigación. Antonio Leira, como al-calde de Oroso en funcións naquel momento, negara que a empresa re-cibise licenza municipal para tal fin, e admitiu que lle concederan unica-mente unha licenza de movemento de terras á dona da finca. Conclúe o SLG que Erimsa carecía dos permisos necesarios e “podería ter incorrido nunha actividade ilegal” que aínda non tería prescrito como delito.

O sindicato lembra que moitas das terras que a compañía estuda ex-plotar na comarca foron concentra-das e teñen claro uso agropecuario.

As prospeccións mineiras chegan á fiscalía ambiental

OROSO O SLG pide que se investigue a súa legalidade

Margarida Prieto, coa denuncia

O pleno oponse á ampliación do vertedoiro da Areosa, que o PP desmente

O pleno de Ordes acordou instar á Xunta a que desista do proxecto de ampliación do verte-doiro de lixo da Areosa, en Cer-ceda e con afección a territo-rio ordense. A iniciativa partiu do concelleiro socialista, Xesús Pe-dreira, e recibiu o apoio do go-berno local (UXO) e de CIDEGA. O BNG abstívose ao non poder in-cluír no acordo final a petición de que a Xunta busque un modelo alternativo ao actual para o tra-tamento de residuos. E o PP des-mentiu taxativamente que nestes momentos estea en marcha un proxecto de ampliación do verte-doiro.

Pedreira replica que “o PP non quere ver a realidade e prefire crear unha realidade alternativa”. Anuncia que se prosegue a tenta-tiva de ampliar o vertedoiro non descartan trasladar a súa protesta ante a Unión Europea “porque xa está ben de pasear o lixo por toda Galicia para vir enterralo aquí”, afirma, á vez que advirte dos “gra-ves riscos para os veciños e veci-ñas das parroquias próximas, con cheiros ou lixiviados” que condi-cionarían a súa saúde e benestar, e do deterioro que se ocasiona polo transporte nas vías locais.

Con respecto á emenda pre-sentada polos nacionalistas, o so-cialista dixo ser máis partidario “dun modelo de plantas comar-cais”, polo que evitou atender a suxerencia do Bloque.

ORDES

Pereiro pide o apoio da Xunta para activar o punto infantil

TORDOIA A delegada provincial do goberno autonómico comprométese a concretar unha colaboración

A Xunta e o Concello de Tordoia van estudar como colaborar para po-der abrir o Punto de Atención á In-fancia (PAI). O principal impedimento para poñer en funcionamento o novo servizo é que o edificio carece de mo-biliario, polo que o Concello pediulle apoio á administración autonómica.

A petición produciuse nunha re-

unión entre o alcalde, Antonio Pe-reiro, e a delegada provincial da Xunta, Belén do Campo.

O PAI de Tordoia conta con vinte prazas para nenos e nenas menores de tres anos. A infraestrutura custou 180.000 euros, que financiou nun 93% a Axencia Galega de Desenvol-vemento Rural (Agader) . A delegada provincial da Xunta e o alcalde de Tordoia, nunha reunión

Page 3: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

ActuAlidAde

crónicas - Xullo 2014 3

O Ministerio de Fomento anun-ciou a creación dun plan de servizos ferroviarios de proximidade en deter-minadas áreas metropolitanas de Ga-licia. Polo de agora, a idea non pasa dun estudo, que se está ulti mando e do que non se desvelou case nada. O goberno central explicou unicamente que efectuaron unha campaña de enquisas para calcular que demanda podería existi r “a través dun modelo de transporte integral”.

A propia ministra de Fomento, Ana Pastor, confi rmou que xa con-tan cunha primeira proposta de iti ne-rarios para implantar ese servizo de cercanías, unha vella demanda e ta-mén unha vella promesa.

De momento, non se informou deses posibles iti nerarios, dado que aínda non hai decisións defi niti vas. Por tanto, ignórase se algún deses servizos podería benefi ciar a co-marca de Ordes. Pero está claro que sería nada probable que o servizo se

prestase a través da anti ga liña ferro-viaria, desmantelada hai anos coa en-trada en servizo do tramo do Eixo At-lánti co, que ofrece moi poucas para-das ao día en Ordes e en Cerceda.

Mentres que noutras zonas de Galicia, como o treito entre Santi ago e Pontecesures, as vellas vías aínda están en servizo e poderían aprovei-tarse para o servizo de cercanías, nos municipios de Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda a única opción sería pres-talo a través da vía actual. A ninguén lle pasa pola cabeza, e incluso é tecni-camente imposible, dotar de novo de raís o vello trazado.

Á marxe de se observa demanda sufi ciente ou non para traer o servizo de cercanías á comarca, Fomento te-ría que avaliar se o pode compaxi-nar cos servizos de media e longa dis-tancia e de mercadorías que circulan pola infraestrutura actual. A priori parece facti ble, pero o inconvinte é que as estacións que quedaron no

eixo atlánti co -unicamente en Ordes e en Cerceda- están a demasiada dis-tancia dos principais núcleos de po-boación e quizais precisarían un ser-vizo adicional de transporte por es-trada para achegar os pasaxeiros.

Máis cómodo para o acceso dos viaxeiros resultaba a anterior liña, con varias estacións e apeadoiros en Cerceda, en Gorgullos (Tordoia) ou na Pontraga (Ordes), construcións que ou ben foron practi camente des-manteladas ou rehabilitadas co pro-pósito de darlles outros usos.

A anti ga liña ten tamén sobre si

outro proxecto pendente, o de Vía Verde, enfocado ao turismo e con poucos visos de ser realidade a me-dio prazo.

Os servizos de cercanías cobrarían certo interese para comunicar a co-marca con Santi ago e coa Coruña. O único transporte colecti vo existente na actualidade é en autobús, tamén moi limitado nos últi mos anos. O sis-tema metropolitano só chega a Cer-ceda e a Oroso, con carencias, men-tres que Ordes agarda desde hai me-ses por que a Xunta cumpra o seu compromiso para implantalo.

A comarca recibe os novosplans de tren de cercaníascoa antiga vía retirada

COMARCA Fomento ultima un estudo de servizos ferroviarios de proximidade en determinadas zonas de Galicia

Tramo da antiga liña ferroviaria, sobre a que se proxecta unha Vía Verde, en Tordoia

ÁREAS DE PRÁCTICADereito Mercantil, Civil, SegurosDereito Administrativo, PenalDereito Laboral e SocialFamilia e SucesiónsContencioso- administrativo, arbitraxes e Xestión recuperatoria de débedas

CObERTURA INTERNACIONALOfrece total cobertura internacional cunúnico interlocutor para o noso cliente,encargándonos da xestión, seguimento easesoramento integral cos nososcolaboradores no exterior

CASTRO AVOgADOSGONZALO-HENRIQUE CASTRO PRADO

Rúa Parque Félix Rodríguez del Fuente - 54, 3 b - 15680 OrdesAvenida Rosalía de Castro 105, baixo - 15706 Santiago de CompostelaTeléfonos: 981 594 460 - 981 596 252 - 698 159 678 - Fax: 981 594 460

www.castroavogados.com [email protected]

O despacho está integrado por profesionais especializados con ampla experiencia, capaces de ofrecer un asesoramento xurídico áxil, efi caz

e personalizado en cada situación

Page 4: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

4

ActuAlidAde

crónicas - Xullo 2014

Os socialistas intentan que se implante a radioloxía dixital no centro de saúde

Os socialistas de Ordes pídenlle á Consellería de Sanidade que im-plante o servizo de radioloxía dixi-tal no centro de saúde. Para o con-celleiro do PSOE, Xesús Pedreira, tal equipamento “cambiaría total-mente a forma de xestionar, soli-citar ou visualizar as imaxes e os informes radiolóxicos que se xera-rían en Ordes”.

Ademais, segundo o PSOE, im-plantar ese servizo serviría para axudar a desconxestionar as ur-xencias do hospital de Santiago e reducir os amplos tempos de es-pera que deben soportar os doen-tes. Pedreira explica que se evi-taría ter que repetir estudos, co conseguinte aforro económico e a menor radiación para o usuario.

O edil recoñece que se trata dun servizo previsto durante o go-berno de Emilio Pérez Touriño, que finalmente non se puido poñer en marcha, como si o fixeron un fisio-terapeuta, un hixienista dental, a coordinadora de enfermería e di-versas novas tecnoloxías.

ORDES OROSO O goberno prevé que o novo colexio de Sigüeiro funcione desde setembro

A Xunta insiste en que o concello ou a ANPA asuman o comedor do novo ceiP

A Xunta non dá marcha atrás. Pese ás protestas da comunidade educativa de Sigüeiro (Oroso) para que o novo CEIP comece a funcionar cos mesmos servizos de comedor e transporte que o actual, o goberno autonómico segue sen contemplar a xestión autonómica do comedor. Ao contrario, reitera que deberían de ser o Concello ou a Asociación de Nais e Pais do Alumnado (ANPA) quen asu-man tal xestión. O goberno autonó-mico ofrece, eso si, algunha axuda económica para financiar parte do menú escolar.

A mensaxe volveuna lanzar a de-legada da Xunta na provincia, Belén do Campo, nunha reunión do porta-voz do PP de Oroso, José Manuel Ba-lado. A responsable autonómica in-dicou que “Educación aínda non re-cibiu ningunha resposta do Concello respecto da xestión do comedor”.

E non foi o único recado á admi-nistración local. Nese mesmo encon-tro, tamén se anunciou que o novo CEIP comezará a funcionar en setem-bro, xa que as obras que dependen

da Xunta están xa nos derradeiros flo-cos “quedando só pendentes aquelas que dependen do goberno munici-pal”. Entre elas, advirte a Xunta, es-tán as conexións exteriores co sanea-mento, a electricidade e o gas, ou a

alteración da rasante da vía de ac-ceso ao centro para adecuala ao pla-neamento urbanístico e aos proxec-tos técnicos. O goberno local dixo sempre que cumprirá a tempo cos seus compromisos.

Belén do Campo, delegada autonómica, e José Manuel Balado, concelleiro en Oroso

As obras menores que non supo-ñan un incremento da altura da edi-ficación existente e que non precisen instalar un guindastre para a súa exe-cución van quedar exentas de solici-tar permiso á Axencia Estatal de Se-guridade Aérea (AESA), sexa cal sexa a cualificación do chan no que se ubi-quen.

Deste xeito, reláxanse os crite-rios de aplicación dun real decreto do Ministerio de Fomento de hai uns meses para zonas de servidume ae-ronáutica, que ameazaba practica-mente con paralizar a construción en boa parte da comarca coas súas obri-gas burocráticas.

A novidade coñeceuse a raíz unha proposición non de lei e unha pre-gunta formulada no Congreso pola deputada Rosana Pérez, do BNG, cunha proposta moi semellante á presentada polo concelleiro Pablo Vidal hai uns meses, que recibiu o apoio unánime do pleno ordense.

De manterse o criterio inicial, obras como un retellado, unha subs-titución de fiestras ou arranxos de fa-chadas, tanto situadas en chan rús-

tico como en chan de núcleo rural, tiñan que solicitar permiso á AESA, estando na zona de afección do ae-roporto de Santiago de Compostela. Esto podería retrasar a obtención da licenza en ata seis meses.

O Bloque agradeceu o apoio que tivo a súa iniciativa a nivel munici-pal e tamén “as xestións” da súa re-presentante na cámara baixa. Para os nacionalistas, o avance logrado su-pón “eliminar un exceso de burocra-cia para obter este tipo de licenzas e impoñer o sentido común”.

No pleno municipal de marzo, a corporación xa se pronunciara nese sentido, nunha sesión na que a por-tavoz do goberno chegara a calificar de “aberración” a normativa apro-bada polo executivo central. Naquel momento, de maneira provisional, AESA suxeríralle ao Concello que so-licitase exencións dos núcleos rurais un a un. Entón, desde a axencia non parecían dispostos a admitir unha ex-cepción xeral e semellaban ter von-tade de aplicar de maneira estricta o real decreto. Finalmente houbo unha rectificación.

COMARCA

Madrid acepta relaxar as normas de servidume aeronáutica

Medio millón para obras viarias en Cerceda, Frades e Mesía

O pleno da Deputación da Co-ruña aprobou por unanimidade a primeira fase do Plan DTC93 (De-putación para Todos os Concellos), que ascende a uns catro millóns de euros en vinte e cinco concellos. Na comarca ordense, inclúe inves-timentos por valor de case medio millón nos municipios de Cerceda, Frades e Mesía, con proxectos que atenden preferentemente á repa-ración da rede viaria.

No caso de Cerceda, o plan provincial servirá para investir case 204.000 euros na reparación de beirarrúas na Silva, no arranxo do camiño entre Seixas e Astande (Queixas) e na reparación dunha rúa no polígono, entre outras in-tervencións.

En Frades, o investimento suma uns 132.000 euros, mentres que en Mesía supera os 146.000 euros. Nos dous casos, os Conce-llos decidiron empregar estes re-cursos na reparación de diversas pistas e camiños municipais en di-ferentes parroquias.

Os demais Concellos da co-marca (Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) deberán agardar ata a apro-bación de novas fases do Plan DTC93 para veren ratificados os proxectos que presentaron ante a entidade provincial.

Precisamente en Oroso tiveron que convocar un pleno extraordi-nario para variar un dos proxec-tos que presentaran. Se ben nun principio se pretendía intervir na rúa do Lengüelle, finalmente vai ser nas rúas Cega e do Portiño, to-das en Sigüeiro. O motivo é que ao Concello non chegou a tempo un informe de Patrimonio da Xunta.

O PP de Oroso culpou ao go-berno por “falta de previsión”, mentres que o executivo, en mans do PSOE, rexeita tal acusación, ex-plica que tiñan “a palabra de Patri-monio” de que o informe sería a favor e din que o problema estivo en que este ano a Deputación de-cidiu non admitir documentación adicional unha vez presentado o proxecto.

COMARCA

Page 5: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

ActuAlidAde

crónicas - Xullo 2014 5

OROSO Mirás di estar tranquilo e Siverio agarda que remate a “impunidade total”

A xuíza Pilar de lara pide o contrato do concello de Oroso con Aquagest

O xulgado de Lugo encargado da Operación Pokémon requeriulle ao Concello de Oroso que lle facilite a Vixilancia Aduaneira o contrato de subministración de auga e da rede de sumidoiros coa empresa Aquagest. A administración xudicial pediu o ex-pediente “orixinal e íntegro”. Nunha provindencia do 9 de xullo, o xulgado insta tamén ao Concello a informar “sobre a existencia de calquera outro contrato/convenio/obra adxudicada” a Aquagest “achegando, se é o caso, copia dos contratos e pagamentos realizados por estes”. Require ade-mais a documentación “de todos os pagamentos efectuados” pola admi-nistración municipal á empresa.

TRANQUILIDADEO alcalde de Oroso, Manuel Mi-

rás, reaccionou a estes feitos amo-sando a súa “total tranquilidade” e matizando que “a investigación aberta é sobre a empresa Aquagest, non sobre o Concello de Oroso”. O rexedor defendeu que todas as adxu-

dicacións fanse “sempre seguindo procedementos legais e transparen-tes” e anunciou a “absoluta colabo-ración co xulgado” para remitirlle a documentación canto antes.

Mirás expuxo que “os contratos establecidos con Aquagest sempre se realizaron despois do correspon-dente procedemento aberto e de li-bre concorrencia de ofertas” e bota man dunha sentencia do Tribunal Su-perior de Xustiza de Galicia desesti-mando o recurso da outra empresa aspirante a facerse co contrato, Es-pina & Delfín, para dicir que a xustiza “corroborou a correcta actuación do Concello”. O primeiro edil pediulles ademais “tranquilidade” aos veciños e advertiu de que “haberá quen trate de terxiversar todo para usar esto como arma política”.

“TRAMA”O portavoz do Partido Galeguista,

Siverio Mirás, asegura que “eu fun quen me presentei diante da xuíza e entregueille documentación do Con-

cello”, farto de que outros organis-mos como a Fiscalía ou o Tribunal Su-perior de Xustiza de Galicia non aten-desen as súas denuncias e mantive-sen unha “impunidade total” para o goberno de Oroso.

Para Siverio, a petición do con-trato con Aquagest é “unha mostra máis da trama montada aquí desde a moción de censura, con clientelismo e contratacións a dedo”. Cre que no goberno, con maioría absoluta do PSOE, “están desesperados e váise-lles da man o control do Concello”.

O edil agarda que a xuíza “sexa honrada e valente” e non dubide en aplicar a lei. Na versión de Siverio, no concurso da auga e o saneamento Espina & Delfín ofrecía a proposta máis vantaxosa, con mellores tarifas e 953.000 €, 40.000 máis que Aqua-gest. Pero, engade, foi declarado de-serto nun principio para despois “ser adxudicado a dedo [a Aquagest] polo alcalde en prexuízo dos veciños”. Se-gundo cre, tampouco se xustificaron os investimentos.

A XXII Feira de Cans de Caza do Mesón do Vento celébrase os días 26 e 27 de xullo

A XXII Feira de Cans de Caza do Mesón do Vento vaise celebrar a vindeira fin de semana, os días 26 e 27 de xullo. A organización leva xa varias semanas ultimando to-dos os preparativos dun evento que, tal como destaca, é a maior exposición deste tipo no ámbito de todo o territorio noroeste es-pañol. Os interesados en expoñer camadas poden reservar o seu es-pazo no 689 550 728. A feira con-tará tamén co postos nos que se venderán produtos relacionados coa crianza de cans e coa práctica cinexética.

O programa tamén inclúe pro-bas para seleccionar os mello-res exemplares nas modalidades de rastro de xabarín ou no cam-pionato de mostra de pluma por tempos. Tamén se distinguirán os mellores exemplares de cada raza presentes na feira e recibirán ho-menaxe as mulleres cazadoras. Os locais do Mesón ofrecerán pratos elaborados con carne de caza.

ORDES

Page 6: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

6

ActuAlidAde

crónicas - Xullo 2014

COMARCA Ordes difunde imaxes de edís con lampos nunha pista chea de maleza

desbroces a man e desbroces a máquina

A chegada do verán é o momento no que os Concellos apuran as tare-fas de limpeza das súas pistas e áreas naturais. Agora ben, hai formas e for-mas. E as diferencias de procede-mento parecen depender do territo-rio no que se observe.

Así, mentres practicamente todos os Concellos sacaron nas últimas se-manas os seus tractores de desbroce (propios ou contratados) para ade-

centar os seus viais e de paso evi-tar risco de incendios, en Ordes op-taron a maiores por métodos máis rudimentarios. O grupo de goberno non tivo empacho en difundir unha imaxe de varios dos seus concellei-ros, lampo e bolsa negra do lixo en man, limpando o roteiro de Buscás.

Quizais os integrantes do execu-tivo ordense non arrasaron dema-siado coa maleza, pero nas redes so-

ciais si triunfaron co seu desbroce slow, para ben ou para mal.

Certo é que o Concello está traba-llando con máquinas nas diversas pa-rroquias, sobre todo coas habituais limpezas previas ás festas. Pero non o é menos que nos últimos anos se acumulan as queixas porque en moi-tos camiños de parcelaria case non se pode pasar. E quizais non o solucio-nen un concelleiro e un lampo.

Marxes dun camiño de Frades recén desbrozado polo tractor municipal

O Concello pronúnciase contra o cambio de parada do autobús na avenida da Grabanxa

OROSO

O Concello de Oroso recla-moulle á Dirección Xeral de Mobi-lidade da Xunta que non altere a ubicación da parada do transporte metropolitano na avenida da Gra-banxa. A administración autonó-mica tramita o expediente de mo-dificación das condicións da ex-plotación da liña regular de viaxei-ros entre Santiago e Oza dos Ríos por parte de Autos Grabanxa, no que figura esa variación, e o go-berno local presentou alegacións.

A nova pretensión é trasladar a parada aos números 25-27 da ave-nida. Actualmente está no número 9-11 e antes estivera na Praza da Foca. O alcalde, Manuel Mirás, asegura que “hai razóns tanto de interese público como económi-cas” para manter a ubicación ac-tual e expón que cambiar a mar-quesiña implicaría “un prexuízo económico” para o Concello.

O cambio prodúcese por unha denuncia presentada por Monbús por ver a parada moi próxima á N-550, na que presta servizo.

Aínda que o verán comezou con temperaturas baixas e chuvias, o certo é que xa estamos en época de risco alto de incendios. As adminis-tracións escenifican os seus dispositi-vos contra o lume, pero á vez prodú-cense voces críticas que cuestionan o deseño e distribución dos medios.

A comezos de xullo, reuniuse a co-misión provincial de coordinación po-licial de loita contra incendios fores-tais, con representantes das adminis-tracións autonómicas e central e das forzas de seguridade. Fixeron fincapé na "importancia de manter a coor-dinación entre a Xunta e o Goberno central" para aminorar o número de lumes e a superficie queimada. "É vi-tal a cooperación de todos os axentes implicados", en palabras da delegada provincial da Xunta, Belén do Campo.

AXENTES FORESTAISNo sector, un dos principais obs-

táculos para lograr esa boa coordina-ción veno xusto no deseño do plan contra incendios Pladiga. A Asocia-ción Profesional de Axentes Forestais

e Medioambientais de Galicia (Apra-foga) cre que "a amalgama de me-dios condiciona seriamente as tare-fas de extinción". Explican este co-lectivo que das 589 brigadas en toda Galicia só un 21% pertencen á admi-nistración autonómica, a que posúe as competencias en incendios, e con parte das prazas sen cubrir.

Máis da metade do operativo do Pladiga son brigadas municipais, das que a miúdo se descoñece que selec-ción de persoal fan e nas que se ob-servan carencias de formación, expe-riencia e equipamentos, segundo a asociación dos axentes forestais gale-gos, que promete profesionalidade e pide precaución.

Xunta e goberno central ven "vital" que todos os entes cooperen contra o lume

COMARCA Os axentes forestais critican a "amalgama" de medios para a extinción

Roda de prensa da Asociación de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia

O secretario xeral de Medio Rural e Montes da Xunta, Tomás Fernández-Couto, anunciou que a Xunta denunciará “sistemati-camente” os propietarios de te-rrenos que non limparan de bio-masa vexetal os 50 metros do perímetro de vivendas, como medida de prevención de incen-dios.

