2

Click here to load reader

NP_Presentacion_FD

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Nota de prensa de presentación del proyecto 'Faite Dixit@l' en Santiago de Compostela, por parte de la Directora de Amtega, Mar Pereira.

Citation preview

Page 1: NP_Presentacion_FD

Comunicación da Xunta de Galicia 1 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: [email protected]

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica desenvolve este programa en colaboración con Academia Postal e Fundetec A AMTEGA PON EN MARCHA A INICIATIVA DE CAPACITACIÓN TECNOLÓXICA “FAITE DIXIT@L” CON MÁIS DE 160 ACTIVIDADES ATA DECEMBRO § Achegará aos participantes ferramentas e coñecementos para a configuración de

dispositivos móbiles, programación de aplicacións, estratexias de márketing online e uso da identidade dixital e servizos telemáticos das administracións

§ Contempla actividades complementarias como un concurso de aplicacións móbiles, seminarios de expertos, casos de éxito e presentacións “PechaKucha”

§ Realizarase a través da rede de aulas CeMIT e ampliarase a outras zonas sen centros da Rede grazas á colaboración dos GDRs e da Asociación de Redeiras

§ A inscrición pode realizarse a través da Rede Cemit a partir do cinco de setembro Santiago, 30 de agosto de 2014.- O vindeiro 22 de setembro, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración con Academia Postal e Fundetec, pon en marcha a iniciativa Faite Dixit@l, un itinerario de capacitación tecnolóxica orientado a ofrecer aos participantes ferramentas e coñecementos que favorezan a empregabilidade, o emprendemento e a adquisición de novas competencias dixitais. Faite dixit@l está aberto a todo mundo e contempla máis de 150 actividades gratuítas ata o mes de decembro, superando as 500 horas de duración. A iniciativa foi presentada esta mañá pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, o coordinador de proxectos de Academia Postal, Miguel Caneda e a xerente de proxectos de Fundetec, Lourdes Iglesias. Actividades e inscrición O itinerario ofrece como actividades centrais bloques temáticos sobre a configuración de dispositivos móbiles e a programación de aplicacións, sobre ferramentas web 2.0 para o desenvolvemento de contidos especializados no eido da sociedade da información e sobre estratexias de marketing online e a súa aplicación no eido do comercio electrónico e de vendas por internet. Outros módulos máis orientados a obter o máximo proveito das TIC son os que se centran no uso de la identidade dixital e dos servizos electrónicos das administracións públicas. Cada unha destas actividades terá unha duración entre 25 e 30 horas, repartidas en sesións diarias de 4 horas en edicións a través do sistema de videoconferencia do que dispoñeen as aulas CeMIT, e que contarán con edicións de mañán ou tarde para favorecer a asistencia dos interesados. Os contidos destas actividades están específicamente deseñados para o proxecto e os usuarios terán a súa disposición asesoramento para avaliar a súa evolución. Os interesados en sumarse á Faite Dixit@l poderán inscribirse a partir do cinco de setembro nas aulas da Rede Cemit e a través da web, www.cemit.xunta.es, onde atopará a información desta inicitiva dispoñible tamén a través nos canais de Faite Dixital en Facebook. e Twitter.

Page 2: NP_Presentacion_FD

Comunicación da Xunta de Galicia 2 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: [email protected]

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

Ademais Faite Dixit@l ofrece actividades complementarias como seminarios de expertos a través da fórmula “PechaKucha”, presentacións creativas de curta duración sobre experiencias no eido das TIC así como casos de éxito e seminarios de mentores dixitais. Ademais convocarase un concurso de aplicacións móbiles, cuxo prazo se abrirá o 6 de outubro. Estas actividades, que ofertan máis de 2.000 prazas, realizaranse a través da Rede de Aulas CeMIT que coordina a Amtega e que conta con 98 centros en 92 concellos. Para ampliar o seu alcance territorial Faite Dixt@l conta coa colaboración dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs) e da Asociación de Redeiras de Galicia, que axudarán a difundir a iniciativa e a ampliar o alcance destas actividades de xeito presencial naquelas localidades sen aulas CeMIT. Incrementar a capacitación dixital da cidadanía, obxectivo da nova Axenda Dixital A directora da Amtega explicou que esta esta iniciativa enmárcase nun dos obxectivos principais da nova Axenda Dixital de Galicia 2020 que estamos a elaborar: “a de Incrementar a capacitación dixital das persoas, acadando a plena integración das TIC na práctica educativa e posibilitando a inclusión dixital de toda a cidadanía.” Este obxectivo busca avanzar nas liñas de actuación desenvolvidas ata agora pola primeira Axenda Dixital de Galicia 2014.gal que puxo en marcha iniciativas como Abalar no eido educativo e a rede de aulas CeMIt, chave nesta iniciativa. Unha rede que suma 98 aulas en 92 concellos, e que está presente nas 53 comarcas galegas. En tres anos leva impartida máis de 123.000 horas de formación TIC gratuíta e conta con máis de 37.300 usuarios rexistrados. Ofrece cursos de alfabetización dixital para os colectivos con máis dificultades de acceso ás TIC e tamén formación especializada para profesionais. SAÚDOS, COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA