28
Proxecto Curso 2014-15

Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

Proxecto

Curso 2014-15

Page 2: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Este curso comezámolo recibindo os diplomas que conseguimos cos nosos Pasaportes Solidarios do ano pasado. Nos pasaportes novos fumos com-pletando as actividades solidarias que fixemos no presente curso. Son moitas, porque somos nenos e nenas que non pensamos só en nós; estamos aprendendo a saber mirar o mundo e intentar cambialo.

E, por iso, así foi tamén como rematamos o curso: recibindo os novos diplomas.

Page 3: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Continuamos sendo un punto de recollida de tapós de plástico. Con este sinxelo xesto, que a nós cústanos tan pouco, axudamos a outros ne-nos e nenas que precisan tratamentos médicos para mellorar a súa calidade de vida.

Seguimos a colaborar co noso amigo Alex, pero unha parte dos nosos tapóns vai tamén pa-ra Alba La Promesa.

Page 4: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Esta cadeira lémbranos que hai moitos nenos e nenas no mundo aos que se lles nega o seu dereito á educación. Da man da negación dese dereito fundamental vai a ne-gación do recoñecemento do resto de dereitos. Os nenos e as nenas do CEIP. Os Casais non queremos olvidar isto, por iso, a nosa cadeira acompañou-nos durante o curso. Ao principio tivemos que andar ben atentos para descubrir onde a tíñamos, porque andou de acó para acolá; non per-deu recuncho onde estar. Non soubemos se andaba a xogar ás agachadas con Micabigotes ou só quería despistarnos. Pero non. Iso non foi posible. Sempre a atopa-mos, porque estamos moi atentos de non perdela de vista. Non quere-mos esquecela; nin a ela nin a tódo-los millóns de nenos e nenas que representa.

Page 5: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

O Servicio de Solidariedade SOS África é unha organización humanitaria recoñeci-da polo Estado. Foi fundada no ano 1992 para promover a solidariedade hacia o continente africano. Dende entón traballa incansablemente cos propios afectados para mellorar as condicións de vida da poboación, particularmente dos nenos e das nenas, a través do apadriñamento e os proxectos de desenvolvemento humano inte-gral no campo da educación, a cultura, a sanidade, a agricultura e no terreo da pro-moción e valoración das culturas autóctonoas. En Europa promove a solidariedade con coñecemento de causa baseada na visión positiva da realidade de África, das súas culturas e das súas xentes. No CEIP. Os Casais participamos nas campañas que nos proponen, de recollida de roupa e calzado usados, que sirven para recaudar fondos para apoiar os proxec-tos que están a desenvolver en Guinea Ecuatorial, Sur de Sudán, Senegal, Etiopía e Angola.

Page 6: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Un ano máis, os alumnos e alumnas máis pequenos de primaria participaron no blogue REDECMiniverso, de Entreculturas, aportando as súas ideas sobre o coidado do medioambiente, a igualdade ou a importancia da participación para construir unha cidadanía responsable. No Miniverso aprendemos que todos somos diferentes, pero iguais en dereitos. Todos somos importantes. Todos contamos, todos aportamos.

Page 7: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Tamén recollimos roupa para a ONG Global Humanitaria, que, dende 1999, traballa na coope-ración internacional e na defen-sa dos dereitos da infancia, fa-vorecendo procesos de desen-volvemento que garantan a igualdade de oportunidades das persoas e dos pobos.

Page 8: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Sabemos o importante que é coidar o medioambiente. Por iso esforzá-monos en recoller elementos contaminantes (como as pilas) para que a súa eliminación sea a correcta e menos lesiva para o planeta. Poñemos tamén moito coidado na reciclaxe, para que os residuos que produce o noso consumo poidan ser reutilizados e así, xenerar menos contaminación e menos deterioro ambiental.

Page 9: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

No mes de outubro recibimos con alegría que lles fora concedido o Pre-mio Nobel da Paz a Malala Yousatzay e a Kailash Satyarthi, grandes defen-sores dos dereitos dos nenos e, no caso de Malala, en concreto das ne-nas. A propia Malala é un exemplo de que os nenos e as nenas tamén po-den contribuir a mellorar as situación de inxustiza e, polo tanto, é moi im-portante darlles voz.