O cargo autonómico asegura que este verán, unha vez rema-tadas as tarefas de apagamento dos lumes, examinarán “unha a unha” as parcelas para deter-minar cales estaban sen limpar e denuncialas “en todos os ca-sos”.

Fernández-Couto lembrou tamén que os Concellos teñen un papel “subsidiario” nos labo-res de desbroce se os propieta-rios non exercen a súa obriga le-gal. Deste xeito, as administra-cións locais teñen que proceder á limpeza e despois cárganlle o custo das tarefas aos propieta-rios dos terreos.

Anuncian denuncias “sistemáticas” por fincas sen limpar próximas a vivendas

Concelleiros en limpeza manual

Page 7: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

eSPeciAl

crónicas - Xullo 2014 7

Verea é, a día de hoxe, o re-ferente cerámico en tella curva, tanto coa tradicional tella árabe coma coa tella S. Dende o pa-sado mes de maio, dispón ta-mén da súa novidosa Tella Plana Verea.

Co fin de satisfacer as nece-sidades e os gustos dos clientes, o Departamento de Innovación de Verea deseñou unha tella totalmente plana, de liñas puras e elegantes, que permite imitar acabados de lousa ou madeira coas vantaxes dun produto ce-rámico.

Un dos aspectos clave para o éxito da nova Tella Plana Ve-rea é a súa facilidade de insta-lación. Trátase dunha tella con encaixe, cuxo deseño permite que a lapela non sexa fixa, polo que se adapta a calquera tipo de cuberta e malia a súa lixeireza presenta unha gran resistencia mecánica.

Verea desenvolveu tamén as pezas especiais necesarias para a completa instalación do tellado plano: remates laterais; inicios; tapóns e encontros a tres e catro augas.

Mercados tan esixentes como Estados Unidos certi-ficaron a alta calidade da Te-lla Plana Verea, superando os controis para a certificación no Miami Dade County de Flo-rida, onde ademais se clasificou como grao 1 pola súa baixa ab-sorción de auga.

Ademais do mercado nacio-nal, a Tella Plana Verea ten como destinos principais China, Corea, Reino Unido, Caribe e Estados Unidos, onde xa se ins-talaron con grande éxito nume-rosos tellados.

A tella Verea, agora tamén plana

A tella plana Verea é unha tella totalmente plana, de líñas lisas e elegantes

Tanto na construción dunha vivenda nova como na rehabi-litación da actual, o deseño do tellado debe buscar a adapta-bilidade deste ás inclemencias climatolóxicas ás que vai estar sometido. Por iso é fundamental non só a elección dos mellores materiais senón tamén a forma de instalalos. Verea fabrica te-llas pensadas para as especiais características do clima galego e proporciona as pautas de ins-talación para garantir a durabili-dade do tellado:

1.- En canto a elección dos materiais:

As frecuentes xeadas galegas danan fortemente os elemen-tos construtivos. Verea ofrece as tellas con maior re-sistencia á xeada do mercado es-pañol, que su-peran os 1500 ciclos de xeo-desxeo, cando o nivel máis alto es-tablecido na norma europea é de 150 ci-clos

En zonas de chuvia abundante, a lei obriga a que o tellado teña unha inclinación mínima do 32% para tella cerámica. Co Verea System, a evacuación de augas é igualmente correcta con pendentes mesmo inferiores (dende un 26%).

2.- En canto ao sistema de instalación (Verea System):

Aínda quedan en Galicia te-llados instalados con morteiro.

Non obstante a correcta insta-lación das tellas realízase con escuma de poliuretano e gan-chos. A utilización de morteiro

na instalación pode provo-car futuros desconcha-mientos nas tellas, pro-blemas de ventilación da cuberta que poden dar lugar a condensa-cións, así como levan-tamento e desliza-mento das tellas pola perda de adherencia que o morteiro ten co paso do tempo.

Evitando o uso do cemento ou mor-

teiro e utilizando elemen-tos de ventilación axeitados mi-nimízase a formación de con-densacións e a aparición de mofos e fungos.

A alta calidade da tella Ve-rea, número 1 en resistencia á xeada, e a idoneidade da instalación do tellado co Ve-rea System, garanten o pro-duto 35 anos.

O tellado e o clima

Vista dunha das liñas de fabricación de Verea

A TELLA PLANA VEREA é DE MOI DOADA INSTALACIóN E O SEU DESEñO PERMITE QUE SE ADAPTE A CALQUERA TIPO DE CUbERTA

Page 8: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

8

ActuAlidAde

crónicas - Xullo 2014

Aínda que o verán comezou a tro-pezóns e sen invitar moito ao baño nin a outras actividades ao aire libre, os distintos Concellos da comarca prepararon as súas infraestruturas lúdicas para o verán, cunha posta xe-ralizada ao día e coas intervencións

de mantemento oportunas. Un dos casos significativos é a pis-

cina municipal do Muíño, en Ordes. Abriu con céspede artificial novo en todo o solario. É unha cuestión que fora demandada en reiteradas veces polo BNG, desde a oposición, á que

o goberno local sempre contestara que se instalaría a tempo e correcta-mente para a tempada de baño.

En Oroso, a novidade máis vistosa é unha zona de xogos acuáticos a ca-rón da piscina, dentro dun grupo de actuacións nas que o Concello inves-tiu 39.000 euros e que tamén inclúen a posta a punto das instalacións e do vaso da piscina.

Os demais municipios teñen ta-mén xa abertas e en pleno uso as súas piscinas. Por suposto, tamén o parque acuático de Cerceda, aínda que o seu recinto contiguo sufriu considerables desperfectos despois da masiva afluencia de público ao festival de música electrónica Fre-elive. Do céspede case non quedou rastro e o Concello solicitoulle o pago do arranxo á organización do evento.

Ademais das piscinas, tamén son moi socorridas para os días de estío as áreas recreativas en espazos natu-rais. En xeral, presentan todas unhas óptimas condicións de uso, tras as ta-refas de limpeza e acondicionamento das últimas semanas.

Os concellos poñen ao día as súas infraestruturas lúdicas para o verán

COMARCA O festival de música electrónica dana o recinto contiguo ao Aquapark

A piscina municipal de Oroso, situada en Sigüeiro, estreou xogos acuáticos infantís

FRADES Custou 1,3 millóns de euros e pode dar servizo ata 600 habitantes

entra en servizo a depuradora de augas residuais da Ponte carreira

A estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Ponte Carreira, en Frades, xa entrou en funciona-mento. Foi inaugurada nun acto con presencia da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutu-ras, Ethel Vázquez, e o alcalde de Fra-des, Roberto Rey, entre outros.

A conselleira explicou que a de-puradora serve para ofrecer un ser-vizo de saneamento axeitado en boa parte da parroquia de Gafoi e en parte da parroquia de Ledoira. Evita-ranse así verteduras de residuos ao río Tambre.

A mellora da calidade das au-gas do río foi un dos aspectos desta-cados polo rexedor fradense na súa intervención. Roberto Rey aprovei-tou para pedir que tras este inves-timento, de 1,3 millóns de euros, o departamento de Medio Ambiente da Xunta prosiga con novos proxec-tos como o punto limpo que Frades compartiría con Mesía e o abaste-cemento de auga ás parroquias de Moar e de Añá.

Tamén interviu o ex alcalde, Mi-

guel Prado, que mencionou os bene-ficios que podería traer para o muni-cipio o Plan Xeral de Ordenación Mu-nicipal, en tramitación desde hai un lustro e en espera de aprobación.

A ObRAA nova estación depuradora im-

plicou construír 5.750 metros de

rede de saneamento en Gafoi, a co-nexión da rede que xa había en Le-doira coa depuradora, unha rede de augas pluviais e a reparación de va-rios colectores. A capacidade xeral do novo equipamento é de ata 600 ha-bitantes. Tratará un caudal medio de 8,5 m3 de lodos á hora e un máximo de 20 m3 por hora.

Inauguración da nova depuradora, á que acudiu a conselleira Ethel Vázquez

Condeas de prisión para quince dos procesados por difundir un vídeo persoal hai dez anos

Xa hai sentenza polo caso da difusión pública dun vídeo per-soal en Ordes, sen consentimento da súa propietaria. Dos dezaoito acusados inicialmente, a tres reti-ráronlles as acusacións e os outros quince recibiron penas de prisión. De todos os xeitos, ningún deles terá que pisar o cárcere, xa que as penas van desde os sete ata os vinte e un meses.

As condenas víronse reduci-das polo retraso que experimen-tou o proceso xudicial, xa que se trata de feitos que sucederon hai practicamente unha década. Entre 2004 e 2005 difundiuse en varios locais públicos da vila un vídeo privado, con contido erótico, sus-traído dun ordenador que a súa propietaria levou reparar.

A vítima, que borrara o vídeo pero non o eliminara por com-pleto da papeleira de reciclaxe da computadora, sufriu graves danos psicolóxicos e dificultades para as relacións sociais, e tivo que mar-char vivir fóra de Ordes a raíz do suceso.

A maior condena recae no res-ponsable da tenda de informática, cun ano e nove meses de prisión e a indemnización de 15.000 euros á afectada. A Audiencia Provincial da Coruña considera que cometeu un delito de descubrimento e re-velación de segredos. Deberá pa-gar tamén os gastos para suprimir as imaxes nas webs onde aínda podían ser vistas, ata un máximo de 5.000 euros.

Outros tres procesados -o que distribuiu o vídeo na piscina muni-cipal, sen que se demostrase que recibise cartos a cambio, o que re-produciu o vídeo nas dependen-cias de Protección Civil e dos Bom-beiros, e o que subiu o vídeo a in-ternet identificando a vítima- re-ciben unha pena de once meses de prisión e unha multa de 1.800 euros.

e aos once acusados restantes correspondéronlles penas de sete meses de prisión, tamén como au-tores responsables dos delitos de descubrimento e revelación de se-cregos. Teñen que pagar ademais unha multa de 1.800 euros.

A fiscalía solicitaba nun prin-cipio penas de entre dous e oito anos de prisión e a acusación par-ticular pedía entre tres e dez anos. Ao remate do xuízo, ambas as dúas decidiron retirar as súas im-putacións contra tres dos dezaoito acusados.

ORDES

Page 9: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

ActuAlidAde

crónicas - Xullo 2014 9

ORDES A conta xeral de 2013 foi aprobada polo goberno, o PSOE e CIDEGA

O concello de Ordes debe 581 euros por habitante, un 16% menos que en 2012

A débeda do Concello de Ordes a finais de 2013 situouse en 581,46 euros por habitante. De todas as ci-fras que contén a conta xeral de 2013, resulta unha das máis rechamantes e ademais é das poucas nas que coinci-den o goberno e a oposición real. Eso si, o executivo salienta que baixou un 16% con respecto a anos previos, e o PP incide en que é unha cifra moi su-perior á media da comarca.

O documento contable foi apro-bado por UXO e polos edís do PSOE e de CIDEGA. Non o admitiron PP e BNG. Para a portavoz do goberno, Sil-via Marín, as contas saíron “reais e equilibradas” e marcan unha traxec-toria correcta para reducir a débeda e acadar a estabilidade orzamenta-ria. Como mostras de mellora, Marín citou que 2013 rematou cun superá-vit próximo aos 1,4 millóns de euros e cun remanente de tesourería algo inferior aos 1,2 millóns de euros.

