5

Maryammirzakhani

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Maryammirzakhani
Page 2: Maryammirzakhani

Matemática iraniana nacida en 1977, foi a primeira muller e primeiro iraniano en gañar a prestixiosa medalla Fields, coñecida como o Nobel das Matemáticas. Traballa en xeometría do espazo curvo e co seu orixinal estilo revolucionou a matemática moderna.

Maryam MirzakhaniA revolución pausada

Page 3: Maryammirzakhani

Maryam Mirzakhani – A revolución pausada

Investiga a dinámica e a xeometría de superficies curvadas, as chamadas superficies de Riemann. No espazo curvo non son válidas moitas regras de xeometría elemental, como por exemplo, que a distancia máis curta entre dous puntos sexa a liña recta. As contribucións de Maryam solucionaron paradigmas fundamentais e estableceron conexións inesperadas entre algúns dos problemas máis difíciles en Matemáticas.

Parte da orixinalidade de Maryam derívase da súa capacidade para resolver problemas combinando principios de distintas áreas matemáticas (álxebra, xeometría, cálculo).

Considérase unha persoa lenta e perseverante. Non lle atrae resolver problemas con rápida brillantez, senón profundar neles. ”Despois duns meses ou uns anos, descobres aspectos inesperados nun problema.” Dos seus resultados dise que son obras titánicas que pasan directamente aos libros de texto. A súa investigación sobre as traxectorias das bólas de billar en colaboración con Alex Eskin abriu unha nova era en Matemáticas.

“Encántame romper as fronteiras imaxinarias que a xente establece entre distintas áreas. É refrescante.”

“[O meu traballo] é divertido, é como resolver un puzle, ou ir unindo as pistas nun caso detectivesco.”

Page 4: Maryammirzakhani

Maryam Mirzakhani – A revolución pausada

No seu primeiro ano na escola secundaria, o seu profesor de matemáticas non apreciaba o seu talento e obtivo malos resultados, o que minou a súa confianza. “A esa idade é crucial o que os demais ven en ti. Ese ano perdín o meu interese polas matemáticas.”

Lectora voraz, de nena quería ser escritora e inventaba historias de heroínas abocadas a un destino grandioso.

“Investigar en matemáticas é como escribir unha novela. […] A historia evoluciona, e cando volves a observar un personaxe, sorpréndeste de que é completamente diferente a como ti crías inicialmente.”

Maryam de nena

“Na escola secundaria pedimos á directora que nos ensinaran problemas de matemáticas idénticos aos das escolas masculinas.” A directora loitou por conseguilo, e a súa determinación marcou a Maryam. “Ensinoume que, se algo che interesa, non importa romper moldes.”

A súa casa está chea de enormes follas de papel nas que fai debuxos para profundar nas súas ideas.

Page 5: Maryammirzakhani

Maryam Mirzakhani – La revolución pausada

Estudos:- Estudos elementais na Escola Nacional para Talentos Excepcionais (NODET), Teherán. - 1999: Diplomatura en Matemáticas, Sharif University of Technology, Teherán, Irán.- 2004: Doutoramento en Matemáticas, U. Harvard Massachusetts, USA.

Postos profesionais:- 2004/8: Investigadora invitada, Instituto Clay de Matemáticas , Oxford, UK.- 2008/: Profesora asociada, U. Princeton, New Jersey, USA.- 2013-...: Profesora U. Stanford, California, USA

Premios notables:1994: Medalla de ouro nas Olimpíadas Matemáticas Internacionais.1995: Dobre medalla de ouro nas Olimpíadas Matemáticas Internacionais.2009: Premio Blumenthal da Sociedade Americana de Matemáticas.2013: Premio Satter da Sociedad Americana de Matemáticas.2014: Medalla Fields. Premio de investigación Clay, do Instituto Clay de Matemáticas, Oxford.

Está casada con Jan Vondrák, físico teórico computacional, e teñen unha filla.

A igualdade de xéneros en Matemáticas é un problema antigo e arraigado. En particular, a medalla Fields, que se concede a matemáticos menores de 40 anos, resulta difícil de acadar para as mulleres, que nesa idade interrompen a súa carreira para coidar dos seus fillos.

Thomas Linn. Quanta Magazine.Reportaxe sobre os gañadores da medalla Fields 2014.