54
1/3 Edificio FEUGA. Despacho 20. Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela 981 553 363 – [email protected] www.colefgalicia.com – CIF Q3678001C Ilustre Colexio Oficial de Licenciadas/os en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2017 ACTA Na cidade de Pontevedra, sendo as 11:45 horas do día 4 de febreiro de 2017, iníciase a Asemblea Xeral Ordinaria do COLEF Galicia coa comparecencia das seguintes 9 persoas colexiadas: Blanco Pereira, Eduardo Fabeiro Agraso, David Fernández Fernández, Alexandre Pena García, Xurxo Manuel Roca Moro, Elena Rodríguez Pantín, Henrique Xoán Roig Regueira, Xoana Silva Piñeiro, Roberto Vilela Millón, Olalla O Presidente do COLEF Galicia, Henrique Pantín, saúda aos asistentes e dá inicio á Asemblea Xeral Ordinaria, segundo a orde do día fixada na súa convocatoria. 1. Elección para cargo vacante de Tesoureiro da Xunta de Goberno. Non se realiza a votación ao non se ter presentado candidatura algunha ao cargo vacante. 2. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria do venres 11 de marzo de 2016. O Secretario do COLEF Galicia, Alexandre Fernández, dá lectura á acta da anterior Asemblea de 11 de marzo de 2016 (documentación anexa) que, ao non producirse obxección algunha á mesma, é aprobada por unanimidade de todos os presentes. 3. Informe do Presidente sobre a actividade colexial desenvolvida durante o pasado exercicio. O Presidente volve a tomar a palabra para expoñer as principais actividades recollidas na memoria 2016 do COLEF Galicia (documentación anexa): Xuntas de goberno e asembleas. Relacións con administracións e universidades. Representación en entidades participadas (Consejo COLEF e Unión Profesional de Galicia). Encontros con formacións políticas e asociacións. Eventos organizados e coorganizados. Defensa profesional. Novos convenios. Formación continua.

20170204 asemblea acta - colefgalicia.com · - Promocionáronse as apañas: ^Po v o teu vú uero de olexiado/a e ^Día Mu vdial da A ti Àidade Físi a. - Púxose en marcha un grupo

Embed Size (px)

Citation preview

1/3 Edificio FEUGA. Despacho 20. Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

981 553 363 – [email protected] – www.colefgalicia.com – CIF Q3678001C

Ilustre Colexio Oficial de Licenciadas/os en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2017

ACTA

Na cidade de Pontevedra, sendo as 11:45 horas do día 4 de febreiro de 2017, iníciase a Asemblea Xeral

Ordinaria do COLEF Galicia coa comparecencia das seguintes 9 persoas colexiadas:

� Blanco Pereira, Eduardo

� Fabeiro Agraso, David

� Fernández Fernández, Alexandre

� Pena García, Xurxo Manuel

� Roca Moro, Elena

� Rodríguez Pantín, Henrique Xoán

� Roig Regueira, Xoana

� Silva Piñeiro, Roberto

� Vilela Millón, Olalla

O Presidente do COLEF Galicia, Henrique Pantín, saúda aos asistentes e dá inicio á Asemblea Xeral

Ordinaria, segundo a orde do día fixada na súa convocatoria.

1. Elección para cargo vacante de Tesoureiro da Xunta de Goberno.

Non se realiza a votación ao non se ter presentado candidatura algunha ao cargo vacante.

2. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria do venres 11 de marzo de

2016.

O Secretario do COLEF Galicia, Alexandre Fernández, dá lectura á acta da anterior Asemblea de 11 de

marzo de 2016 (documentación anexa) que, ao non producirse obxección algunha á mesma, é aprobada

por unanimidade de todos os presentes.

3. Informe do Presidente sobre a actividade colexial desenvolvida durante o pasado exercicio.

O Presidente volve a tomar a palabra para expoñer as principais actividades recollidas na memoria 2016

do COLEF Galicia (documentación anexa):

� Xuntas de goberno e asembleas.

� Relacións con administracións e universidades.

� Representación en entidades participadas (Consejo COLEF e Unión Profesional de Galicia).

� Encontros con formacións políticas e asociacións.

� Eventos organizados e coorganizados.

� Defensa profesional.

� Novos convenios.

� Formación continua.

2/3 Edificio FEUGA. Despacho 20. Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

981 553 363 – [email protected] – www.colefgalicia.com – CIF Q3678001C

Ilustre Colexio Oficial de Licenciadas/os en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia

� Ampliación do equipo profesional.

� Campañas e comunicados.

� Conversas con colexiados

� Outras iniciativas e actividades.

4. Exame e votación da conta xeral de gastos e ingresos do exercicio 2016.

Perante a vacante no cargo de Tesoureiro do COLEF Galicia, o Presidente e o Xerente Roberto Silva

informan sobre as contas anuais de 2016 (documentación anexa), elaboradas pola xestoría segundo o

Plan Xeral de Contabilidade, e que se atopan incluídas na documentación facilitada aos asistentes.

Sométese a votación a conta xeral de gastos e ingresos do exercicio 2016 e apróbase por unanimidade

dos presentes (9 votos).

5. Informe do plan anual proposto pola Xunta de Goberno do COLEF Galicia para 2017.

O Presidente expón as principais liñas de traballo do Plan Anual 2017 (documentación anexa), aprobado

pola Xunta de Goberno na súa última reunión, coa intención de seguir mellorando progresivamente os

servizos prestados á cidadanía e á colexiación, así como conseguir unha maior visibilidade do noso

colectivo na sociedade. Concretamente, defínense os obxectivos para as seguintes áreas de actuación:

formación, defensa profesional, persoal, proxectos, recursos informáticos e dixitais, entidades,

captación, medios de comunicación, convenios, estatutos, elementos corporativos, e alumnado en

prácticas.

6. Exame e votación das cotas de colexiación, e das súas correspondentes promocións, para o

exercicio 2017.

Preséntanse a proposta de cotas de colexiación elaborada pola Xunta de Goberno (documentación

anexa) que, logo da suba de 9€ na cota anual para colexiados exercentes aprobada na pasada Asemblea

(os 8 exercicios anteriores non se produxo modificación algunha), manteríanse nas mesmas cantidades.

En todo caso, exponse o consenso na Xunta de Goberno en relación á conveniencia de adaptar as cotas

de xeito máis gradual nos próximos anos. En canto ás promocións nas cotas colexiais, inclúese como

novidade a gratuidade da cota de alta para parados.

Sométense a votación as cotas de colexiación, así como as súas promocións, para o exercicio 2017 e

apróbanse por unanimidade dos presentes (9 votos).

7. Exame e votación do orzamento aprobado pola Xunta de Goberno para o exercicio 2017.

Exponse o orzamento presentado pola Xunta de Goberno para o ano 2017 (documentación anexa), que

toma como referencias básicas a conta xeral do pasado exercicio e o Plan Anual 2017.

Sométense a votación e apróbase por unanimidade dos presentes (9 votos).

8. Lectura, discusión e votación das proposicións presentadas segundo o disposto no artigo 50 dos

Estatutos do COLEF Galicia.

Non foi presentada proposición algunha.

3/3 Edificio FEUGA. Despacho 20. Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

981 553 363 – [email protected] – www.colefgalicia.com – CIF Q3678001C

Ilustre Colexio Oficial de Licenciadas/os en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia

9. Rogos e preguntas.

Eduardo Blanco, como colexiado e presidente da Asociación Galega de Xestores Deportivos, informa

que en dúas semanas manterá unha reunión na FEGAMP e ofrece a posibilidade de que o Presidente do

COLEF Galicia o acompañe para, ademais do que considere oportuno, presentar o proxecto de

documento informativo sobre contratación de persoal deportivo en entidades pública, xa que considera

que pode ser de gran interese para dita entidade. Asemade, agradece ao colexio a presentación da súa

candidatura ao Premio do Consejo COLEF 2017.

David Fabeiro realiza o rogo de que as actas da Asemblea se suban á web con anterioridade para que

poidan ser analizadas pola colexiación con anterioridade á reunión, e así evitar a súa lectura na mesma.

O Secretario informa de que a acta xa se envía previamente pero este ano leuse igualmente porque así

se solicitou na Asemblea anterior. A maiores, o mesmo colexiado realiza as seguintes preguntas:

� Coñécense os motivos de baixa dos colexiados?

Explícaselle que no mesmo formulario de baixa se pregunta polos motivos pero que non sempre son

comunicados, xa que non existe obriga de facelo.

� Cales son as actividades de promoción previstas?

Remíteselle ao apartado de captación do Plan Anual.

� Cal é a situación dos conflictos ou controversias mantidas cos fisioterapeutas? Cal é a relación

co Colexio de Fisioterapeutas de Galicia?

