14
AS INSTITUCIÓNS DE ESPAÑA E AS DE GALICIA 5º EP

12 organización de españa

  • Upload
    roberto

  • View
    73

  • Download
    0

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Organización de España 5º EP

Citation preview

Page 1: 12 organización de españa

AS INSTITUCIÓNS DE ESPAÑA E AS DE GALICIA

5º EP

Page 2: 12 organización de españa

O TERRITORIO DE ESPAÑA

España atópase no hemisferio norte.

Está ao suroeste do continente europeo.

O seu territorio está formado pola maior parte da península Ibérica, as illas Canarias, as illas Baleares, e as cidades de Ceuta e Melilla.

Page 3: 12 organización de españa

ESPAÑA: UN ESTADO DEMOCRÁTICO

A organización política do estado Español é democrática.

É o pobo español quen, mediante o voto, elixe libremente aos seus representantes,en eleccións libres e de forma periódica.

Page 4: 12 organización de españa

A CONSTITUCIÓN

En 1978 aprobouse a lei máis importante que ten España, a Constitución. Todas as demais leis de España teñen que estar de acordo con ela. A Constitución é un texto legal que recolle aspectos coma os seguintes:

Algúns dos dereitos e dos deberes dos españois

A forma de Estado.

A organización das institucións.

Page 5: 12 organización de españa

Algúns dos dereitos e dos deberes dos españois.

Dereito á vida e prohibición da pena de morte

Dereito á educación

Dereito á protección da saúde

Liberdade para escoller relixión

Liberdade de circular dentro de España

Deber de cumprir as leis

Deber de pagar impostos

Page 6: 12 organización de españa

A organización das institucións

A constitución establece como institucións fundamentais:

O Goberno Os tribunais de xustiza

A Coroa As cortes Xerais

Page 7: 12 organización de españa

A Coroa

España é unha monarquía porque o xefe do Estado é o Rei.

O Rei non toma decisións políticas, senón que acepta as decisións das Cortes Xerais, por iso a forma política do Estado chámase monarquía parlamentaria.

Unha das funcións do rei é representar a España noutros países

Tratase dun cargo vitalicio e hereditario

Page 8: 12 organización de españa

As Cortes Xerais

As Cortes Xerais representan aos españois e están constituídas por dúas cámaras: o Congreso dos Deputados e o Senado.

Encárganse de elaborar e aprobar as leis e de controlar os actos do Goberno.

Os seus membros son elixidos cada catro anos polos cidadáns españois maiores de dezaoito anos nas eleccións xerais.

Elaboran e aproban leis Controlan ao Goberno

Page 9: 12 organización de españa

O goberno

A institución que se encarga de dirixir o Estado, de acordo coas leis aprobadas polas Cortes Xerais, é o Goberno.

O Goberno está formado polo presidente e os ministros.

O presidente. É elixido polo Congreso e nomeado polo rei. Encárgase de dirixir e coordinar o Goberno.

Os ministros. Son propostos polo presidente do Goberno e nomeados polo rei. Eles ocúpanse de colaborar co presidente en distintas áreas, como a economía, a sanidade, a investigación, a defensa, a cultura e o medio natural.

O goberno dirixe a política interior e exterior

O goberno dirixe a administración civil e militar

Page 10: 12 organización de españa

Os Tribunais de Xustiza

A institución que se encarga de facer cumprir as leis e de xulgar aos que non as cumpren son os Tribunais de Xustiza. Os tribunais están constituídos por xuíces e maxistrados.

En España os tribunais máis importantes son o Tribunal Supremo e o Tribunal Constitucional

Page 11: 12 organización de españa

COMO SE ORGANIZA O TERRITORIO DE ESPAÑA

O territorio de España está organizado en 17 Comunidades e dúas Cidades Autónomas.

As Comunidades están formadas por provincias.

Á súa vez, o territorio de cada provincia está dividido en municipios.

Page 12: 12 organización de españa

A COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Galicia é unha das 17 comunidades de España.

Está formada por catro provincias e ten a súa capital en Santiago de Compostela.

Ten un estatuto de autonomía e unhas institucións propias.

Page 13: 12 organización de españa

O ESTATUTO DE AUTONOMÍA

O Estatuto de Autonomía de Galicia aprobouse no ano 1981.

É a lei mais importante de Galicia despois da Constitución.

No Estatuto defínense:O nome da comunidade

O territorio que comprende.

Os seus símbolos: bandeira, escudo e himno.

A organización das institucións de goberno e as competencias.

Page 14: 12 organización de españa

AS INSTITUCIÓNS DE GALICIA

A comunidade galega ten unhas institucións de goberno propias:

O parlamento de Galicia

O presidente da Xunta

O goberno da Xunta

Parlamento de Galicia