En cambio, o PP aprecia un ende-bedamento “elevado”. Sen negar que baixase, afirma que está nos 6,6 mi-llóns de euros de débeda viva a en-

tidades bancarias, aos que habería que sumar débedas a curto prazo. O portavoz do principal grupo da opo-sición, José Luis Martínez Sanjurjo, considera que a conta xeral evidencia “a improvisación e a falta de rigor” do goberno de Regos. Segundo el, hai unha “nula planificación presuposta-ria” con “constantes desaxustes”.

PLANIFICACIóNEntre eles, Martínez Sanjurjo ex-

pón que durante 2013 investíronse por parte do Concello 1,8 millóns de euros, cando nun principio se progra-maran 4,4 millóns e incluso despois se chegaran a elevar a 5,4 millóns. Ademais de ser un terzo menos do previsto, é unha cifra en “retroceso”. O PP explica que o investimento por habitante caeu desde os 338 euros de 2009 ata os 141 do ano pasado.

O PP contrapón esa caída de in-vestimento co incremento dos im-postos municipais, que sitúan nun 56,63% máis desde 2007, pasando duns 227 euros por persoa entón ata os 355 euros de 2013, segundo os

seus datos. Os conservadores pediron ade-

mais explicacións sobre “irregulari-dades” como o pago de facturas dun festival musical que non se chegou a celebrar, a “ausencia de fiscalización dunha factura por traballos que de-berían ter sido licitados” ou o pago “indiscriminado” de complementos de produtividade e gratificacións.

O BNG incidiu na falta de inves-timentos, que atribúe á xestión eco-nómica dos últimos anos, e asegurou que “a débeda redúcese grazas a non ofrecerlle servizos aos cidadáns”.

Como réplica, tanto ao Bloque como ao PP, Silvia Marín defendeu que o descenso dos investimentos é “unha constante xeralizada en cal-quera municipio” a causa da crise. A portavoz do goberno advertiu ade-mais de que a oposición compara a situación actual co “periodo de maior investimento en Ordes”, coa coali-ción gobernando o Concello e o bi-partito na Xunta. Tamén reprochou a falta de apoio do goberno autonó-mico actual.

Amplían o parque infantil do paseo fluvial, con máis xogos e adaptado á normativa

ORDES

O parque infantil do paseo flu-vial de Ordes foi ampliado. O novo espazo complementa o existente ata agora con xogos como novas randeeiras. A súa superficie é de chan areoso, e segundo o Conce-llo “cumpre con todas as norma-tivas de seguridade esixidas por lei”. Para a delimitación perime-tral, instalouse un valado de ma-deira, escollido para integrarse na área natural na que se ubica. O go-berno lembra que o paseo fluvial, inaugurado en 2009, é un dos es-pazos lúdicos preferidos polos ve-ciños, con dotacións como meren-deiros, aparatos de ximnasia e un recinto pechado con animais.

Derradeiros traballos de instalación

Page 10: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

10

ecONOMíA

crónicas - Xullo 2014

A desaparición do sistema de co-tas no sector leiteiro, prevista para 2015, está acelerando xa a produción e fai temer a imposición dunha multa a España por sobreprodución, a co-ñecida como supertaxa. Galicia xa acadou en maio un récord de entre-gas de leite, con 230.000 toneladas, o que equival a un 10% máis que o mesmo mes do ano pasado.

Ademais da multa, no sector ad-virten de que a situación vai levar a un “asolagamento” do mercado, que podería incluso desbordar a de-manda existente e derivaría nunha baixada de prezos aínda maior que a que se produciu nos últimos meses.

Neste sentido, cómpre indicar que en maio o leite galego cotizou en orixe a 35,5 céntimos por litro, cando en xaneiro estaba en 39,2. O prezo medio galego é agora tres céntimos por litro inferior ao do conxunto de España e ata cinco céntimos menos que en Alemaña ou Francia.

Os tres principais sindicatos agro-gandeiros (SLG, UUAA e XXAA) anali-zaron este panorama e xa demanda-

ron a convocatoria urxente da Mesa do Leite. Estes días vanse reunir coa conselleira co propósito de “evitar unha nova crise no sector”.

As tres entidades acusan á admi-nistración de “incumprir” os acordos acadaos a finais de 2012 co sector. Aseguran que nos últimos dezaoito meses “houbo unha boa conxuntura que a Xunta non soubo aproveitar”

para establecer mecanismos efica-ces que permitan garantir uns prezos dignos, para evitar que as industrias impoñan “unilateralmente” as súas condicións nos contratos de compra-venda, ou para incentivar o relevo xe-racional no sector agrogandeiro, que nos próximos cinco anos se enfron-tará á xubilación do 40% dos seus profesionais en Galicia.

A suba da produción, con récord en maio, fai temer unha supertaxa

LEITE Os prezos en Galicia volven estar moi por debaixo dos de toda España e a UE

Os sindicatos agrarios cren que a administración non aproveitou a boa conxuntura

A empresa Portomuíños, con ins-talacións en Cerceda e dedicada á transformación e comercialización de produtos do mar de alta gama, acaba de reestruturar a súa factoría para reforzar a súa competitividade. Ade-mais, está inmersa en varios proxec-tos de I+D para crear novos produtos a partir de algas e novidosas receitas culinarias de conservas.

Por proxectos como eses, du-rante os últimos tres anos Portomuí-ños obtivo uns 400.000 euros en axu-das procedentes do Fondo Europeo da Pesca. Así o explicou a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quin-tana, durante unha visita á empresa na que destacou o seu “carácter in-novador e a aposta polo aproveita-mento dos recursos mariños.

Portomuíños, innovación desde o marCERCEDA A empresa reestrutura as súas instalacións con axudas europeas

As instalacións da compañía en Cerceda recibiron a visita da conselleira Quintana

Ferramenta informática contra a “volatilidade” de prezosA Consellería de Medio Rural asegura que unha das

súas principais apostas contra a “volatilidade dos prezos do leite” é a de establecer contratos de longa duración nos que o prezo estea referenciado. A tal fin, recente-mente presentou unha aplicación informática, chamada Xacobea, coa que afirma que pon a disposición do sec-tor “ferramentas que axuden a ter marxes de explotación máis elevados”.

A directora xeral de Produción Agropecuaria, Patri-cia Ulloa, explicou que este instrumento pode ser em-pregado de xeito voluntario por calquera das partes que interveñan na negociación de prezos. Xacobea, que se pode obter na web da Consellería, é configurable para cada caso. Para os sindicatos, é un instrumento que “na-ceu orfo” por non existir leis que obriguen a cumprir os índices de valor para o leite.

Unha xornada avalía o potencial hortícola da comarca ordense

Unha xornada informativa ava-liou en Ordes a potencialidade hortícola da comarca. Foi unha actividade orientada especifica-mente a produtores de grelos e participaron unhas vinte persoas.

Os distintos poñentes -socios, xerentes e técnicos de cooperati-vas- expuxeron as características dunha cooperativa agraria, de tra-ballo asociado e de explotación comunitaria da terra. Como é ló-xico, detíveronse con maior deta-lle na produción, distribución e co-mercialización de grelos.

A xornada foi organizada pola-Asociación Galega de Cooperati-vas Agrarias (AGACA) e a Xunta, e contou coa colaboración da Man-comunidade e do Concello.

HORTA

Intervención de poñentes na xornada

Fenosa renuncia a construír o parque eólico por mor dos cambios normativos

MESÍA

Gas Natural Fenosa renunciou a construír o parque eólico que tiña programado en Mesía. Ía con-tar con seis aeroxeradores de 99 metros de altura, cunha poten-cia total de 18 MW. Denominado Mesía-Santa Cristina, estaba orza-mentado en 24,1 millóns de euros.

A renuncia forma parte da re-programación de proxectos da compañía eléctrica, que a levan a desistir de preto do 40% da poten-cia obtida no concurso eólico da Xunta en 2010. Na provincia co-ruñesa, tamén caen dos plans de Gas Natural Fenosa un parque de 30 MW en Vilasantar e outro de 12 MW en Toques.

A empresa xustifica a decisión na “falta de viabilidade econó-mica” tras o novo marco regula-torio que define a retribución da xeración eólica. Así, agora desen-volverá 198 dos 339 MW que obti-vera da Xunta de Núñez Feijóo en 2010, no concurso que anulou o anterior do bipartito, á súa vez va-lidado despois pola xustiza.

Page 11: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

ecONOMíA

crónicas - Xullo 2014 11

O comercio local está en plena tempada de rebaixas de verán, apli-cando interesantes reducións de prezo sobre arti gos que manteñen a calidade do resto do ano. A previ-sión da Federación Galega de Comer-cio é a dun gasto medio de entre 40 e 50 euros por persoa en Galicia. No conxunto de España, estí mase que o gasto chega a 76 euros por persoa.

Boa parte dos establecementos manteñen o periodo tradicional de rebaixas, do 1 de xullo ata fi nais de

agosto, pese a que a normati va per-mite agora facer descontos libre-mente fóra dese periodo.

Estas primeiras semanas foron as máis decisivas para as rebaixas, que o sector afrontou con “opti mismo mo-derado”. Os indicios son os dunha re-cuperación da confi anza por parte dos consumidores, e agora agardan que se deixe notar nas vendas, sobre todo co incenti vo dos descontos.

De todas maneiras, a federación de comercio prefi re ser cauta porque

o Insti tuto Nacional de Estadísti ca (INE) certi fi cou unha caída do 1,1% das vendas no sector en Galicia du-rante o pasado mes de maio.

A organización asegura que as re-baixas comezaron maioritariamente nun rango de entre o 20 e o 50%. Se-gundo os estudos que manexan, as rebaixas esti vais supoñen do 15 ao 20% da facturación anual do sector.

Os arti gos máis demandandos son os do comercio téxti l, aínda que ta-mén se contempla un repunte no cal-

zado e nos complementos, que de to-das maneiras dependen máis da me-teoroloxía.

Gasto medio de entre 40 e 50 euros por persoa nas rebaixas de verán

COMARCA O sector comercial ve razóns para un “optimismo moderado”

A moda é a estrela das rebaixas

E A TI, QUE CHE PARECE?Bea (Dress Ordes)

“Estamos te-niendo buenas rebajas, aun-que más o me-nos son como las del año pasado. Y las rebajas si-guen siendo las rebajas, fuera de esa época son descuentos puntuales”

Nansi (Locuras)“Son unas bue-

nas rebajas, si-milares a las de 2013, la misma clientela y todo. La gente aprove-cha para tantear unos días antes y luego viene. Antes no lo hacía tanto”

Natalia (Aurelio)“No estoy com-

prando mucho en las rebajas, aquí en Dress me pa-recen excelen-tes. Las veo me-jor que en 2013, aunque ahora la época de rebajas se nota menos que antes”

Rocío (H20)“Son unas bue-

nas rebajas, en la misma línea que el año pasado. Se hacen descuentos en otros momen-tos, pero la gente siempre ti ende más a las rebajas, se sigue notando su momento”

Telf: 881 124 017Rúa Canteira 11 bajo

15680 ORDES (A Coruña)[email protected]

Telf: 639 314 732Rúa da Saúde 11. CARBALLORúa Agra dos Cregos, sn. [email protected]

Dietas de adelgazamento, patoloxías e estados fi siolóxicos

• Acido úrico/gota• Patoloxías gástricas

(hernia de hiato, refl uxo gastroexofáxico, gastritis.....)

• Pataloxías intestinais (colon irritable, diverticulose, colite ulcerosa....)

• Diabete• Hipertensión• Colesterol / Triglicéridos• Menús para garderías e

escolas• Nenos e adolescencia• Embarazo• Terceira idade• Deporte• Pacientes

anticoagulados (SINTROM)

• Alerxias alimentarias

Dietas online www.mariaviñanutricionista.com

maría viñaNUTRICIONISTA

Page 12: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

12

ActuAlidAde

crónicas - Xullo 2014

- Se nos permite unha broma mo-lesta para empezar, que fai un de Cerceda escribindo en vez de traba-llar na térmica ou na incineradora? É dicir, cando e como lle agroma a vea literaria?

- A primeira pregunta xa bota fume (risas). Cerceda debe ser agora mesmo un dos municipios rurais con máis pulsión creativa: grupos de rock senlleiros, xente dedicada profesio-nalmente á programación cultural, ao audiovisual, á fotografía artística... Reducir Cerceda a unha incineradora ou unha térmica é como pensar que na Coruña o único de interese é a re-finaría. Sempre me apaixonou a lec-tura e levo escribindo dende que era pouco máis que un adolescente.

- ‘Os televisores estrábicos’ leva varias semanas no mercado. A aco-llida supera as súas expectativas?

- Pois a verdade é que non imaxi-naba que ía ter esta repercusión. No primeiro mes nas librarías (xuño) foi un dos tres libros máis vendidos en galego e isto é algo que non me ex-plico porque nunca considerei que fose unha obra con demasiado tirón comercial.

- Este é o seu primeiro libro pu-blicado. Ata agora non tiña nada que lle apetecese publicar, faltáballe va-lor para publicalo, ou simplemente non aparecera a ocasión?

- Pois simplemente non estaba su-ficientemente satisfeito coas crea-cións que ían xurdindo. Ao longo des-tes anos houbo moitos relatos e máis dunha novela que remataron na pa-peleira porque consideraba que non pagaba a pena intentar publicalas. Hai algo máis dun ano mandei por vez primeira este traballo a Edicións Xerais e a miña sorpresa foi ver que estaban moi interesados en apostar polo libro.

- ‘Os televisores estrábicos’ é un feixe de relatos con personaxes que levan con máis ou menos dignidade diversos fracasos vitais ás súas cos-tas, sen oportunidades de remon-tar nun panorama tan desesperante como o actual. A idea do libro é que non hai nin horizontes para enxergar unha saída positiva? Ou queda espe-ranza na deriva, como di a canción?

- Por suposto que hai esperanza. Ninguén dixo que vivir fose fácil mais, a pesar de todos os atrancos, a vida é incrible, probablemente non haxa

máis que unha, e hai que vivila de pé. É un libro que fala de fracasos: econó-micos, amorosos, vitais, sociais... pero que sempre deixa aberta a porta. Os televisores estrábicos intentan emi-tir historias dun mundo que está in-merso en profundas mudanzas.

- A crise acabou ata co dereito a perder?

- O peor desta crise é que nos fixe-ron crer que fomos os culpables e non os que movían os fíos dende as alturas. É difícil imaxinar maior per-versión. Agora a culpa do que está a pasar parece que foi das familias normais que as-piraban a ter o seu mes de vaca-cións, unha sani-dade de calidade, unha educación digna para os seus fi-llos... Mentres, determinada elite que saqueou caixas, defraudou millóns e baleirou as arcas públicas quere apli-car a máxima de privatizar os benefi-cios e socializar as perdas. Perdedo-res somos a inmensa maioría e aos gañadores nin os coñecemos.

- Por que unha serie de relatos illados, que non inconexos, e non unha novela na que interrelacionen directamente eses personaxes?

- Quería facer un libro de relatos que tocasen fragmentariamente a realidade, aínda que finalmente tive-sen todos algo que os unise, que vén

sendo o último relato. Pensaba en re-latos curtos que fosen pequenos flas-hes e que collesen un sentido maior ao formar o conxunto.

- Grandil, o lugar imaxinario no que acontecen os relatos, ben pode-rían ser Cerceda, Ordes ou Sigüeiro?

- Grandil é unha parroquia rural que ben podería ser Rodís, Montaos, Abellá, Restande ou calquera doutra comarca. É un lugar ficticio que está relativamente preto da cidade e é ta-mén a crónica dun mundo (o rural) que nos últimos 30 anos sufriu uns

cambios tan pro-fundos como ver-tixinosos.

- Vostede tra-ballou durante anos no eido do xornalismo. Que

ten de xornalística esta obra?- Levo máis de 12 anos vinculado

ao xornalismo e sigo mantendo cola-boracións con medios escritos, aínda que agora dirixo unha empresa con outro compañeiro especializada ta-mén na área educativa e cultural. Evi-dentemente o xornalismo latexa no seo do libro. Hai moitos relatos que son a cara B da noticia, esa que non aparece case nunca nos titulares.

- Intuímos que o estrabismo dos televisores é en xeral o dos medios de comunicación, a forma en que recrean e trasladan a realidade, in-cluso dándolle as costas, con filtros,

perversións, baixo presións... Foi esa a súa experiencia no xornalismo? Lémbraa con amargura?

- Os medios de comunicación es-tán a vivir tamén a súa particular crise. Unha sociedade libre necesita xornais, televisións e radios que sexan plurais que fuxan do pensamento único e que contribúan a ter unha po-boación realmente informada e con criterio. Evidentemente, o poder, non só o político, tamén o financeiro, in-tenta domesticar os que non comun-gan coa verdade oficial. Logo non de-bemos esquecer que os medios son empresas e que teñen os seus intere-ses. Se souberamos quen son os pro-pietarios comprenderiamos mellor o porqué de moitas informacións e o porqué dalgúns silencios. Dito isto, para min os anos en primeira liña xor-nalística foron marabillosos. Eviden-temente que hai presións e momen-tos complicados, pero tamén este é un oficio que che permite coñecer persoas incribles, a maioría das ve-ces xente do común que habitual-mente non é a protagonista das infor-macións.

- Prepara xa novas obras? Daralle saída a algún texto que xa teña re-matado á vista da boa acollida de ‘Os televisores estrábicos’?

- Cousas en mente hai xa algun-has, pero présa ningunha. A litera-tura, como a vida, ten os seus tem-pos.

ENTREVISTA Ramón Vilar Landeira, xornalista e escritor de Cerceda, autor de ‘Os televisores estrábicos’

“Non hai máis que unha vida e hai que vivila de pé”O xornalista e escritor Ramón Vilar (Rodís, 1973) acaba de publicar ‘Os televisores estrábicos’ (Edicións Xerais), a súa primeira obra literaria.

Vilar recoñece que non contaba coa repercusión do libro, un dos tres en galego máis vendidos en librarías durante o mes de xuño

“O peor desta crise é que nos fixeron crer que fomos os culpables e non os que movían os fíos nas alturas”

Page 13: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

XeNte de Aquí

crónicas - Xullo 2014 13

ORDES O certame entregou tamén premios aos clientes que puntuaron as tapas

Os bares Abacco, doniña e Rincón do Pincho, gañadores do concurso de tapas

O Concurso de Tapas de Ordes, que este ano celebrou a súa primeira edición, xa ten gañadores. O pri-meiro establecemento clasifi cado foi o Abbaco, seguido do Bar Doniña e do Rincón do Pincho.

A proposta do gañador foi unha tosta de bacallau grati nado de ali oli, unha ensalada de tempada e un bis-coito de chocolate bañado en salsa de chocolate. É practi camene un menú concentrado nunha tapa.

O segundo premio, do Bar Do-niña, recaeu nunha receita de milfo-llas de mar e mexillóns ao esti lo De-lia. E o terceiro, presentado polo Rin-cón do Pincho, foi un osobuco de porco ao forno e tripas de porco con patacas, quizais o máis tradicional de todos.

O certame contou con quince es-tablecementos parti cipantes. Vai contar cunha segunda edición, á vista da “gran parti cipación e involu-cración” por parte de veciños e visi-tantes que observou a organización.

Ademais de recoñecementos para os locais que concursaron, tamén se entregaron premios aos clientes que

votaron polas súas tapas preferidas. O primeiro premio consisti u en 200 euros, unha cea na casa rural Antón Veiras de Poulo e un surti do de bo-tellas de licor. Tocoulle a Raquel Mar-tí n Rodríguez. O segundo premio, 150 euros e dúas botellas, foi para Cristi na Vilariño. E o terceiro premio, consistente en 100 euros e unha bo-tella, para María del Mar Carneiro.

Acto de entrega dos premios da primeira edición do concurso de tapas de Ordes

Maioría de aprobados no curso municipal para a obtención do graduado en ESO

ORDES

A maior parte da vintena de persoas que parti ciparon no curso de preparación para a obtención do graduado en ESO do Concello de Ordes aprobou. Na área cien-tí fi co-tecnolóxica foron o 60%, na lingüísti ca o 70% e na social o 90%. Son índices moi superiores á media, xa que por exemplo en Santi ago os aprobados fi caron no 11%, 25% e 26%.

A tenente de alcalde, Silvia Ma-rín, acudiu a entregar os diplomas e califi cacións, felicitou polos re-sultados acadados, destacou o es-forzo do alumnado e a calidade do curso, e animou a parti cipar no próximo de bacharelato.

Entrega de diplomas e califi cacións

Entrega do primeiro premio

couseloordenes

15680 ORDESA Coruña

Muebles de CocinaFuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29

Móvil: 629 808 796couselo [email protected]

ElectrodomésticosAlfonso Senra, 116

Tel: 981 68 08 09

Page 14: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

14

XeNte de Aquí

crónicas - Xullo 2014

Celébrase o segundo festival folclórico ‘Parque do Carboeiro’

A segunda edición do festival folclórico ‘Parque do Carboeiro’ ofreceu en Sigüeiro (Oroso) as ac-tuacións de Lembranzas do Tam-bre, Néboas no Cumio, Sementes do Arte e Vive lo Nuestro.

O festival tivo que aprazarse uns días por mor do mal tempo, o que motivou que finalmente o

grupo Buxos Verdes non puidese actuar, por cuestións de axenda.

O alcalde, Manuel Mirás, des-tacou a relevancia do festival por-que con el “colaboramos a dar a coñecer a nosa música e a manter as nosas tradicións”. O concelleiro de Cultura, Antonio Leira, agrade-ceu público e colaboracións.

Néboas no Cumio, desfilando polo paseo fluvial da capital de Oroso

OROSO

Os cativos do PAI celebran a fin de curso cunha festa

Os vinte e un nenos e nenas que durante o curso 2013-2014 acudiron ao Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Trazo celebraron o remate da tempada cunha festa.