Cando o 7 de maio Satyarthi visitou a cidade de A Coruña recollimos aten-tamente o máis importante da súa mensaxe.

Page 10: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Como todos os anos, no mes de novembro prestamos especial atención aos dereitos dos nenos, das nenas e dos adolescentes. Este curso a actividade conxunta que realizamos entre todos foi encher de de-reitos as siluetas da nena e do neno que nos prepararon @s compañeir@s de 6º e que, xunto coas cadeiras vermellas que todos pintamos e algunhas das grilan-das que recortamos, compuxeron este mural que estivo exposto durante un tem-po na entrada do cole.

Page 11: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Gústanos participar nas actividades que propón o noso Concello. E non podía faltar a nosa colaboración nesta. Se nos preocupan todos os ne-nos e nenas do mundo, como non ímos ocuparnos dos que están máis preto de nós?

Page 12: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

En decembro lembramos os Dereitos Humanos da man de Mafalda. Como este ano era o seu 50 aniversario achegá-monos á figura desta fantástica rapaza, tan reflexi-va e crítica coas inxustizas do mundo

Page 13: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Micabigotes, a nosa gata bibliotecaria, preparou un mercadiño de libros solidarios para realizar o último día de clase do 2014.

Foi todo un éxito!

Page 14: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Como este ano estivemos embarcad@s nun gran proxecto sobre o mar, o lema que escolli-mos para celebrar o 30 de xaneiro foi “Avante toda”, porque hai que navegar a toda máquina, a toda vela, cara a consecución da paz.

Fixemos moitas e moi dife-rentes actividades. Gustounos moito o Xogo das Estrelas do ximnasio. Foi moi divertido, interesante e pasámolo moi ben sendo unha tripulación e compartindo apertas.

Page 15: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Neste curso 2014-2015 foron os nenos e as nenas de 3º e 4º os que parti-ciparon na actividade de OXFAM-Intermón Conectandomundos. Formaron un equipo e chamáronlle @s Pacífic@s e aprenderon un montón de cousas sobre a igualdade, a dignidade, a xustiza e a solidarieda-de xogando con outros equipos de moi diferentes lugares. No seu grupo había colexios de Italia e Portugal.

Page 16: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Como tódolos anos continuamos traballando sobre os Obxectivos do desenvol-vemento do Milenio. Este ano, 2015, de maneira especial, porque era a data mar-cada para telos acadados.

Fixemos un pequeño video.

Adicámoslles o noso Amodiño.

Participamos no II Certame de MailArt do CPI Conde de Fenosa de Ares.

Page 17: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

No mes de febrero a nosa mirada foi cara aos nenos e nenas que son usa-dos como soldados. É este un problema moi grave que está a destruir a infancia e, en moitos, casos, a vida, de gran número de nenos e de nenas en moi diferentes lugares. Desgraciadamente, sempre os mais débiles son os que sofren as mais terri-bles consecuencias das graves inxusti-zas que temos espalladas polo mundo.

Page 18: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

VIOLENCIA DE XÉNERO No ano 2014 morreron en ESPAÑA

53 mulleres ás mans das súas parellas ou exparellas.

53 !!! Con iste dato parece imposible non encabezar a lista de países occidentais onde

iste problema é grave. Desgraciadamente, hainos todavía peores.

DINAMARCA LETONIA

FINLANDIA EEUU

Entre outras actividades, sumámonos ás iniciativas do Concello de Fene para traballar sobre a violencia de xénero, gran lacra da nosa sociedade.

Page 19: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Os nenos e as nenas de 5º e 6º fixeron unha actividade de investigación so-bre mulleres relacionadas co mar en diferentes ámbitos. Todos xuntos, de forma cooperativa, despois de facer esa actividade a través do correo electrónico, confeccionaron un mural, que colocaron no corredor, pa-ra conmemorar o 8 de marzo. A biografía das mulleres sobre as que traballaron foron incorporadas ao seu dossier de aula Mulleres para lembrar.