O Presidente informa das reunión mantida co CoFiGa e da pouca dispoñibilidade posterior dos seus

representantes para repetila, así como do intercambio de comunicados a raíz da controversia pola

oposición dese colexio á campaña do Educador Físico realizada polo COLEF Galicia en colaboración

co Consejo COLEF.

� Cal é o estado das negociación da regulación profesional a nivel estatal e galego?

Coméntanse brevemente estas cuestións, e remítese a todos os presentes á comunicacións enviadas

polo colexio sobre as reunións mantidas na Secretaría Xeral para o Deporte e á documentación

emitida sobre a cuestión polo Consejo COLEF.

Os membros presentes da Xunta de Goberno agradecen e recollen as achegas realizadas polos

colexiados.

En Pontevedra, sendo as 13:24 horas do día 4 de febreiro de 2017, péchase a Asemblea Xeral Ordinaria

do COLEF Galicia.

Asdo.: Alexandre Fernández Fernández

Secretaría do COLEF Galicia

1/7

Edificio FEUGA. Despacho 20. Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

981 553 363 – [email protected] – www.colefgalicia.com – CIF Q3678001C

Ilustre Colexio Oficial

de Licenciados en Educación Física

e en Ciencias da Actividade Física

e do Deporte de Galicia

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2016

ACTA

Na cidade da Coruña, sendo as 20:00 horas do día 11 de marzo de 2016, iníciase a Asemblea Xeral Ordinaria do COLEF Galicia coa comparecencia dos seguintes 12 colexiados:

Bouza Fachal, Diego

Castiñeira García, María Antonia

Fernández Fernández, Alexandre

Gambau i Pinasa, Vicente

Hermida Otero, Óscar

López Alonso, Virginia

López Bermúdez, Gabriel

Rodríguez López, Fernando

Rodríguez Pantín, Henrique Xoán

Silva Piñeiro, Roberto

Varela García, Diana

Vilela Millón, Olalla

O Presidente do COLEF Galicia, Henrique Pantín, saúda aos asistentes e dá inicio á Asemblea Xeral Ordinaria, segundo a orde do día fixada na súa convocatoria.

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Xeral Ordinaria do sábado 14 de marzo

de 2015

O Secretario do COLEF Galicia, Alexandre Fernández, dá lectura á acta de 14 de marzo de 2015 que, non producíndose obxección algunha á mesma, é aprobada por unanimidade de todos os presentes.

2. Informe do Presidente sobre a actividade colexial desenvolvida durante o pasado exercicio

O Presidente volve a tomar a palabra para expoñer as principais actividades recollidas na memoria 2015 do COLEF Galicia que, case na súa totalidade, se corresponden co traballo levado a cabo pola anterior Xunta de Goberno.

Actividade interna ordinaria: sete reunións da Xunta de Goberno, a Asemblea Xeral Ordinaria 2015, e dúas Asembleas Xerais Extraordinarias.

Acto social.

- Recoñecemento a Colexiadas/os de Honra.

- Entrega dos II Premios Proxectos Solidarios do COLEF Galicia.

2/7

Edificio FEUGA. Despacho 20. Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

981 553 363 – [email protected] – www.colefgalicia.com – CIF Q3678001C

Ilustre Colexio Oficial

de Licenciados en Educación Física

e en Ciencias da Actividade Física

e do Deporte de Galicia

- Entrega do Premio do Consejo COLEF, a título póstumo, ao colexiado Telesforo Morales (recollido polo seu fillo Vicente Morales).

Actividade en entidades participadas: reunións orgánicas do Consejo COLEF e da Unión Profesional de Galicia.

Relacións institucionais: reunións coas facultades galegas do deporte, co Concello de Santiago, con AGAXEDE, e coa Delegación de alumnos da Facultade de Pontevedra.

Eventos promocionais.

- Participación no Día do Deporte Solidario en Compostela (maio).

- Xornadas de Precolexiación na Facultade de CC. da Educación e do Deporte de Pontevedra (novembro).

Defensa profesional.

- Recursos administrativos ás prazas convocadas pola Deputación de Pontevedra e os concellos de Moeche, Paderne, Viveiro e San Cibrao.

- Seguimento do contencioso administrativo contra a RPT do Concello de Cambre.

- Participación na plataforma de comunicación de ensinanzas irregulares do Consejo COLEF.

Convenios: estendéronse e formalizáronse novos convenios con Solred e Cepsa.

Formación continua: celebráronse tres actividades.

- Curso de desfibrilador automático en Compostela (febreiro).

- Curso sobre financiamento de proxectos no deporte en Compostela (febreiro).

- Curso de Adestramento con Pulsómetro en Pontevedra (abril).

Prendas e complementos corporativos.

- Polo COLEF Galicia: xestionouse a oferta desta prenda da que se distribuíron 56 unidades entre os colexiados interesados.

- Bolsa porta-alimentos: xestionada para o seu envío como agasallo de Nadal á colexiación.

Outros servizos.

- I luíuse u Bus ador de olexiados a e orporati a.

- Creouse, tamén na web, unha no a Axe da profesio al o de se re olle todos os eventos de interese colexial (charlas, actividades, cursos...).

- Informouse de 124 ofertas de traballo e contratación.

- Ma tí ose a i for a ió periódi a o Boletí i for ati o olexial.

- Promocionáronse as a pañas: Po o teu ú ero de olexiado/a e Día Mu dial da A ti idade Físi a .

- Púxose en marcha un grupo de traballo para a preparación das oposicións para profesorado de ensino secundario.

3/7

Edificio FEUGA. Despacho 20. Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

981 553 363 – [email protected] – www.colefgalicia.com – CIF Q3678001C

Ilustre Colexio Oficial

de Licenciados en Educación Física

e en Ciencias da Actividade Física

e do Deporte de Galicia

Asemade, Henrique Pantín aproveita para comentar o traballo realizado, no que vai de ano, pola nova Xunta de Goberno que preside.

Actividade interna ordinaria: 4 reunións da Xunta de Goberno, incluída a primeira de toma de posesión.

Actividade en entidades participadas: asistencia ao Pleno do Consejo General en Zaragoza e a unha reunión da Unión Profesional de Galicia, ambas as dúas o pasado mes de febreiro.

Relacións institucionais.

- Reunións celebradas: Secretaría Xeral para o Deporte, Fundación Deporte Galego, AGAXEDE e Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia.

- Reunións solicitadas: Consellería de Educación, Consellería de Sanidade, facultades galegas do deporte, deputacións provinciais, e colexios oficiais de médicos.

Antes do inicio do seguinte punto abandona a sala o colexiado Vicente Gambau i Pinasa.

3. Exame e votación da conta xeral de gastos e ingresos do exercicio 2015

Perante a ausencia do Tesoureiro do COLEF Galicia, o Presidente e o Xerente Roberto Silva informan sobre as contas anuais de 2015, elaboradas pola xestoría segundo o Plan Xeral de Contabilidade, e que se atopan incluídas na documentación facilitada aos asistentes.

4/7

Edificio FEUGA. Despacho 20. Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

981 553 363 – [email protected] – www.colefgalicia.com – CIF Q3678001C

Ilustre Colexio Oficial

de Licenciados en Educación Física

e en Ciencias da Actividade Física

e do Deporte de Galicia

Explícase que o resultado negativo de – . , € é de ido ao i re e to i pre isto dos gastos de persoal e de servizos legais.

Sométese a votación a conta xeral de gastos e ingresos do exercicio 2015 e apróbase por unanimidade dos presentes (11 votos).

4. Informe do plan anual proposto pola Xunta de Goberno do COLEF Galicia para 2016

O Presidente expón as principais liñas de traballo do Plan Anual 2016, aprobado pola Xunta de Goberno na súa última reunión, coa intención ofrecer mellores servizos á colexiación e conseguir unha maior visibilidade do noso colectivo na sociedade. Concretamente, defínense os obxectivos para as seguintes áreas de actuación: formación, defensa profesional, persoal, recursos dixitais, entidades, captación, medios de comunicación, convenios e estatutos.

5. Exame e votación das cotas de colexiación, e das súas correspondentes promocións, para o

exercicio 2016

Preséntanse a proposta de cotas de colexiación elaborada pola Xunta de Goberno que, despois de 8 exer i ios se odifi a ió algu ha, i lúe u ha su a de 9€ a ota a ual para olexiados exer e tes ata os €. Dita su a xustifi ase polo au e to da por e taxe de i gresos por otas a liquidar ao Consejo General e, en xeral, polo incremento acumulado dos prezos de consumo en todos estes a os. Por outra a da, a ota para o exer e tes a te se e € oa i te ió de o prexudicar aos parados que, na súa maioría, pertencen a este grupo de colexiados. Asemade, mantéñense tamén as promocións xa existentes.

5/7

Edificio FEUGA. Despacho 20. Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

981 553 363 – [email protected] – www.colefgalicia.com – CIF Q3678001C

Ilustre Colexio Oficial

de Licenciados en Educación Física

e en Ciencias da Actividade Física

e do Deporte de Galicia

Sométense a votación as cotas de colexiación, así como as súas promocións, para o exercicio 2016 e apróbanse por unanimidade dos presentes (11 votos).

Antes do inicio do seguinte punto abandonan a sala outros tres colexiados.

6/7

Edificio FEUGA. Despacho 20. Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

981 553 363 – [email protected] – www.colefgalicia.com – CIF Q3678001C

Ilustre Colexio Oficial

de Licenciados en Educación Física

e en Ciencias da Actividade Física

e do Deporte de Galicia

6. Exame e votación do orzamento aprobado pola Xunta de Goberno para o exercicio 2016

Exponse o orzamento presentado pola Xunta de Goberno para o ano 2016, que toma como referencias básicas a conta xeral do pasado exercicio e o Plan Anual 2016.

Sométense a votación e apróbase por unanimidade dos presentes (8 votos).

7/7

Edificio FEUGA. Despacho 20. Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

981 553 363 – [email protected] – www.colefgalicia.com – CIF Q3678001C

Ilustre Colexio Oficial

de Licenciados en Educación Física

e en Ciencias da Actividade Física

e do Deporte de Galicia

7. Lectura, discusión e votación das proposicións presentadas segundo o disposto no artigo 50

dos Estatutos do COLEF Galicia

Non foi presentada proposición algunha.

8. Rogos e preguntas

Óscar Hermida solicita que, para próximas asembleas, a conta xeral de gastos e ingresos se detalle máis, e especifique a desviación de cada partida con respecto ao orzamento.

Diego Bouza comenta a posibilidade de que o COLEF Galicia ofreza un selo de calidade para as empresas, co obxectivo de que os usuarios de servizos deportivos poidan diferenciar aquelas que teñen contratados a colexiados e/ou titulados en CAFD. Tamén solicita que a formación ofertada polo COLEF Galicia se adecúe aos intereses dos colexiados.

Recóllense e agradécense ambas as dúas achegas por parte dos membros presentes da Xunta de Goberno.

Na Coruña, sendo as 21:40 horas do día 11 de marzo de 2016, péchase a Asamblea Xeral Ordinaria do COLEF Galicia.

Asdo.: Alexandre Fernández Fernández Secretario do COLEF Galicia

Memoria 2016

2

Indice

Datos sobre a colexiación ........................................................................................ 3

Xuntas de Goberno e Asambleas ........................................................................... 4

Relacións coas Administracións e Universidades .................................................. 5

Unión Profesional de Galicia .................................................................................... 8

Consejo COLEF ........................................................................................................... 8

Encontros con formacións políticas e asociacións ............................................... 9

Eventos ......................................................................................................................... 9

Defensa Profesional ................................................................................................ 12

Novos convenios ...................................................................................................... 13

Formación continua................................................................................................. 14

Equipo técnico-administrativo ............................................................................... 14

Campañas e comunicados ................................................................................... 15

Conversas cos colexiados ...................................................................................... 16

Outras iniciativas e actividades ............................................................................. 18

Enquisa perfil profesional COLEF Galicia .......................................................... 18

Estudo sobre o Perfil dos Técnicos Deportivos nos Concellos Galegos ....... 19

Entrevistas ............................................................................................................... 19

Camisetas reivindicativas .................................................................................... 19

Agasallo de Nadal ............................................................................................... 19

[INFORMACIÓN DE LA DIRECCIÓN]

3

60

8

88

58

75

4

COLEXIACIÓN 2016Exercentes Non exercentes Honoríficos TOTAL

Datos sobre a colexiación

59

0

86

56

73

2

COLEXIACIÓN 2015Exercentes Non exercentes Honoríficos TOTAL

Altas

Baixas 32

Honra

4

Xuntas de Goberno e Asambleas A Xunta de Goberno reuniuse ao longo do ano 2016 un total de 5 reunións regulamentarias, nas localidades de Santiago e Bastiagueiro.

A Asamblea Xeral Ordinaria tivo lugar na Aula Náutica da Universidade da Coruña, en marzo. Non se celebrou ningunha Asamblea Xeral Extraordinaria.

Antes da celebración da Asamblea Xeral Ordinaria 2016, o colexiado Fernando Rodríguez disertou sobre o perfil profesional do Readaptador Físico.

5

Relacións coas Administracións e Universidades

O presidente, o secretario e o xerente do COLEF Galicia entrevistáronse en decembro coa nova Secretaria Xeral do Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez Telle, para tratar sobre a regulación profesional e de como abordala, de diferentes propostas en materia de educación física e de proxectos de colaboración entre a Secretaría e o COLEF.

O Presidente do COLEF Galicia, D. Henrique Xoán Rodríguez, acompañado polo colexiado D. Óscar García García, reuníanse o 6 de abril co Conselleiro de Sanidade, D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de tratar os temas adiantados co Subdirector de Programas de Fomento de Saúde e Estilos de Vida Saudables. En todo momento o Conselleiro mostrouse aberto a apoiar a realización de actividades conxuntas na promoción de hábitos de vida saudables, circunstancia

O 31 de marzo, o presidente e mailo vicepresidente do COLEF Galicia acudiron a unha reunión con D. Manuel Corredoira López, Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e con D. Manuel Vila López, Subdirector Xeral de Ordenación de Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

Nesa reunión tratáronse diferentes temas relacionados coa nosa profesión (instalacións deportivas nos centros educativos, informes médicos sobre o alumnado, adaptacións currículares dos estudantes nas ensinanzas profesionais de música ou de danza, impartición da materia Anatomía aplicada de 1º Bacharelato, autorización de ciclos formativos en centros privados), e os representantes da Consellería de Cultura e Educación mostraron a súa disposición a estudar as nosas peticións.

6

O 28 de marzo, o presidente e mailo xerente do COLEF Galicia, acudiron a unha reunión de traballo con D. Jorge Suances, Subdirector de Programas de Fomento de Saúde & Estilos de Vida Saudables, dependente da Consellería de Sanidade, na que se deu a coñecer a total dispoñibilidade da entidade colexial a colaborar en actividades divulgativas dos hábitos de exercicio físico saudable entre a poboación.

O 16 de marzo reuníronse na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC, o seu Decano, D. Xurxo Dopico, co Presidente do COLEF Galicia, D. Henrique X. Rodríguez. Logo dunha amistosa reunión, acordouse realizar actuacións e coordinar esforzos en prol da profesión, cunha dispoñibilidade total de ámbalas entidades.

Participouse no Acto de Graduación, e en decembro, realizaríase unha reunión coa Delegación de Alumnos desta mesma Facultade.

O Presidente do COLEF Galicia, D. Henrique X. Rodríguez, acompañado polo Xerente, D. Roberto Silva, reuníronse este venres 29 de xaneiro co Deputado Provincial de Deporte, D. José García Liñares, co que conversaron sobre as vindeiras convocatorias públicas de subvencións do ente provincial, e as posibilidades de colaborar tamén en accións formativas.

O Presidente do COLEF Galicia, D. Henrique X. Rodríguez, reuníuse o 16 de xaneiro co Xerente da Fundación Deporte Galego, D. Javier Rico, no que conversaron sobre as posibilidades formativas nas que se podería colaborar, ao abeiro do Convenio con Galicia Saudable.

7

Celebrouse a xornada sobre saídas profesionais na Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra en maio, á que foron invitados 6 colexiados.

O Presidente do COLEF Galicia participou no Acto de Graduación, no mes de xuño.

E tamén se realizou unha reunión coa Delegación de Alumnos da Facultade de Pontevedra, e unha xornada de precolexiación nesta mesma Facultade, no mes de decembro.

Realizouse e presentouse para o Concello de Santiago o Estudo sobre Criterios de Cesión de Instalacións Deportivas para o uso Público, no que se analizaron os modelos de diferentes concellos galegos e nacionais.

8

O Vicepresidente do COLEF Galicia participou na elaboración do Plan de Deporte Estratéxico.

Unión Profesional de Galicia Tramitación da Lista de Peritos Xudiciais 2016 Participación nas xuntas e asamblea xeral de 2016 Participación na Comisión de Intrusismo Profesional

Consejo COLEF

Participación dos directivos Henrique X. Rodríguez Pantín, Vicente Gambau i Pinasa, e Alexandre Fernández Fernández, en representación do COLEF Galicia no Pleno do Consejo COLEF de Zaragoza. Marzo 2016. Na fotografía a nova Xunta de Goberno do Consejo COLEF que saíu elixida, destacando os compañeiros Alexandre Fernández (Secretario) e Vicente Gambau (Presidente).

O Presidente do COLEF Galicia, Henrique X. Rodríguez Pantín, estivo en setembro en Madrid nunha reunión do Consejo COLEF co resto de presidentes autonómicos. No encontro trataranse moitos dos temas que nos afectan, como a apertura do colexio a outros perfís profesionais.

Como os últimos 4 anos, os xerentes e administrativos dos colexios autonómicos de toda España, participacion nas xornadas técnicas INTERCOLEF 2016, na Sede do Consejo COLEF, en outubro.

9

Encontros con formacións políticas e asociacións

Ao longo de todo setembro, o PP, PSdeG-PSOE, BNG e En Marea escoitaron as propostas e foron receptivos ás mesmas; agora trátase de que teñan reflexo na acción do próximo goberno da Xunta. Trasladóuselles as aspiracións do Colexio, que pasan por lograr unha regulación das profesións vinculadas ao deporte, por conseguir unha educación física de calidade no sistema educativo e por incluír os servizos de exercicio físico e deporte como ferramenta de prevención dentro do sistema de saúde.

Reunión coa Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria na nosa Sede de Santiago, para trasladarlle as opcións de colaboración entrámbalas entidades.

O Presidente do COLEF Galicia Henrique X. Pantín, e o Presidente AGAMFEC Jesús Sueiro.

Eventos Trasladouse o BOX de valoración para colaborar no Día do Deporte Solidario en Santiago, no que se divulgaría as actividades da entidade e realizarían probas de valoración á poboación. Á cita non faltaron os compañeiros Miguel Míguez e Héctor Fariña.

10

O COLEF Galicia audíu ao Cross de Broña cun equipo humano de 6 persoas, que realizaron dinamometría á poboación e deron a coñecer aspectos importantes do exercicio físico para a saúde.

11

O día 6 de abril, Día Internacional da Actividade Física, participouse os Paseos Ca diosauda les , xu to o pe soal sa ita io do Co plexo Hospitala io de “a tiago, o Instituto Rosalía de Castro e profesorado da Universidade de Vigo. O evento logrou una amplia cobertura mediática, recolléndose a nosa presenza en diversas cadeas nacionaise autonómicas.

Asemade, tamén estívose colaborando coas actividades da Semana da Saúde de Ourense, o venres 8 de abril, coa dinamización do Parques Biosaudables; o 12-13 no stand da Feira da Saúde e conferencia sobre hábitos de exercicio saudable; e o 17 coa andaina saudable.

12

O mércores, 25 de maio celebrouse no Complexo do Hospital Universitario de Santiago de Compostela, unha interesante xornada sobre "Prevención cardiovascular e o deporte nos programas de rehabilitación cardiaca, compartindo coñecementos, visións e retos". Un paso máis adiante no contacto entre os profesionais sanitarios e os do deporte, cos que o COLEF Galicia ven colaborando desde fai tempo.

Participaron diversos especialistas en saúde cardiovascular, procedentes dos hospitais de toda Galicia, e os colexiados Eliseo Iglesias, Tania Sánchez, Javier Rico, Óscar García, e Javier Loureiro.

Defensa Profesional

Sentenza estimatoria parcial do Xuzgado nº3 de A Coruña. O coordinador deportivo municipal terá que posuir titulación oficial deportiva ou cualificación profesional para poder realizar o seu traballo. O COLEF Galicia interpuxo recurso 394/14 contra o Concello de Cambre, sobre a relación de posto de traballo, e o Xuzgado Contencioso-Administrativo Nº 3 de A Coruña valorouno en parte, singularmente no relacionado cos postos de traballo de animador e coordinador deportivo. Na aclaración da sentenza, de 29 de maio de 2015, estimouse que, as tarefas de coordinador deportivo non pode realizalas calquer traballador sen titulación, pois será precisa unha titulación oficial deportiva ou cualificación profesional.

13

Logo de valorar as convocatorias, acordouse presentar recursos de reposición ás prazas de:

Concello de Cedeira (Bolsa animador)

Concello de San Cibrao (Coordinador)

Concello de Laxe (Monitores)

Concello de Lalín (Técnico Deportivo)

Concello de Sada (Técnico Deportivo)

Concello de Sobrado (Técnico Deportivo) Plataforma de Denuncia de Formación do Consejo COLEF

O COLEF Galicia denunciou a actividade formativa, logo de ter detectado diversas irregularidades, de Curso de Entrenador Nacional de Running. Federación Española de Fitness, Wellnes y Salud. Duración de la formación: 2 días.

Asemade presentou perante o Comité Galego de Xustiza Deportiva e a Consellería de Sanidade, denuncia por intrusismo profesional a un centro de adestramento en O Porriño.

Novos convenios

Formalizouse convenio coa Liga Reumatolóxica Galega, e asemade participouse na súa Gala Anual, coa presencia do Presidente do COLEF Galicia, D. Henrique X. Rodríguez Pantín. Extendeuse convenio coa entidade Audidat, para asesoramento gratuito aos colexiados que envíen as súas consultas relacionadas coa protección de datos, coa posibilidade de que esta entidade poida tamén realizarlle directamente este servizo se o colexiado o considerase, cos prezos recollidos neste convenio.

Asinouse convenio de colaboración entre COLEF Galicia e Rivas & Montero Bufete de Abogados, despacho especializado na prestación de servizos de asesoría e asistencia xurídica, e de maneira especial en casos referentes á defensa profesional. Para todos os colexiados, recordar que a primeira consulta xurídica é gratuita, e aquelas outras

14

actuacións que se realicen no exercicio da defensa xurídica terán un desconto do 30% a aplicar aos honorarios do despacho.

Suscribíuse coa Asociación Galega de Xestores Deportivos un convenio de cooperación no intercambio de servizos e espazos, participación en actividades propias, promoción e organización de programas e actuacións conxuntas. Polo mesmo, facilitarase o acceso dos asociados de ámbalas entidades cos mesmos criterios, aplicarase un desconto do 10% nas cuotas anuais correspondentes, e descontos especiais nos programas formativos

Asinouse coa Universidade de Vigo e o COLEF Galicia o día 24 de setembro de 2016 un Convenio para a realización de prácticas académicas externas curriculares, da que poderán beneficiarse os estudantes da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física durante a realización do Prácticum do Plan de Estudos do Grao en CCAFD.

Formación continua Realiza ió do Cu so I i ia ió ao ioga, espi a ió e elaxa ió na Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte de Pontevedra, o 28 de abril.

Equipo técnico-administrativo

Conforme o establecido na convocatoria de 30 de marzo, cumpridas as fases de valoración, o órgano de selección resolveu a valoración de candidatos/as a ocupar o posto de auxiliar administrativo coa seguinte orde. Procédese ao chamamento para contratación a D. Teresa Lameiro Ces, quedando establecida unha listaxe de agarda, que poderá ser empregada en caso de renuncia ou substitucións.

15

Campañas e comunicados Comunicado contra a Campaña Escolar do COFIGA O COLEF Galicia ven de enviar escritos ao Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao Director Xeral e ao Subdirector Xeral transmitíndollse o malestar do noso colectivo pola posta en marcha dunha campaña de prevención de lesións e coidado das costas entre os escolares, encargada ao Colexio de Fisioterapeutas de Galicia, sen contar co noso colexio profesional nin cos profesores de Educación Física que desenvolven o seu labor profesional nos centros educativos de Galicia. Os contidos da citada campaña están incluídos no currículo da Educación Infantil e nos currículos da materia de EF nos niveis de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. Semella que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria non confía na profesionalidade dos profesores de Educación Física de Galicia, xa que encarga a unha entidade allea ao eido educativo unha campaña para impartir contidos propios do currículo. Co u icado co tra as acusació s do COFIGA polo decálogo O Educador Físico

Comunicado do COLEF Galicia en resposta ás acusacións do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia sobre a a paña O EDUCADOR FÍ“ICO . Queremos trasladar ao CoFiGa é a toda a idada ía, ue a a paña O Edu ado Físi o te o o o xe tivo principal concienciar á poboación da necesidade de realizar exercicio físico correctamente e co asesoramento dun profesional cualificado. Non vemos ningunha utilidade a estes o u i ados eivi di ativos ue te ta ea polé i as o de o as hai. Cremos no

traballo multidisciplinar, no respecto mutuo e na colaboración entre distintas profesións para que, cun traballo responsable dos profesionais, se poida ofrecer á sociedade a mellor solución ás súas demandas.