Foi unha xeira moi entretida, xa que os responsables do centro municipal prepararon actuacións

de contacontos, obradoiros de glo-boblexia e outras actividades lúdi-cas.

E non faltou por suposto o cha-mado ‘acto de graduación’, que consiste en despedir os cativos que deixan o PAI para comezar no colexio no vindeiro curso. Son trece en total.

Os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia, sen tempo a aburrirse

TRAZO

Vacacións no curso parapersoas con discapacidade

Os participantes no curso de habilidades sociais e autonomía persoal para persoas con discapa-cidade teñen xa vacacións. Hai uns días rematou o curso, cun acto no que recibiron a visita do alcalde, Manuel Regos, e da concelleira de Diversidade Funcional, Lucía Igle-sias.

Durante o curso, foron vinte os usuarios desta iniciativa, que se

imparte nunha aula adaptada no Mesón do Vento e que ademais de contribuír ao seu desenvolve-mento persoal facilita a vida cotiá das súas familias.

Esta actividade, distinguida cun premio Alares de conciliación, es-tivo en cuestión nos últimos tem-pos polos recortes no transporte adaptado. Recentemente recibiu apoio económico de Fenosa.

O alcalde e a concelleira de Diversidade Funcional acudiron ao remate do curso

ORDES

Forman quince desempregadasen atención a dependentes

Quince mulleres de Ordes en situación de desemprego están asistindo a un curso que as forma na atención a persoas dependen-tes en institucións sociais, co que aspiran a mellorar as súas condi-cións de empregabilidade, nun sector que se estima que creará postos de traballo a medio prazo.

O curso está sendo impartido na aula do recinto feiral do Mesón

do Vento. Ten unha duración to-tal de 478 horas. Delas, 80 son de prácticas, que efectuarán en dis-tintas empresas.

O Concello de Ordes indica que este curso incide nas súas políti-cas de formación para persoas en situación de desemprego. Neste caso, conta con financiamento da Consellería de Traballo e Benestar e do Fondo Social Europeo.

ORDES

Unha das primeiras clases do curso, na aula adaptada do Mesón do Vento

Page 15: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

XeNte de Aquí

crónicas - Xullo 2014 15

O obradoiro de teatro infantil de Oroso debuta no escenario

Os integrantes de ‘Teatro Ca-ti vo’, o grupo dos parti cipantes no obradoiro municipal de teatro de Oroso, estreáronse no escena-rio coa representación de ‘Romeo e Xulieta: famosos namorados’, unha versión do clásico de Shakes-peare.

A función ti vo lugar no cen-tro cultural de Sigüeiro, ante de-

ceas de persoas. Colleitaron moi-tos aplausos. O grupo, con axuda técnica de Alberto Rolán, está di-rixido por Andrea Álvarez e in-tegrado por Rodrigo Soto, Lucía Mira, Marta Villaverde, Sara Fraile, Marta Lema, Carmen Carracedo, Elba Blanco, Laura Ruíz, Ana Villa-verde, Lara Rodríguez e Natalia Ba-leato.

Integranes do grupo ‘Teatro Cativo’ do obradoiro municipal de Oroso

OROSO

Entregados os premios do concurso de banda deseñada

Entregáronse os premios da terceira edición do Certame de Banda Deseñada convocado polo CPI de Xanceda e o Concello de Mesía no marco da programación do Día das Letras Galegas.

Na categoría de educación in-fanti l, o primeiro premio foi para Nicolás Otero, o segundo para Lu-cas Rodríguez e o terceiro para

Sara Martí nez. En primaria, os pre-mios foron, por esta orde, para Da-niel García, Yaiza Fernández e An-tón Quindimil. E en secundaria, primeiro premio para Victoria Igle-sias e segundo para Belén Ferreño. A mención especial recaeu en An-drea Louro. O alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, acudiu á entrega e felicitou os estudantes.

MESÍA

O alcalde acudiu a entregar os premios do certame no CPI de Xanceda

Música novel ao aire libreOROSO Actuacións de fin de curso da Aula de Música

O alumnado da Aula de Música de Oroso ofreceu dous concertos de fi n de curso, un na explanada da pis-cina e outro no centro cultural de Si-güeiro. Os músicos noveis ofrece-ron un repertorio variado, que resul-tou de moito interese para as deceas de espectadores que acudiron a con-templar as actuacións.

A carón da piscina ofreceron a súa música os integrantes dos tres com-bos da Aula de Música. Con idades entre os 17 e os 21 anos, interpreta-

ron pezas de rock, pop e jazz. O resto do alumnado, de menor

idade que os que conforman os com-bos, ofreceu a súa actuación no cen-tro cultural. Nesta ocasión optaron por actuacións corais ou de alumnos cos seus mestres, en vez da habitual intervención individual.

O director da Aula de Música, Juan Salgueiro, aspira a que “a medio prazo estes concertos sexan atracti -vos para o público en xeral”, ademais dos familiares do alumnado. Actuación dun dos combos da Aula de Música nas inmediacións da piscina municipal

Rúa da Canteira, nº2 (antigo vodafone). ORDES (A Coruña). Teléfono: 981 688 646

gRANDES REbAJAS EN TEXTIL Y CALZADO

Las mochilas

recogidas las

donaremos a Cáritas

PLAN RENOVE EN MOCHILASTráenos tu mochila vieja y, al comprar una nueva...TE DESCONTAMOS 5€*

(*mochilas en tienda a partir de 20€) Promoción válida desde el 16-7-2014

hasta el 6-8-2014Comenzamos a preparar la vuelta al cole: mochilas, portatodos,

mandilones, cojines, agendas escolares y de guardería... TODO DE TUS PERSONAJES FAVORITOS!!!!

Page 16: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

16

XeNte de Aquí

crónicas - Xullo 2014

ORDES

Procesión nas festas de San Paio en Buscás

TORDOIA - TRAZO

centos de maiores asisten ás tradicionais festas da terceira idade

Os Concellos de Tordoia e de Trazo celebraron nas últimas se-manas as súas habituais festas da terceira idade, con centos de parti-cipantes.

No caso de Tordoia, foron un-has 800 persoas as que participaron na décimoquinta edición da súa ro-maxe. Comezou cunha misa, á que seguiu a entrega de placas conme-morativas, por parte do alcalde Anto-nio Pereiro, aos maiores de 90 anos presentes. Tratouse de José Suá-rez, Manuela Juncal, Antonio Lamas, José Cerqueiro, Avelino Balsa, Ángel Costa e María Pena, os sete entre 90 e 96 anos. O resto da xornada prota-gonizárona o xantar e a música, con sesión vermú e actuación vespertina a cargo do dúo Alborada.

En Trazo, a festa ubicouse tamén baixo carpa no campo de Santa Eu-femia de Vilouchada. Comezou con misa e antes do xantar tivo lugar unha sesión vermú co dúo musical Eva e Camilo, que durante toda a tarde seguiron ofrecendo a súa mú-sica, con baile ata eso das nove da noite.A festa de Trazo tivo lugar baixo carpa no campo de Santa Eufemia de Vilouchada

O alcalde tordoiés entregoulles placas aos maiores de 90 anos presentes na festa

Procesión da Virxe do Carmen na parroquia de Montaos

Mostra das clases municipais de pintura no Museo do Traxe

O Museo do Traxe Juanjo Li-ñares de Ordes acolleu a exposi-ción de máis de cen traballos efec-tuados polo alumnado dos cursos municipais de pintura. Paisaxes e retratos, figurativos e abstractos, pintados con diversas técnicas, predominaron na mostra, que re-cibiu numerosas visitas.

ORDES

Un grupo, contemplando pinturas

Disólvese a comisión de festas da Barciela, sen débedas e só coa Santa Eufemia organizada

A comisión de festas de Santo Andrés da Barciela-Sigüeiro de-cidiu disolverse pola “escasez de colaboración” por parte da maior parte da veciñanza “tanto econó-mica como organizativa”, tal como indicaron nunha notificación di-rixida ao Concello.

Deixan organizada a festa da Santa Eufemia, que será o 16 de setembro, pero non a do Sacra-mento, na fin de semana do 30 e o 31 de agosto e para a que non ato-paron apoio abondo.

Os integrantes da comisión di-solta explican que deixan pagadas as débedas acumuladas do ano anterior e póñense a disposición de quen queiran “asumir o mando e formar unha nova comisión” para resolverlles dúbidas.

Ademais, pedíronlle desculpas “á xente que si lle dá importancia a todo este asunto e que leva co-laborado ata agora”. Indican que eles fixeron todo o esforzo posible “pero por desgracia non somos suficientes”, lamentan.

OROSO

As parroquias vólcanse coas súas festas patronais

Actuación musical de mediodía no Carme de Barbeiros

Procesión de San Pedro, no Mesón do Vento (Ardemil)

Page 17: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

dePORteS

crónicas - Xullo 2014 17

FÚTbOL SALA Culmina con festa unha exitosa tempada deportiva

O Jogafán Ordes, subcampión galegoPuido ser mellor, pero só un pouco

mellor. O Jogafán Ordes de Fútbol Sala culminou unha exitosa tempada de xogo acadando o subcampionato na Copa Autonómica. Enfrontouse na final la liga galega de fútbol sala ao Autos Leiros de Mos (Pontevedra), equipo fronte ao que caeu por unha escasa marxe: 4-5.

O encontro foi emocionante e fixo que os centos de afeccionados que acudiron ao polideportivo Castelao II de Ordes contiveran a respiración practicamente ata o final, dado que o conxunto ordense nunca deu por perdido o partido e pelexou pola vic-toria ata o último minuto.

A final da copa autonómica en-marcouse na festa de fin de tempada que a entidade deportiva organizara nesa mesma xornada, cunha churras-cada a mediodía. Pola tarde, ademais da final do torneo autonómico, dis-putouse a final provincial masculina, na que o Riazor se impuxo ao Liber-tad (3-0).

Os encontros da xornada conta-ron cunha ampla representación mu-nicipal. O goberno ordense estivo re-presentado pola tenente de alcalde, Silvia Marín, e polos concelleiros de

Deportes, Roberto Iglesias, de Cul-tura, José Ramón Vázquez, e de Di-versidade Funcional, Lucía Iglesias. Tamén se achegou ata o polidepor-tivo Castelao II unha representación da Federación Galega de Fútbol Sala.

Os bos resultados do Jogafán Ordes son un claro expoñente da grande afección polo fútbol sala no municipio e no conxunto da comarca.

Arriba, o equipo celebrando os bos resultados de tempada recén rematada.

Á dereita, o concelleiro de Deportes entregando o trofeo de subcampións.

O VIII Torneo de Tenis do Concello de Mesía admite inscricións ata o 1 de agosto

O Concello de Mesía prepara a oitava edición do seu Torneo de Tenis, que conta co patrocinio de Coca-Cola. Admite inscricións ata o 1 de agosto, xornada na que se procederá tamén ao sorteo do ca-dro de competición, que se exten-derá durante todo o mes ata as fi-nais do 30 de agosto. As inscri-cións poden efectuarse por correo electrónico, remitindo os datos a [email protected]

A competición terá categorías masculina, feminina e dobres, que poderá ser mixta ou non. Os par-tidos xogaranse no complexo de-portivo da Mata, en Xanceda, polo sistema de eliminación automá-tica ao mellor de dous sets, no ho-rario acordado polos rivais, dentro duns prazos, e con autoarbitraxe, agás a final que contará con árbi-tro.

