8
Miguel Anxo Fernán-Vello Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados

Fernán vello

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Fernán vello

Miguel Anxo Fernán-Vello

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Page 2: Fernán vello

Lembro determinadas cousas da miña nenez en Cospeito que están asociadas a un estado difuso dominado pola sombra. Percibíase no ambiente, na sociedade, un mesto silencio (un silencio de pedra) e ao mesmo tempo existía tamén, digámolo así, unha certa “violencia” ambiental. Eu fun un adolescente que obtivo un excelente refuxio na lectura —fun lector compulsivo de libros— e coido que á altura dos 15 ou 16 anos xa tiña unha idea máis ou menos formada da miña posición cívica e política: antifascista, nacionalista galego de esquerdas e, no eido da creación literaria futura (os primeiros poemas escribinos con 11 anos), con absoluta conciencia do idioma galego como vehículo necesario para me expresar vital e literariamente.

M.A. Fernán-Vello

1. Que lembra Vostede daqueles seus primeiros anos inmiscido naquela “Longa noite de pedra” e que supuxeron aquelas circunstancias para o seu pensamento e obra futuros?

2. Como se pode entender a súa formación académica en tres especialidades un tanto diverxentes mais que posibelmente tivesen unha importancia capital no seu mundo poético?

Estudei Psicoloxía —os tres primeiros anos (primeiro ciclo) no denominado Colexio Universitario da Coruña— porque sempre me interesou a conduta do ser humano. Estudei tamén algúns anos de Filoloxía Hispánica, por razóns obvias: as letras, as palabras, o literario. E realicei tamén estudos de Música e Guitarra Clásica no Conservatorio da Coruña, porque eu, en realidade, quería ser músico, concertista. Cheguei a dar dous concertos de Guitarra nunha sala con público, mais posteriormente acabei abandonando unha carreira, a musical, que esixía unha dedicación temporal absoluta.

3. Os seus primeiros éxitos literarios viñeron da man do teatro. Como se pode xustificar o seu abandono prematuro deste xénero literario? Fernán Vello con X.L Mendéz Ferrín y X.M

Álvarez Cáccamo

Pois é certo. Escribín teatro, varias obras breves, que foron premiadas no seu día pola Escola Dramática Galega. Despois viñeron outras obras, unha delas estreada polo Centro Dramático Galego no ano 1991, “A casa dos afogados”. E houbo, si, certo abandono posterior do xénero. Mais teño algunhas obras inéditas e outras en proxecto. Nos últimos tempos volve “tirar” de min o teatro, e haberá sorpresas.

Page 3: Fernán vello

Tiven a sorte de manter unha fonda amizade tanto con Manuel María como con Uxío Novoneyra, persoas entrañábeis e inesquecíbeis para min. Tamén fun amigo fraterno de Antón Avilés de Taramancos e mantiven unha intensa amizade —outra figura entrañábel e admirada— con don Ricardo Carvalho Calero. Todos eles influíron en min, no plano humano, principalmente. Mais no propiamente literario —aínda que poida existir algún “contacto” ou “diálogo” de carácter estético—, creo que tanto Manuel María como Novoneyra non forman parte das liñas poéticas profundas que conforman a miña obra.

M.A. Fernán-Vello

4. É coñecida a súa fonda relación especialmente con dous dos vates fundamentais da nosa lírica contemporánea como foron Uxío Novoneyra e Manuel María. Que importancia tiveron estes dous autores na súa obra futura? Que outras influencias deixaron pegada na súa literatura?

5. Que espazo ocupou e ocupa a música na súa vida? Que importancia tivo e ten esta arte na súa obra poética?

A música para min é unha forma de alimento espiritual, unha necesidade constante e permanente. Non concibo a poesía sen “respiración rítmica”, sen exhalación sonora, sen aura musical profunda. Eu teño que dicir que non concibo a vida sen música e sen poesía. E a poesía sen alento musical non é propiamente poesía, é outra cousa.

Fernán Vello con Manuel María e Saleta

6. É tan fondo o seu amor pola lírica como para seguir a loitar por esa exemplar editorial como é Espiral Maior cando sabemos que o rendemento económico da lírica non é para nada semellante á edición doutros xéneros?

Talvez iso de ser “editor de poesía” teña que ver cunha certa forma de destino persoal, cheo de luces, poucas, e de sombras, moitas. Ao longo dos anos —xa se cumpriron vinte— levo perdido moitos cartos nesa empresa. Estou canso, fatigado e, dadas as circunstancias que imperan na actualidade, pensando en desaparecer dignamente. Se non cambian as cousas. Veremos.

7. Vostede participou e obras de conversas con Ricardo Carbalho Calero ou con Xosé Manuel Beiras, así como tamén a súa editorial sacou á luz as conversas do noso veciño Xosé Luna con Francisco Pillado Maior. Pode ser que este apartado de “conversas”, abondo esquecido na nosa cultura, se debería promocionar máis? Que importancia cre Vostede que ten este formato?

Despois de publicado o libro “Conversas en Compostela con Carballo Calero”, no ano 1986, houbo entre nós un certo florecemento deste “xénero” literario. E eu creo que este “formato” é de gran utilidade, como se ten demostrado, se se leva a cabo con rigor e con densidade xornalística e literaria.