16

Conversas cos colexiados

O doutor en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, readaptador físico do Manchester United e último premio do Deporte da UDC, Carlos Lalín Novoa, fala para o COLEF Galicia de como ve as profesións do deporte, o ensino ou a regulación normativa, entre outras moitas cousas.

Manuela Vázquez Coto, colexiada 12.855, resultou elixida como colaboradora das actividades de formación do COLEF Galicia para 2017. Nesta entrevista fálanos da súa experiencia no mundo dos xogos populares, e que está a piques de rematar precisamente coa súa tese de doutoramento nesta temática.

Diego Bouza Fachal, colexiado 52.954, é ferrolán e cofundador, con outros membros do COLEF Galicia e compañeiros doutras profesións, do Centro EZEN Salud y Rendimiento, que a actualidade ten sedes en Narón e A Coruña.

17

O colexiado Alberto Mouriño Cabaleiro partíu dunha formación deportiva para enfocar o seu traballo cara á saúde. Xunto cun fisioterapeuta é o responsable do Centro da Saúde e do Movemento de Lalín, onde cada día traballan para demostrar o importante que é o exercicio físico non só para tratar enfermidades senón tamén para a prevención.

Falamos con Tamara Rial Rebullido, que con outros dous colexiados, Piti Pinsach e Camilo Villanueva, xestiona o International Hypopressive & Physical Therapy Institute. O seu método de adestramento fitness baseado nos exercicios hipopresivos e nas respiracións e a reeducación postural está a medrar e ten xa delegacións nos cinco continentes. Convencida do papel dos profesionais do deporte no campo da saúde, lamenta que moitos compañeiros sigan a poñer pedras no camiño a quen, como ela, transita pola senda da investigación e a innovación.

Falamos con Pablo Sánchez González, colexiado 54.066, natural de Lugo, profesor de educación física para a Xunta de Galicia, y que nos presentou o seu interesante proxecto de revista dixital, coa que colaboración tamén varios colexiados.

18

Estivemos con Miguel Míguez Meijomil, colexiado 13.843, natural de Santiago de Compostela, que actualmente traballa nas instalacións deportivas municipais de As Somozas, e tamén como preparador físico de Miguel Alvariño García, recentemente seleccionado para participar nos Xogos Olímpicos de Río 2016 na especialidade de tiro con arco recurvo.

Outras iniciativas e actividades

Enquisa perfil profesional COLEF Galicia

Realizouse unha enquisa on-line sobre o perfil profesional dos colexiados do COLEF Galicia, obténdose polo momento, resultados provisionais por áreas funcionais que se poden ver no gráfico. Esta tarefa está a ser realizada polo alumno en práctica Kevin Rodeiro, que asemade está a analizar os datos de emprego do deporte.

19

Estudo sobre o Perfil dos Técnicos Deportivos nos Concellos Galegos

Reunida a Comisión de Valoración, acordou elexir a proposta de Dª Jesyca Salgado Barandela para a realización do Estudo sobre o Perfil dos Técnicos Deportivos Municipais nos Concellos Galegos.

Entrevistas

A páxina "Xente con vida", promovida pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, ven de realizar unha entrevista ao noso Presidente, sobre a temática do exercicio físico e os hábitos de vida saudables.

Camisetas reivindicativas

Realizouse stock de camisetas reivindicativas deseñadas polo Consejo COLEF para a súa venda directa ou mediante envío postal.

Agasallo de Nadal

Para o agasallo de nadal elexiuse unha práctica monequeira para levar as chaves ou coma monedeiro/tarxeteiro, acompañada dunha mensaxe do Presidente.

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN

FÍSICA E EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO

DEPORTE DE GALICIA

Índice

BALANCE DE SITUACIÓN .......................................................................................................... 2

conta de perdas e ganancias ....................................................................................................... 3

MEMORIA ECONOMICA ............................................................................................................. 4

NOTA 1. ACTIVIDADE .......................................................................................................... 4

NOTA 2. BASES DE PRESENTACIÓN DAS CONTAS ANUAIS ................................... 6

NOTA 3. DISTRIBUCIÓN DE RESULTADOS ................................................................... 7

NOTA 4. NORMAS DE REXISTRO E VALORACIÓN ..................................................... 8

NOTA 5. INMOBILIZADO ................................................................................................... 14

NOTA 6. ACTIVOS FINANCEIROS .................................................................................. 15

NOTA 7. PASIVOS FINANCEIROS .................................................................................. 16

NOTA 8. PATRIMONIO NETO ........................................................................................... 16

NOTA 9. SITUACIÓN FISCAL ........................................................................................... 17

NOTA 10. GASTOS E INGRESOS ..................................................................................... 18

NOTA 11. INFORMACIÓN SOBRE O PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES EN OPERACIÓNS COMERCIAIS .................................................................. 20

NOTA 12. GARANTÍAS COMPROMETIDAS CON TERCEIROS .................................. 21

NOTA 13. OUTRA INFORMACIÓN ..................................................................................... 21

NOTA 14. INFORMACIÓN SOBRE O MEDIO AMBIENTE ............................................. 21

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 2

BBAALLAANNCCEE DDEE SSIITTUUAACCIIÓÓNN

BALANCE PEMES AO PECHE DO EXERCICIO 2016

ACTIVO NOTAS DA MEMORIA Exercicio 2016 Exercicio 2015

A) ACTIVO NON CORRENTE 890,37 977,66

I. Inmobilizado Intanxible 0,00 0,00

III. Inmobilizado Material 890,37 977,66

B) ACTIVO CORRENTE 86.295,42 72.662,40

I. Existencias 570,40

III. Debedores comerciais e outras contas a cobrar 100,00 363,00

IX. Efectivo e outros activos líquidos equivalentes 85.625,02 72.299,40

TOTAL ACTIVO (A+B) 87.185,79 73.640,06

BALANCE PEMES AO PECHE DO EXERCICIO 2016

PATRIMONIO NETO E PASIVO NOTAS DA MEMORIA Exercicio 2016 Exercicio 2015

A) PATRIMONIO NETO 83.363,87 71.798,58

A-1) Fondos propios 83.363,87 71.798,58

II. Reservas 71.798,58 77.312,30

IV. Excedente del ejercicio. 11.565,29 -5.513,72

C) PASIVO CORRENTE 3.821,92 1.841,48

V. Acredores comerciais e outras contas a pagar 3.821,92 1.841,48

1. Provedores 1.291,92

2. Outros acredores 2.530,00 1.841,48

TOTAL PATRIMONIO NETO E PASIVO (A+B+C) 87.185,79 73.640,06

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 3

CCOONNTTAA DDEE PPEERRDDAASS EE GGAANNAANNCCIIAASS

CONTA DE PERDAS E GANANCIAS DE PEMES AO PECHE DO EXERCICIO 2016 NOTAS DA

MEMORIA

(DEBE) HABER (DEBE) HABER

Exercicio 2016 Exercicio 2015

1. Ingresos da entidade pola actividade propia 77.767,73 68.640,60

a) Cuotas de usuarios e afiliados. 77.767,73 68.640,60

2. Axudas monetarias e outros. -1.491,90 -1.084,28

b) Gastos por colaboracións e do órgano de goberno. -1.491,90 -1.084,28

3. Vendas e outros ingresos ordinarios da actividade mercantil. 1.526,26 808,40

6. Aprovisionamentos destinados á actividade propia -497,30 -658,40

7. Outros ingresos de explotación 25,92 325,92

a) Ingresos accesorios e outros de xestión corrente. 25,92 325,92

8. Gastos de persoal -34.853,05 -43.308,20

9. Outros gastos de explotación -30.529,71 -28.665,09

10. Amortización do Inmobilizado -383,04 -366,62

13bis. Outros resultados 0,38 -1.206,05

A.1) RESULTADO DA EXPLOTACIÓN (1+2+3+4+5+6+7+8+9+10+11+12+13) 11.565,29 -5.513,72

A.2) RESULTADO FINANCEIRO (14+15+16+17+18) 0,00 0,00

A.3) RESULTADO ANTES DE IMPOSTOS (A+B) 11.565,29 -5.513,72

19. Impostos sobre beneficios

A.4) VARIACIÓN DO PATRIMONIO NETO RECOÑECIDA NO EXCEDENTE DO EXERCICIO (A.3+19) (RESULTADOS) 11.565,29 -5.513,72 D) Variacións de patrimonio neto por ingresos e gastos imputados directamente ao patrimonio neto (B.1+C.1) 0,00 0,00 I) RESULTADO TOTAL, VARIACIÓN DO PATRIMONIO NETO NO EXERCICIO (A.4+D+E+F+G+H) 11.565,29 -5.513,72

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 4

MMEEMMOORRIIAA EECCOONNOOMMIICCAA

NOTA 1. ACTIVIDADE

Denominación

Ilustre Colexio Oficial de Licenciadas/os en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF Galicia).