O torneo entregará trofeos aos gañadores e gañadoras e facilitará refrescos da empresa patrocina-dora en todos os partidos.

TENIS

A Conta Xeral do Concello de Ordes correspondente ao exercicio de 2013, sometida recentemente ao Pleno Municipal, co voto en contra do PP, incorpora catro repa-ros nos que a propia Intervención Municipal advirte da existencia de serias anomalías de xestión econó-mica do Goberno de Regos.

O portavoz municipal do Par-tido Popular de Ordes, José Luis Martínez, subliña a gravidade da irregularidade cometida cun-ha factura por importe de 25.410 euros e correspondente, suposta-mente, ao equipamento e mellora dos locais culturais do Mesón do Vento.

PAgAMENTO SEN FISCALIZACIóN PREVIA NIN LICITACIóN

Neste caso, a Intervención ad-virte da existencia de ordes de pa-

gamento sen fiscalización previa nin licitación, malia que o importe e as características do traballo (do-tación de equipamento nos locais municipais do Mesón do Vento por importe de 25.410 euros) así o esixían para cumprir coa nor-mativa en vigor. Do mesmo xeito,

a Intervención repara en que non foi avisada para a recepción, polo que non puido levar a cabo a com-probación material requirida neste tipo de procedementos.

Do mesmo xeito, desde o Con-cello de Ordes, e así o pon de ma-

nifesto a propia Intervención Mu-nicipal, “véñense concedendo no exercicio complementos de pro-dutividade e gratificacións (algúns fixos no tempo) sen que conste xustificación concreta e motiva-da”.

PAgOUSE UNHA FACTURA SEN FISCALIZACIóN PREVIA E NON SE CELEbROU A ACTIVIDADE

Por último, outro dos reparos denunciados no documento da In-tervención cuestiona a concesión dunha subvención nominativa á denominada “Asociación Cultural polo Benestar”, aboada sen fisca-lización previa da Intervención. Pero o máis grave é que o propio interventor do Concello de Ordes “entende” que “non se efectuou a finalidade para a que foi concedi-da ´celebración do Festival Brin-cadeira´”.

Regos omite trámites esenciais nunha factura de máis de 25.000 euros, segundo acredita o informe do interventor

Graves irregularidades económicas nas contas municipais de Ordes do ano 2013

Extracto do informe do interventor municipal

Page 18: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

18

dePORteS

crónicas - Xullo 2014

As escolas deportivas municipais rematan o curso

FRADES Fin de tempada co ‘Día do Deporte’

As escolas deportivas do Conce-llo de Frades pecharon o curso ce-lebrando do Día do Deporte, cunha festa na que participaron os arredor de douscentos rapaces e rapazas que acudían ás actividades.

Exhibicións deportivas e xogos conformaron a celebración, na que o alcalde, Roberto Rey, distribuíu cami-setas conmemorativas entre os asis-tentes.

As distintas actividades do Día do Deporte tiveron lugar no polidepor-tivo municipal e no patio do colexio da Ponte Carreira. No pavillón desen-volvéronse as exhibicións das distin-tas modalidades ofertadas polas es-colas municipais, como fútbol sala, mini-básket, tenis de mesa, patinaxe ou zumba. No patio escolar, insta-láronse os inchables, o touro mecá-nico, entre outros reclamos. Os participantes nas escolas deportivas exhibíronse no pavillón da Ponte Carreira

O Oroso TM-Celme fíxose coa medalla de bronce en categoría infantil feminina por equipos nos Campionatos de España de tenis de mesa disputados días atrás en Antequera (Málaga).

As xogadoras da entidade de Oroso estiveron a punto de garan-tirse a prata e pelexar polo ouro, xa que tiñan a semifinal encami-ñada ao seu favor. Pero non puido ser por un “despiste arbitral”, tal como interpretan desde o propio club. Eso fixo que os rivais aprovei-tasen a vantaxe e acabasen ven-cendo o partido.

De todos os xeitos, no Oroso TM están moi satisfeitos co re-sultado porque as súas xogado-ras non partían como favoritas e en cambio lograron impoñerse a conxuntos teoricamente máis for-tes e ao final subiron ao podio.

O campionato, no que o club competiu en case todas as cate-gorías, deixa tamén bos resulta-dos na proba absoluta masculina por equipos para o Oroso TM-De-porte Galego, que acaba de ascen-cer á máxima categoría do tenis de mesa español, a Super División Masculina. A pesar de ter de baixa o seu xogador base, o nixeriano Lawal Abiodun, por unha compe-tición internacional na súa locali-dade natal, fixeron un gran cam-pionato e posicionáronse entre os doce mellores equipos de toda Es-paña.

Tampouco faltou moito para a medalla nas probas de dobles in-fantil feminino e individual mascu-lina. No primeiro caso, o Oroso TM estivo representado por Sara Mar-tínez e Silvia Álvarez. En individual masculino, por Uxío Regueiro.

Acadaron os cuartos de final e con cruces de eliminatoria a priori ase-quibles. Pero o podio non foi posi-ble “quizais polos nervios ou qui-zais pola excesiva calor que tive-ron que soportar en terras anda-luzas”, tal como aseguran desde o club.

O Oroso TM considera que os resultados foron “moi bos”, sobre todo tendo en conta que a tem-pada recén rematada foi esixente e o estado de forma dos deportis-tas comezaba a non ser o óptimo logo dun ano moi longo de com-peticións.

Agora, despois duns días de va-cacións, o club de Oroso empeza coa preparación da pretempada. E mentres tanto desenvolve tamén as clases da escola de verán de te-nis de mesa, que segundo comen-tan están tendo unha “execlente” acollida.

Bronce nos campionatos de España para as do Oroso-Celme

TENIS DE MESA Sen prata por “despiste” arbitral

Equipo feminino infantil do Oroso TM, recibindo a medalla no podio

Martín Pena, oitavo no campionato de españa

Martín Pena, xogador do Club Xa-drez Oroso, logrou a oitava posición no Campionato de España en rápi-das. Mantivo un bo nivel de compe-tición, sempre nos primeiros postos. Empezaba como decimosexto e re-matou nesa oitava praza, empatando a puntos co sexto. En lentas, tamén comezou moi ben, derrotando in-cluso ao campión e subcampión de España, pero a partida complicouse e baixou ao posto vixésimo quinto, dun total de 130 xogadores. Pena asegura que este foi o Campionato de España

no que mellor xogou dos cinco nos que leva participado.

Por outra parte, Sara Míguez pro-clamouse campioa tamén no torneo de Pereiro de Aguiar, do Circuíto Ga-licia Central. Míguez xa fixera o pro-pio no Torneo dos Tilos (Teo), nese mesmo circuíto. Nese torneo, a enti-dade de Oroso foi das que máis xoga-dores achegou. O Xadrez Oroso amo-sou o seu orgullo polo esforzo de xo-gadores e familias, decláranse satis-feitos por facer canteira onde case non había tradición xadrecística, e destan tamén o mérito do seu moni-tor, Roberto Patiño.

XADREZ

Arriba, o Club Xadrez Oroso no Torneo dos Tilos (Teo). Á dereita, Martín Pena disputando un partido do campionato de España. Á esquerda, Sara Míguez co seu ouro en Pereiro de Aguiar.

Page 19: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

PuBlicidAde

crónicas - Xullo 2014 19

Page 20: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

20

dePORteS

crónicas - Xullo 2014

Ainhoa Ramos, bronce no campionato de España sub 21

Ainhoa Ramos Manteiga, per-tencente ao Centro Deportivo Luar, de Ordes, conseguiu a me-dalla de bronce no Campionato de España de Taekwondo, dentro da categoría sub 21.

A deportista estivo a punto de

lograr o pase á final. Só se lle esca-pou na disputa do chamado punto de ouro fronte á representante madrileña. De todos os xeitos, é un destacadísimo terceiro posto español co que pecha unha tem-pada de bos resultados.

A integrante do Club Deportivo Luar de Ordes estivo a punto de chegar á final

TAEKWONDO

Lara López, subcampioa de España en bandeiras

A ordense Lara López Fernán-dez, integrante do Club Natación Cerceda, proclamouse subcam-pioa de España na proba de ban-deiras infantil feminina do Cam-pionato de Salvamento e Soco-rrismo.

López Fernández, que compite como integrante do Club de Nata-ción Cerceda, obtivo así un novo éxito nesta competición, dispu-tada en Noja (Cantabria). Recibiu as felicitacións institucionais do Concello de Ordes.

SALVAMENTO E SOCORRISMO

Lara López, coa bandeira galega tras recibir a medalla de prata

Chámanse Adrián, Rubén, Ja-cobo, Louri, Martín, Luís, Alex, Pam-pím, Saad, Víctor, Pablo, David, Samuel, Landeira, Toni e Brais. Son os compoñentes do equipo infan-til da Sociedade Deportiva Club Or-des, que acaban de lograr o ascenso á Liga Galega da súa categoría, con-firmado nun partido fronte ao Rayo

Sadense, ao que venceron por dous goles a catro.

As celebracións desta xesta non se fixeron agardar e o propio día no que ratificaron o seu salto de divi-sión, de volta á vila ordense e acom-pañados por familiares e seguidores do equipo, festexaron o triunfo no Concello e na Alameda.

Xogadores, adestradores, inte-grantes do cadro técnico e colabo-radores foron recibidos pola tenente de alcalde, Silvia Marín, e polo con-celleiro de Cultura, Ramón Vázquez, que os felicitaron e desexáronlles sorte na competición da vindeira tempada.

Os parabéns precederon á ce-

lebración por antonomasia de cal-quera dos éxitos que colleiten os equipos da S.D. Club Ordes: o tra-dicional baño no pilón da Alameda. Aínda que o día non estaba especial-mente morno, pouco lles afectou e menos lles importou a temperatura á hora de tirarse á auga. É o que se chama a calor da victoria.

Os xogadores, festexando o éxito no emblemático pilón da Alameda de Ordes

Os infantís da S.d. Ordes ascenden á liga GalegaFÚTbOL Confirmaron o salto de categoría vencendo por 2-4 ao Rayo Sadense e celebrárono no pilón da Alameda

Xogadores e corpo técnico foron recibidos por representantes municipais

Page 21: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

dePORteS

crónicas - Xullo 2014 21

O primeiro Día do Deporte do Concello de Oroso distinguiu trinta deportistas do municipio, escollidos polos diferentes clubs. No evento participaron unhas mil persoas. Es-tivo presidido polo alcalde, Manuel Mirás, quen destacou que no último lustro “multiplicouse por dez o nú-mero de veciños e veciñas que prac-tican deporte”. Ao seu carón, o con-celleiro de Deportes, Luís Rey, apro-veitou para agradecer o traballo aco-metido polas distintas entidades deportivas e polas familias para in-centivar a práctica de cada vez máis modalidades deportivas por parte dos máis novos.

Ademais dos premios decididos por cada club, o Concello entregoulle un recoñecemento a Fernando Abad, fundador do recente Tambre Bike, e a sete directivos e ex directivos do Si-güeiro F.C., algúns a título póstumo: José Souto, Antonio Castro, Antonio Rial, Francisco Mirás, Manuel Pre-cedo, Juan Manuel Vilares e Daniel Liste.