Page 4: Fernán vello

Teño libros traducidos ao italiano (3 títulos neste idioma, algo curioso), ao francés, ao catalán, ao castelán e ao alemán, e está agora mesmo en marcha a edición dun libro meu traducido ao albanés. Eu sempre tiven sorte cos meus tradutores a outros idiomas, pois a maioría deles son poetas ou escritores, e mantiveron en todo momento unha alta esixencia no plano lingüístico e estético. E teño coñecemento, a través de diversas críticas realizadas, da recepción lectora —sempre excelente, por sorte— que as diversas traducións atinxiron.

M.A. Fernán-Vello

8. Algunha obra poética súa foi traducida a outros idiomas. Non cre que realmente unha obra poética pode perder moito de seu ao pasar a estar escrita noutros idiomas nos cales non foi concebida?

9. Recibiu Vostede múltiples premios a nivel galego e español. Cal pode ser a importancia destes premios para a literatura dun país?

Os premios son un “accidente” positivo na vida e na traxectoria literaria dun autor. E, ademais de cumpriren un certo papel de mecenado, si é certo que axudan a prestixiar non só a obra dun escritor senón tamén a literatura con “denominación de orixe” á que pertence.

10. Que pode supoñer para un autor teatral ver a posta en escena dunha obra súa nin máis nin menos que polo Centro Dramático Galego e dirixida polo insigne Manuel Lourenzo?

Foi aquel un momento para min de gran intensidade como dramaturgo. Eu admiro moito a personalidade de Manuel Lourenzo, talvez a figura teatral máis importante, no sentido máis amplo e completo, de toda a historia de Galicia. E quero lembrar aquí tamén de xeito moi especial a música de Manuel Balboa, un gran amigo e gran compositor xa falecido, que foi composta expresamente para a miña obra de teatro.

Fernán Vello con Joaquín Sabina

Page 5: Fernán vello

M.A. Fernán-Vello

11. O noso Centro é un centro moi comprometido con outros mundos como pode ser co pobo saharauí (Obra de “Dairas” que Vostede coñece) o mesmo que Vostede tamén amosa o seu compromiso desde páxinas como as de “Altermundo”. Que bota de menos do compromiso desta sociedade capitalista cos mundos menos desenvolvidos?

As sociedades capitalistas son sociedades que foron construídas con formas e actuacións que eu denomino de “barbarie”. E mantéñense seguindo formas ou modelos nesta mesma liña: explotación, espolio, dominación, prostración e alienación do individuo. Como ben se sabe, a fenda existente entre ricos e pobres segue ampliándose e o futuro do planeta —velaí a contaminación en todas as súas formas— está en perigo. Eu quero expresar aquí a miña admiración polo labor de información, de humanización e de concienciación que realiza o IES MANUEL GARCÍA BARROS e en particular o profesor Carlos Loureiro Rodríguez. E tamén hai que felicitar ao profesor Miguel Carbajal pola creación dese magnífico agasallo audiovisual que é “Dairas” (libro incluído) e a todos os alumnos e alumnas de “Literatura Galega do Século XX e da actualidade”, un conxunto moi activo e intelixente de rapaces e rapazas que son un verdadeiro motivo de esperanza e de éxito no futuro.

12. E para rematarmos, como enxerga Vostede o futuro da nosa Literatura? E da nosa Lingua?

O futuro da Lingua de noso, da Lingua Propia de Galicia, está nas mans do pobo galego, da sociedade galega. Temos na actualidade

unha Literatura que no seu conxunto está á altura de calquera outra expresión literaria europea. A República das Letras Galegas, así

dito, goza de excelente saúde. Outra cousa é o estado do idioma galego na sociedade, nos medios de comunicación, nas diversas

administracións, no comercio, no ensino, na vida pública en xeral. ¿Deixará o pobo galego morrer o seu idioma? ¿Un idioma, ademais,

que é pai e nai do portugués, nada menos? Aí fica a pregunta.

Fernán Vello con Uxío Novoneyra

Page 6: Fernán vello

CUESTIONARIO

Page 7: Fernán vello

A antiga Mesquita

de Córdoba.

Un monumento

salientábel?

Rosalía de Castro.

“Follas Novas”.Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

As “Comedias Bárbaras” de Valle Inclán.

Unha obra teatral?

Manuel Antonio. Albert Camus.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Goethe. “Poesía e

Verdade”.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiro

s?

Ningún.

Un personaxe de ciencia-

ficción co que se identifique?

“O ceo sobre Berlín” de Wim Wenders.

Unha película de cine

Page 8: Fernán vello

Retirarme a un lugar onde

reine o silencio.

Un anceio por realizar?

A conversa humorística cos

amigos.

Outro entretemento

ademais da literatura?

Unha sabia combinación

dos dous mundos e dos

dous ámbitos.

Mundo rural/urbano?

Praia/montaña?

Sempre hai que visitar París e as súas librarías. Para descansar, calquera lugar onde reine o silencio.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

Unha Revolución que

aínda está por vir.

Un feito histórico?

Voar utilizando os

meus brazos como

remos aéreos.

Unha utopía?

O escritorio da miña casa. Unha

terraza con vistas ao mar. Un luar

na lubre. Un vello café en París. A

cama onde se dorme.

Un lugar axeitado para a lectura?

Clásica ou contemporánea, calquera que vaia directamente ao cerebro e ao corazón.

Un tipo de música? Unha canción?

O meu querido e inesquecíbel Antón Avilés

de Taramancos.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?