Forma xurídica

Como colexio profesional é unha entidade sen ánimo de lucro, entendida como unha corporación de dereito público amparada pola lei e recoñecida polo Estado e pola Comunidade Autónoma de Galicia, con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins, exercendo as súas competencias no ámbito territorial de Galicia.

Constitución Constitúese no ano 1983 por segregación do Colexio Oficial Central de Profesores de Educación Física (Real Decreto 1912/1983, de 25 de maio) Funcións 1. As que lle veñen atribuídas polo artigo 5º da Lei 2/1974 de 13 de febreiro, de Colexios Profesionais o Estado español. 2. Elabora-los Estatutos particulares do COLEF e CAFD. 3. Colaborar coa Administración mediante a realización de estudios, emisión de informe, elaboración de estatísticas e outras actividades relacionadas cos seus fins, que poidan serlles solicitadas ou acorden formular por propia iniciativa, así como exercer cantas funcións lles sexan encomendadas. 4. Establece-las normas deontolóxicas da profesión, exercendo a representación e defensas da profesión que establezan as leis para o cumprimento dos seus fins. 5. Ordenar e coordinar no ámbito da súa competencia a actividade profesional dos colexiados, velando pola ética e a dignidade profesional e polo respecto debido ós dereitos dos particulares e exerce-la facultade disciplinaria na orde profesional e colexial. 6. Exercer, no seu ámbito, a representación e defensa da profesión ante a Administración, Institucións, Tribunais, Entidades e particulares, con lexitimación para ser parte en cantos litixios e causas afecten ós intereses profesionais e fins da Educación e Cultura Física, así como exerce-lo dereito de petición conforme á Lei. 7. Será preceptivo o visado do Colexio nos proxectos, plans ou programas de actividades fisico-deportivas, tanto docentes, como de preparación física, extraescolares e recreativas de tempo libre. As entidades públicas e privadas poderán rexeitar eses proxectos, plans ou programas, cando carezan do respectivo visado. 8. Participar, en materias da profesión, nos Consellos e Órganos consultivos da Administración.

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 5

9. Participar na elaboración dos plans de estudios, informa-las normas de organización dos centros docentes correspondentes á profesión, manter permanente contacto con eles e con outros medios para facilita-lo acceso á vida profesional dos novos titulados. 10. Estimular e colaborar nos plans que promovan as Entidades públicas ou privadas, locais, provinciais, autonómicas, nacionais ou estranxeiras que conduzan ó maior desenvolvemento da Ciencia, Arte e Técnica da Educación Física. Para este efecto, establecerá e manterá relacións con estas Entidades que teñan como fins a promoción da Educación Física. 11. Procura-la harmonía e colaboración entre os colexiados, impedindo a competencia desleal entre eles. 12. Adopta-las medidas oportunas para evitar e persegui-la intrusión profesional. 13. Organizar Congresos e Asembleas sobre Educación e Cultura Física. 14. Facilitarlles ós Tribunais, conforme as Leis, a relación de colexiados que puideran ser requiridos para intervir como peritos nos asuntos xudiciais ou designalos por si mesmos, segundo proceda. 15. Promover e organizar actividades e servicios comúns de interese xeral para os colexiados, de carácter profesional, formativo, cultural, asistencial e de previsión, así como outros análogos, provendo o sostemento económico mediante os medios necesarios. 16. Intervir en vía de conciliación ou arbitraxe naquelas cuestións que, por motivos profesionais, se susciten entre colexiados. 17. Dictar laudos, en resolución dos conflictos e discrepancias que puideran xurdir coa actuación profesional dos colexiados e, sobre os seus honorarios, previo sometemento das partes interesadas. 18. Establecer baremos de honorarios da profesión, con carácter orientativo, correspondentes ó exercicio libre desta, informar nos procedementos en que se discutan tarifas ou honorarios e, en xeral, representar e defende-los intereses da profesión ante a Administración, Institucións, Entidades e particulares, consonte coas disposicións vixentes en cada caso. 19. Emitir informes e dictames sobre honorarios profesionais, nos procedementos xudiciais ou administrativos. 20. Visa-los traballos profesionais dos colexiados. 21. Organizar cursos, conferencias e demais actividades para a actualización e o perfeccionamento dos posgraduados. 22. Cumprir e facerlles cumprir ós colexiados as Leis xerais, especiais, este estatuto particular, así como as normas deontolóxicas do réxime interior e as decisións adoptadas polos Órganos Colexiados e polo Consello Xeral, en materia da súa competencia. 23. Visa-la realización de proxectos, apertura de instalacións, plans ou programas de actividades, instalacións e material físico deportivo, tanto docentes como recreativos ou de tempo libre, sexan de carácter privado ou público. 24. Emitir certificados de aptitude físico-deportiva. 25. Aproba-lo Regulamento de Réxime Interior do propio Colexio. 26. Aproba-los seus presupostos e regula-las achegas dos seus colexiados. 27. Cantas cuestións redunden en beneficio dos intereses profesionais dos colexiados e aquelas que se acorden pola Xunta Xeral, namentres non sexan contrarias ás Leis. 28. Establecer relacións de colaboración en materia de formación, investigación e defensa dos intereses profesionais con entidades públicas ou privadas, colectivos e, en especial, cos Centros de formación dos Licenciados en Educación Física ou en Ciencias da Actividade física e o Deporte e o seu alumnado.

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 6

Domicilio O seu domicilio actual atópase na Rúa Lope Gómez de Marzoa, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Pertenza a grupo de entidades O Colexio non participa en ningunha outra entidade, coa cal se pode establecer unha relación de grupo ou asociada, de acordo cos requisitos establecidos no artigo 42 do Código de Comercio e na Norma 11ª do Real Decreto 191/2011 de 24 de outubro, polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos.

NOTA 2. BASES DE PRESENTACIÓN DAS CONTAS ANUAIS

a) Imaxe fiel. As contas anuais relativas ao exercicio rematado ó 31 de decembro de 2016 foron elaboradas a partir dos rexistros contables do Colexio de forma que mostran a imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos resultados do Colexio durante devandito exercicio. Foron formuladas pola Xunta Directiva, e nelas aplicáronse os principios contables e criterios de valoración recollidos no Real Decreto 1491/2011, de 24 de outubro, polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos y o modelo de plan de actuación das entidades sen fins lucrativos. As contas anuais correspondentes ó exercicio 2016 están pendentes de aprobación pola Asemblea Xeral de colexiados. Non obstante, a Xunta Directiva estima que non se producirán modificacións no proceso de aprobación das mesmas.

b) Principios contables non obrigatorios aplicados.

Non se aplicaron principios contables non obrigatorios. Adicionalmente, a Xunta Directiva formulou estas contas anuais tendo en consideración a totalidade dos principios e normas contables de aplicación obrigatoria que teñen un efecto significativo en ditas contas anuais. Non existe ningún principio contable que sendo obrigatorio, non se houbese aplicado.

c) Aspectos críticos da valoración e estimación da incerteza

A información contida nestas contas anuais é responsabilidade da Xunta Directiva do Colexio. O Colexio elaborou os seus estados financeiros baixo o principio de empresa en funcionamento, sen que exista ningún tipo de risco importante que poda supor cambios significativos no valor dos activos e pasivos no exercicio seguinte.

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 7

Nas contas anuais do Colexio correspondentes ao exercicio pechado ao 31 de decembro de 2016, a Xunta Directiva non realizou estimacións de valor de activos, pasivos, ingresos, gastos e compromisos que figuran rexistrados nelas, dado que pola súa natureza, todos eles se contabilizaron polo seu valor de adquisición, ou entrega.

d) Comparación da información

As contas anuais recollen ademais dos saldos correspondentes ó exercicio 2016, os correspondentes ó exercicio anterior, ós efectos da súa posible comparación, tal e como se recolle na normativa contable en vigor. Non se realizaron modificacións nas estruturas do balance e da conta de perdas e ganancias, respecto ó exercicio anterior, nin se produciu ningún cambio de criterio contable que imposibilite a comparación destas contas coas do ano anterior, ou que afecte á valoración do patrimonio, a situación financeira e os resultados.

e) Agrupación de partidas

Non se presentan partidas que foran obxecto de agrupación no balance ou na conta de resultados.

f) Elementos recollidos en varias partidas.

Non se presentan elementos patrimoniais rexistrados en dúas ou máis partidas do balance.

g) Cambios en criterios contables.

Durante o exercicio 2016 non se produciron cambios de criterios contables significativos respecto ós criterios aplicados no exercicio 2015.

h) Corrección de erros

Non se realizaron axustes por corrección de erros no exercicio.