Os únicos que non entregaron

premios foron o Club Alecrín, porque acaba de ser creado, e o ITF Oroso, que preferiu deixar desertas as can-didaturas.

Polo demais, Badminton Oroso declarou como mellor deportista a Carla Silveira e como promesa a Ser-gio García. Brian Riera e Vanesa Rial

recibiron eses mesmos premios no Leones Béisbol, Adrián Seoane e Yago García no Oroso Fútbol Sala, Manuel Souto e David Senra no Oroso Mo-tor Sport, Erika Pereira e Sara Domín-guez no Patin Oroso, Javier Obelleiro e Abril González no Oroso Tenis de Mesa, Amancio Espiñeira polo Tam-

bre Bike, Enrique Rama no Tambre Pitch & Putt, Martín Pena e Sara Mí-guez no Club Xadrez Oroso, Alba Va-rela e Nuria Pájaro no club de xim-nasia rítmica, Juanito Amigo e Ja-cobo Liñares polo Sigüeiro FC, e Hugo Rama e Brais Pérez pola ED Xuven-tude Oroso.

Oroso distingue trinta deportistas do municipio no seu primeiro día do deporte, con mil participantes

MULTIDEPORTE Foron escollidos por cada club deportivo e tamén se entregaron varios recoñecementos especiais

Cada club distinguiu o seu mellor deportista e unha promesa. Na imaxe, todos no escenario, con representantes do Concello

Page 22: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

22

dePORteS

crónicas - Xullo 2014

A cuarta carreira de Mesía celébrase o 13 de setembro e xa admite inscricións

A cuarta carreira do Conce-llo de Mesía está xa programada para o sábado 13 de setembro, con saída ás 18 horas desde o campo de fútbol en Visantoña. Ademais da proba principal de 12 km, inclúe unha minicarreira de 6 km (saída ás 18:10) e carreiras de base (saídas a partir das 19:15).

As inscricións, que son gratuí-tas, xa se poden efectuar remi-tindo datos persoais, data de na-cemento completa, DNI, club, lu-gar de procedencia e carreira na que se participará ao correo elec-trónico [email protected]. Os menores deben acompañar ademais autorización dos proxeni-tores. A data límite para anotarse é o 12 de setembro ás 12 do me-diodía.

A carreira, na que colaboran múltiples empresas da contorna, entregará trofeos aos tres primei-ros clasificados de cada categoría de idade e ao corredor ou corre-dora de maior idade.

CARREIRA

Clausurado con éxito o campus de atletismo de Ordes e Cerceda

O sexto Campus de Atletismo organizado polos Concellos de Cerceda e de Ordes, coa colabora-ción dos clubes Atletismo Ordes e Atlética A Silva, foi clausurado polo alcalde ordense, Manuel Regos, e o seu concelleiro de Deportes, Ro-berto Iglesias.

Neste evento deportivo parti-ciparon con éxito uns corenta ne-nos e nenas. Durante a xornada de clausura, déronse a coñecer os resultados finais de todas as pro-bas que se desenvolveron e entre-gáronse os diversos galardóns e agasallos.

O campus, celebrado en Vista Alegre, sumou uns corenta participantes

ATLETISMO

Cerceda, Ordes, Sigüeiro e Abellá, na Copa da Deputación

Catro equipos da comarca de Ordes competirán na XXVI Copa de Fútbol da Deputación da Co-ruña, que sorteou hai uns días os emparellamentos.

Ao Sigüeiro F.C. correspondeu-lle enfrontarse ao C.D. Unión o 27 de xullo nas eliminatorias pre-vias. O S.E. Abellá S.C.D. medirase ao Atlético Arteixo ese mesmo día. Pola súa parte, o C.C.D. Cerceda comezará a competición xa en de-zaseisavos de final o 3 de agosto,

xogando contra o gañador do en-contro Boimorto-San Tirso. E a S.D. Club Ordes, tamén en dezasei-savos o 3 de agosto, terá como ri-val o gañador do Orillamar-Carral.

A copa provincial acada este ano un récord de participación, con 58 equipos en liza. Repar-tirá 153.000 euros en premios, tal como destacaron o presidente da federación galega, José García Li-ñares, e a responsable provincial de Deportes, Mariel Padín.

FÚTbOL

Sorteo de emparellamentos para a XXVI Copa de Fútbol da Deputación

Se algo ten o futuro asegurado na comarca, eso parece ser o fútbol. Os máis pequenos están aproveitando as vacacións escolares do verán para participar en campus organizados nos distintos municipios. Dous dos máis destacados, aínda que só sexa polo tamaño da poboación, son os de Ordes e Oroso.

O campus da S.D. Club Ordes con-gregou xa na súa primeira quenda a setenta rapaces do municipio e do resto da comarca. Contaron con pro-gramas de adestramento especializa-dos e adaptados ás súas idades para mellorar as súas habilidades futbo-lísticas. A segunda quenda remata o vindeiro 1 de agosto.

En Oroso, desenvólvese o quinto Campus da Fundación Celta de Vigo, cunha media de corenta participan-tes en cada quenda semanal. Ade-mais de actividades relacionadas co fútbol, programáronse outras como natación, multideporte, pádel, squash, béisbol, sendeirismo ou saí-das ao Aquapark.

FÚTbOL Campus de fútbol da S.D. Ordes e da Fundación Celta de Vigo en Oroso

A nova canteira prepárase tamén no verán

O campus do Celta en Oroso inclúe actividades adicionais e non se limita ao fútbol

Preparación técnica e convivencia son elementos fundamentais do campus ordense

Page 23: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

OPiNiÓN

crónicas - Xullo 2014 23

Os paxariños da Alameda

O xardineiro preguntou se unha roseira pode sobrevi-vir se a poda en setembro. Máis que saber se supera-

ría o inverno, que el pensa que si, interésalle saber se volvería fl ore-cer coa mesma forza na primavera. Os paxariños xa non saben se é un xardineiro inxenuo ou máis ben un afeccionado ignorante.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

A verdade é que parecen cousas do cambio climá-ti co. O trompeteiro xa co-mentou que o moucho pur-

purado está en perigo de exti nción, aínda que habería que corrixilo por-que en realidade está cambiando de hábitat e xa hai tempo que está ben aclimatado.

Xa falamos da ave de plu-maxe variable e lacosteada o mes pasado. E está claro

que o seguiremos facendo sempre que nos dea a gana, por moito que lle amole. Ou será que non lle mo-lesta pero quere aparentar que si para facerse ver desde o seu pedes-tal? Porque o de facerse ver gústa-lle moito, tonalizando cada pluma segundo a cor coa que amenza o día e agardando o aplauso virtual da plebe. Como se non o coñece-sen! Como se non soubesen da súa traxectoria! Como se non deixase entrever claramente o que pensa entre tanta falsidade! Moita apa-riencia, moito disfrace, pero dema-siado visto está o paxaro para non saber que voa mal e que, posto ao sol, pérdese polo pico.

O parrulo de río, que ti vo que cambiar de chaqueta de boas a primarias, anda coa auga ao pescozo. Eso

ben se sabe. Pero o que lle pre-ocupa agora é non facer pé. Desde que se ti rou ao embalse sen co-ñecer a profundidade, agora cada chapuzadura é pura intriga. E os parruliños pouco lle axudan, abrí-ganse tanto baixo as súas ás que corren o risco de ir todos ao fondo con tanto peso e tan pouco esforzo. Intelectual, sobre todo. Os fl otado-res que uti liza son tan fuleros que dan pena, pero a corte rillos e en-tón todo parece ir ben. É a fábula do rei encoiro, pero neste caso non haberá nenos que se chiven porque xa se encargaron de encherlles an-tes os petos de carameliños...

Por certo, o gabián adver-ti u estes días da presenza dun chacurú pola con-torna. De novidoso esto

non ten máis que a miopía do ga-bián, porque tal paxaro hai moito que dá voltas pola zona. Que llo pregunten á pomba, o farta que está de aturar os hábitos e compor-tamentos do paxaro, medio rapi-ñentos medio carnavalescos.

E o remate é para outro chacurú, este máis recente no ecosistema autóctono e ao mando da familia de

guacamaios, ou dando a cara por eles. Se se molesta por algunhas le-tras, ou ben non as interpreta ben ou ben non sabe aínda o que son as drogas duras. Coidadiño, vagoneta!

Page 24: Cronicas comarcadeordes n7 xullo2014

CrónicasCrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 18-07-2014. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Camión do lixo Lavado de rúas Camión basura Transporte de residuos

Camión lavacontedores

barredoraXestión de punto limpoMovemento de terras

Camión RSU

Tractor desbroce

GRUPO

Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDAOficina: 981 693 072 / 639 200 204 - [email protected]

Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es

Abrir novos mundos a partir de paredes vellas. Este é o propósito do Festival Internacional DesOrdes Crea-tivas, que estes días volveu ás rúas de Ordes. Trátase dunha iniciativa que pouco a pouco está mudando o as-pecto da vila, ao substituír muros, fa-chadas e outras superficies grises ou balorecidas por murais artísticos con

motivos moi imaxinativos e repletos de cor.

Este ano, o evento interviu en di-versos muros cedidos por veciños, algún con practicamente vinte me-tros de altura, e tamén nalgúns edi-ficios públicos, como a residencia da terceira idade e mesmo a nova casa consistorial, onde se prevé que unha

referencia internacional no ámbito da cultura urbana, Axel Void, plasme unha das súas creacións nunha das paredes.

A presenza de Void non é nin moito menos unha excepción neste evento. Artistas que asinan como Aryz, Sekone, Sr. X., Tayone, Minia, Nada e L.E.O. son os protagonistas da que é xa a quinta edición de DesOr-des Creativas. O festival reforza así o seu carácter internacional e sitúase no mapa deste tipo de iniciativas que pretenden combater o feísmo urbano e rexenerar os espazos públicos. Está organizado pola asociación Cultivarte e o estudo creativo Mutante, coa co-laboración do Museo do Traxe Juanjo Liñares, o Concello de Ordes e diver-sas empresas e entidades.

Aínda que no último treito do fes-tival o tempo se torceu un pouquiño, no resto dos días os artistas tiveron a oportunidade de traballar con sol e temperaturas altas, o que facilitou o avance rápido cos seus traballos. Dar un paseo pola vila permite descubri-los e redescubrir alunhas zonas que ata agora os ollos tendían a evitar.

Mais non todo foi esforzo crea-

tivo, xa que tamén tiveron tempo para unha sonora festa de despedida. Tivo lugar este sábado 19 na sala or-dense Jatopús, coas actuacións de Mou Pinchadiscos, Croma e Supha-can Selector. E tamén sortearon lotes de obras gráficas de distintos partici-pantes no festival, serigrafías de edi-ción limitada ou un cadro, despois dunha venda de rifas que destina os seus beneficios a financiar os murais.

ORDES O Festival DesOrdes Creativas combate con imaxinación o feísmo das fachadas grises e balorecidas

A arte de maquillar unha vila

Axel Void, nun lateral do xeriátrico

Unha das creacións do festival do ano pasado, nunha fachada á saída de Ordes