Page 20: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Un ano máis, os nen@s de 5º e 6º participamos no Con-curso ONCE, que vai xa pola súa 31 edición. Este concurso ten como finalidade concienciar sobre a diversidade funcional e a necesidade da inclusión. O lema deste ano foi Per-soas que pensan en persoas e presentamos a portada dun periódico con unha noticia sobre economía social.

Page 21: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Un ano máis contamos cos obradoiros da nosa amiga Paula. Paula é técnica de educación de EDUCO, unha ONG global de cooperación para o desenvolvemento que actúa a favor da infancia e na defensa dos seus dereitos,

de maneira especial o dereito a recibir unha educación de calidade. Traballan con nenos e nenas no seu entorno para promover sociedades máis

xustas e equitativas que garantan os seus dereitos e o seu benestar. Nós aprendemos con ela que, ainda que somos nenos e nenas, somos quen de

construir un mundo onde todos disfrutemos plenamente dunha vida digna. Depende de nós.

Page 22: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Dentro da Campaña Mundial pola Educación deste ano fixemos unha vo-tación en urna manifestando o noso apoio á educación universal, gratuita e de calidade para todos os nenos e nenas do mundo. Tamén montamos unha exposición de fotografías no Salón de Actos, que todos os cursos visitaron e na que aportaron as súas impresións e opinión.

Page 23: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Como durante todo este curso tra-ballamos sobre o mar, o noso mural cooperativo sobre o medioambiente dedicámosllo as illas. A contamina-ción e o cambio climático están a producir unha elevación do nivel do mar e as pequeñas illas sufren as consecuencias. Moitas destas illas son estados en desenvolvemento, son tamén luga-res dunha gran diversidade ecolóxi-ca, reservas de fauna e flora, e non podemos permitir que desaparezan. Coidar o planeta é necesario, por él e por nós.

Page 24: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

E, si aprendemos que é necesario coidar o mar en xeral, con razón deberemos coidar aquel que nos é máis próximo, o noso mar, o mar inmenso de Galicia. Por iso, unha das exposicións do CEIDA coas que contamos neste curso como apoio ao Proxecto Documental Integrado MAReANDO, da Biblioteca, tiña por tema esta importante cuestión.

Page 25: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Amigos de Osiseti ten a súa sede en Mallorca, pero conta cun grupo de apoio na cidade de A Coruña. Esta asociación colabora cos masai, en África, e ten aberta unha escola e un dispensario médico.

O número de alumnos da escola medra a ritmo exponencial. Cada ano e tamén maior a porcentaxe de nenas. Este curso abriron un comedor. Por iso fixemos unha recollida de culleres.

Page 26: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

No mes de abril, colaborando coas catro rapazas da Facultade de Ciencias da Educación que impartiron obradoiros na clase de 5º e 6º, organizamos un mercado matemático.

Elaboramos diferentes artigos, como pulseiras ou carterías, para intercambialas ou ben por cartos, ou ben por alimentos.

Todo o recaudado foi entregado ao Banco de Alimentos Rías Altas de Ferrol.

Page 27: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

Esta asociación componse de persoas voluntarias que apostan pola xustiza social e colaboran para favorecer a promoción dun sector da po-boación (drogodependentes) que vive na exclusión social. Dende esta entidade realizan programas e iniciativas innovadoras en materia de pre-vención, tratamento e adiccións, educación, desenvolvemento personal e social da xente nova.

Unha das actividades que fan para recaudar fondos é a Campaña de Recollida de Roupa. Todos os anos piden a nosa colaboración. Sem-pre chegan tarde, cando xa entregamos moita roupa a outras ONG. Pero sempre, sempre, levan. Rebuscamos nos armarios e atopamos.

Page 28: Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15

PROXECTO Somos quen

CURSO 2014-15

http//proxectosomosquen.blogspot.com.es

http://proxectosomosquen.blogspot.com.es/

E contamos tamén co blogue deste proxecto, ao que os alumnos e alum-nas de 6º foron subindo todas as actividades solidarias e de valores en xeral que realizamos no presente curso 2014-2015.