NOTA 3. DISTRIBUCIÓN DE RESULTADOS A proposta de distribución do resultado do exercicio 2016 que se presentará para a súa aprobación á Asemblea Xeral é a seguinte:

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 8

Base de reparto Exercicio 2016 Exercicio 2015

Resultado do exercicio 11.565,29 -5.513,72

TOTAL BASE DE REPARTO 11.565,29 -5.513,72

Distribución Exercicio 2016 Exercicio 2015

Reservas 11.565,29 -5.513,72

TOTAL DISTRIBUCIÓN 11.565,29 -5.513,72

A distribución de resultados cumpre os requisitos e limitacións establecidas nos estatutos do Colexio e a normativa legal vixente.

NOTA 4. NORMAS DE REXISTRO E VALORACIÓN Os criterios contables máis significativos aplicados na formulación das contas anuais son os que se describen a continuación:

4.1. Inmobilizado intanxible:

Os bens ós que se refire esta partida atópanse valorados ó seu custo de adquisición. Os custos de melloras ou modernización que representen un aumento da capacidade ou eficiencia, ou alargamento da vida útil, capitalízanse como maior custo. Ó peche do exercicio e sempre que existan indicios de perdas de valor, o Colexio, revisa os importes en libros dos seus activos intanxibles para determinar se existen mostras de que ditos activos sufriran unha perda por deterioro de valor. Se existe calquera indicio, o importe recuperable do activo calcúlase co obxecto de determinar o alcance da perda por deterioro de valor (se a houbese). En caso de que o activo no xere fluxos de efectivo por si mesmo que sexan independentes doutros activos, o Colexio calculará o importe recuperable da unidade xeradora de efectivo á que pertence o activo. O importe recuperable é o valor superior entre o valor razoable menos o custo de venda e o valor en uso. Non se rexistraron deterioros do inmobilizado intanxible.

4.2. Inmobilizado material:

Con carácter xeral, o inmobilizado material valórase polo seu prezo de adquisición, ou custo de produción, no seu caso. No prezo de adquisición inclúense todos os gastos adicionais que se produzan ata a súa posta en condicións de funcionamento, así como os impostos indirectos cando non sexan recuperables directamente da Facenda Pública.

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 9

Os custos de ampliación, modernización e melloras que representan un aumento da capacidade ou eficiencia, ou un alargamento da vida útil dos bens, capitalízanse como maior valor dos correspondentes bens. Os gastos de conservación e mantemento cárganse á conta de Perdas e Ganancias do exercicio no que se incorren.

A amortización do inmobilizado material calcúlase sistematicamente polo método lineal en función da vida útil dos respectivos bens, atendendo á depreciación efectivamente sufrida polo seu funcionamento e uso.

Os coeficientes da amortización utilizados no cálculo da depreciación experimentada polo elementos que compoñen o inmobilizado material son os seguintes:

Concepto Coeficiente

Mobiliario 10%

Equipo proceso datos 25%

Outras instalación e equipos 20%

Rexístrase a perda por deterioro de valor dun elemento do inmobilizado material cando o seu valor neto contable supere ó seu importe recuperable, entendendo este como o maior importe entre o seu valor razoable menos os custos de venda e o seu valor en uso.

No exercicio 2016 o Colexio non rexistrou perdas por deterioro do inmobilizado material.

4.3. Instrumentos financeiros de activo:

Activos financeiros aos que resulta de aplicación a presente norma son: o Créditos por operacións comerciais: Usuarios e debedores da actividade propia,

clientes e debedores varios. o Efectivo e outros medios líquidos equivalentes: baixo este epígrafe do balance de

situación adxunto rexístrase o efectivo en caixa e bancos, depósitos á vista e outros investimentos a curto prazo de alta liquidez que son rapidamente realizábeis en caixa e que non teñen risco de cambios no seu valor.

Os activos financeiros a efectos da súa valoración clasifícanse na seguinte categoría: o Activos financeiros a custe amortizado: nesta categoría inclúense os seguintes:

1) Créditos por operacións comerciais: recollese en este concepto os usuarios e outros

debedores da actividade propia orixinados polas operacións habituais do Colexio.

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 10

Valoración inicial

Os activos financeiros incluídos nesta categoría rexístranse inicialmente ao valor razoábel da contraprestación entregada máis os custos da transacción que sexan directamente atribuíbeis. Non obstante os activos financeiros con vencemento non superior a un ano e que non teñan un tipo de xuro contractual, porque o seu importe se espera recibir no curto prazo, valóranse polo seu valor nominal, dado que os efectos de non actualizar os fluxos de efectivo non e significativo.

Valoración posterior

Os activos financeiros incluídos nesta categoría valoraranse polo seu custe amortizado. Non obstante os activos con vencemento non superior a un ano e que de acordo co disposto no apartado anterior, se valoren inicialmente polo seu valor nominal, continuaran valorándose por dito importe salvo que se houberan deteriorado. Polo menos ao peche do exercicio o Colexio realiza un test de deterioración para os activos financeiros que non están rexistrados a valor razoábel. Considérase que existe evidencia obxectiva de deterioración se o valor recuperábel do activo financeiro é inferior ao seu valor en libros. Cando se produce, o rexistro desta deterioración rexístrase na conta de perdas e ganancias. En particular, e respecto das correccións valorativas relativas aos debedores comerciais e outras contas a cobrar, o criterio utilizado polo Colexio para calcular as correspondentes correccións valorativas, se as houbese, é realizar unha análise específica para cada debedor en función da solvencia do mesmo.

A 31/12/2016 o Colexio non dotou correccións valorativas de debedores e outras contas a cobrar.

O Colexio dá de baixa os activos financeiros cando expiran ou se cederon os dereitos sobre os fluxos de efectivo do correspondente activo financeiro e teñen transferido sustancialmente os riscos e beneficios inherentes á súa propiedade.

4.4. Instrumentos financeiros de pasivo:

Pasivos financeiros aos que resulta de aplicación a presente norma:

o Débitos por operacións comerciais: Provedores e acredores varios.

Os pasivos financeiros a efectos da súa valoración clasifícanse na seguinte categoría: o Pasivos financeiros a custe amortizado: nesta categoría inclúense os seguintes:

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 11

1) Débitos por operacións comerciais: Provedores e acredores varios que se orixinan pola compra de bens e servizos por operacións de trafico do Colexio.

Valoración inicial

Os pasivos financeiros incluídos nesta categoría valoraranse inicialmente polo custe, que equivalera ao valor razoábel da contraprestación recibida axustado polos custos da transacción que sexan directamente atribuíbeis. Non obstante os pasivos financeiros con vencemento non superior a un ano e que non teñan un tipo de xuro contractual, porque o seu importe se espera pagar no curto prazo, valóranse polo seu valor nominal, dado que os efectos de non actualizar os fluxos de efectivo non e significativo.

Valoración posterior

Os pasivos financeiros incluídos nesta categoría valoraranse polo seu custe amortizado. Non obstante, os pasivos con vencemento non superior a un ano e que de acordo co disposto no apartado anterior, se valoren inicialmente polo seu valor nominal, continuaran valorándose por dito importe.

O Colexio dá de baixa os pasivos financeiros cando se extinguen as obrigacións que os xeraron.

Os gastos financeiros, contabilízanse segundo o criterio do deveño na conta de perdas e ganancias utilizando o método do interese efectivo e engádense ao importe en libros do instrumento financeiro na medida en que non se liquidan no período en que se producen.

4.5. Arrendamentos operativos e financeiros

Os arrendamentos clasifícanse como arrendamentos financeiros sempre que das condicións dos mesmos se deduza que se transfiren ao arrendatario substancialmente os riscos e beneficios inherentes á propiedade do activo obxecto do contrato. Os demais arrendamentos clasifícanse como arrendamentos operativos. Ó peche do exercicio o Colexio só ten arrendamentos operativos.

� Arrendamento operativo

Nas operacións de arrendamento operativo, a propiedade do ben arrendado e substancialmente tódolos riscos e vantaxes que recaen sobre o ben, permanecen no arrendador. Os ingresos e gastos derivados dos acordos de arrendamento operativo cárganse á conta de perdas e ganancias no exercicio no que se deveña.

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 12

4.6. Provisións Ao tempo de formular as contas anuais débese diferenciar entre: Provisións: pasivos que cobren obrigacións presentes á data do balance xurdidas como consecuencia de sucesos pasados dos que poden derivarse prexuízos patrimoniais de probable materialización para o Colexio, cuxo importe e momento de cancelación son indeterminados. Devanditos saldos rexístranse polo valor actual do importe máis probable que se estima que o Colexio terá que desembolsar para cancelar a obrigación. Pasivos continxentes: obrigacións posibles xurdidas como consecuencia de sucesos pasados, cuxa materialización está condicionada a que ocorra, ou non, un ou máis eventos futuros independentes da vontade do Colexio As contas anuais do Colexio recollen todas as provisións significativas con respecto ás cales se estima que é probable que se teña que atender a obrigación. Os pasivos continxentes, se os houber, non se recoñecen na conta de perdas e ganancias, senón que se informa sobre os mesmos na memoria correspondente, conforme aos requirimentos da normativa contable. As provisións (que se cuantifican tendo en consideración a mellor información dispoñible sobre as consecuencias do suceso que as orixina e son reestimadas con ocasión de cada peche contable) utilízanse para afrontar as obrigacións específicas para as cales foron orixinalmente recoñecidas, procedéndose á súa reversión, total ou parcial, cando devanditas obrigacións deixan de existir ou diminúen. 4.7. Clasificación de saldos entre corrente e non corrente

No balance de situación adxunto, os saldos clasifícanse en non correntes e correntes. Os correntes comprenden aqueles saldos que o Colexio espera vender, consumir, desembolsar ou realizar no transcurso do ciclo normal de explotación; aqueles outros que non correspondan con esta clasificación considéranse non correntes.

4.8. Contabilización de ingresos e gastos: Os ingresos e gastos impútanse en función do criterio do deveño, é dicir, cando se produce a corrente real de bens e servizos que os mesmos representan, con independencia do momento en que se produza a corrente monetaria ou financeira derivada deles. Os ingresos calcúlanse ao valor razoable da contraprestación cobrada ou a cobrar e representan os importes a cobrar polos bens entregados e os servizos prestados no marco ordinario da actividade, menos descontos, e outros impostos relacionados cos servizos prestados. Os ingresos ordinarios asociados á prestación de servizos recoñécense igualmente considerando o grao de realización da prestación á data de balance, a condición de que o resultado da transacción poida ser estimado con fiabilidade.

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 13

4.9. Imposto sobre sociedades Con data 24 de decembro de 2002, publicouse no BOE nº 307, a Lei 49/2002, de 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, na que se regula no seu Título II o réxime fiscal especial aplicable ás entidades sen fins lucrativos, sempre que estas cumpran os requisitos establecidos na mesma, e onde se definen as características de devanditas entidades. Coa entrada en vigor de devandita Lei compútanse unicamente como base impoñible do Imposto sobre Sociedades os ingresos e gastos correspondentes ás explotacións económicas non exentas, sendo gravada a un tipo único do 25%. O gasto ou ingreso por imposto sobre beneficios comprende a parte relativa ao gasto ou ingreso polo imposto corrente e a parte correspondente ao gasto ou ingreso por imposto diferido. O imposto corrente é a cantidade que o Colexio satisfai como consecuencia das liquidacións fiscais do imposto sobre o beneficio relativas a un exercicio. As deducións e outras vantaxes fiscais na cota do imposto, excluídas as retencións e pagos a conta, así como as perdas fiscais compensables de exercicios anteriores e aplicadas efectivamente neste, dan lugar a un menor importe do imposto corrente. 4.10. Subvencións, doazóns e legados Para a contabilización das subvencións, doazóns e legados recibidos o Colexio segue os criterios seguintes:

� Subvencións, doazóns e legados de capital non reintegrables: Valóranse polo valor razoable do importe ou do ben concedido, en función de se son de carácter monetario ou non, e impútanse a resultados en proporción á dotación á amortización efectuada no período para os elementos subvencionados ou, no seu caso, cando se produza o seu alleamento ou corrección valorativa por deterioración.

� Subvencións de carácter reintegrables: Mentres teñen o carácter de reintegrables contabilízanse como pasivos.

� Subvencións de explotación: Abónanse a resultados no momento en que se conceden agás se destinan a financiar déficit de explotación de exercicios futuros, nese caso imputaranse en devanditos exercicios. Si se conceden para financiar gastos específicos, a imputación realizarase a medida que se deveñen os gastos financiados.

4.11. Gastos de persoal

De acordo coa lexislación vixente, o Colexio está obrigada ó pago de indemnizacións a aqueles empregados cos que, baixo determinadas condicións, rescinda as súas relacións laborais.

Polo tanto, ante a ausencia de calquera necesidade previsible de terminación anormal de emprego e dado que non reciben indemnizacións aqueles empregados que se xubilan ou cesan voluntariamente os seus servizos, os pagos por indemnizacións cando xorden,

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 14

cárganse a gastos do exercicio no que se toma a decisión de efectualo despido. A 31 de decembro de 2016 non se rexistrou provisión algunha por este concepto, dado que a Xunta Directiva non agarda que se produzan despedimentos de importancia no futuro.

No convenio colectivo aplicable ó Colexio non existe a obriga de contratar plans de pensións, para os traballadores que prestan os seus servizos á entidade, e o Colexio non estableceu un plan de pensións voluntario. 4.12. Elementos patrimoniais de natureza ambiental

Considéranse activos de natureza ambiental os bens que son utilizados de forma duradeira na actividade do Colexio, cuxa finalidade principal é a minimización do impacto medioambiental e a protección e mellora do medioambiente, incluíndo a redución ou eliminación da contaminación futura. Dada a actividade á que se adica ó Colexio, a Xunta Directiva confirma que non ten responsabilidades, gastos, activos, nin provisións e continxencias de natureza medioambiental que puideran ser significativos en relación co patrimonio, a situación financeira e os resultados da mesma. Por este motivo non se inclúen desgloses específicos na presente memoria respecto da información de cuestións medioambientais.

NOTA 5. INMOBILIZADO O movemento de cada unha destas partidas, durante os exercicios 2016 e 2015, foi o seguinte: Exercicio 2016

CONCEPTO Saldo inicial a 01/01/2016 Entradas Saídas Traspasos

Saldo final a 31/12/2016

INMOBILIZADO INTANXIBLE 0,00 0,00 0,00

INMOBILIZADO MATERIAL 2.875,46 295,75 3.171,21

TOTAIS 2.875,46 295,75 0,00 0,00 3.171,21

AMORTIZACIÓNS

CONCEPTO Saldo inicial a 01/01/2016 Entradas Saídas Traspasos

Saldo final a 31/12/2016

INMOBILIZADO INTANXIBLE 0,00 0,00

INMOBILIZADO MATERIAL 1.897,80 383,04 2.280,84

TOTAIS 1.897,80 383,04 0,00 0,00 2.280,84

CORRECCIÓNS POR DETERIORO

CONCEPTO Saldo inicial a 01/01/2016 Entradas Saídas Traspasos

Saldo final a 31/12/2016

INMOBILIZADO INTANXIBLE 0,00 0,00

INMOBILIZADO MATERIAL 0,00 0,00

TOTAIS 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 15

Exercicio 2015

CONCEPTO Saldo inicial a

01/01/2015 Entradas Saídas Traspasos Saldo final a 31/12/2015

INMOBILIZADO INTANXIBLE 0,00 0,00 0,00 INMOBILIZADO MATERIAL 2.875,46 2.875,46

TOTAIS 2.875,46 0,00 0,00 0,00 2.875,46 AMORTIZACIÓNS

CONCEPTO Saldo inicial a

01/01/2015 Entradas Saídas Traspasos Saldo final a 31/12/2015

INMOBILIZADO INTANXIBLE 0,00 0,00 INMOBILIZADO MATERIAL 1.531,18 366,62 1.897,80

TOTAIS 1.531,18 366,62 0,00 0,00 1.897,80 CORRECCIÓNS POR DETERIORO

CONCEPTO Saldo inicial a

01/01/2015 Entradas Saídas Traspasos Saldo final a 31/12/2015

INMOBILIZADO INTANXIBLE 0,00 0,00 INMOBILIZADO MATERIAL 0,00 0,00

TOTAIS 0,00 0,00 0,00 0,00 0,00

� Non existen elementos suxeitos a contratos de arrendamento financeiro ou circunstancias similares.

� Tódolos elementos de inmobilizado están libres de cargas. � Non existen bens de inmobilizado que estean totalmente amortizados a 31/12/2016. � Non existen inmobles cedidos á entidade, nin por ela a outras.

NOTA 6. ACTIVOS FINANCEIROS No seguinte cadro preséntase a información dos activos financeiros do balance de situación do Colexio, clasificados por categorías:

Clases

Instrumentos Financeiros a Curto prazo

Total Créditos, derivados e outros

Categorías 2016 2015 2016 2015

A.F. a custe amortizado 100,00 363,00 100,00 363,00

TOTAL 100,00 363,00 100,00 363,00

No cadro anterior non se mostran nin os saldos en efectivo, nin os créditos coa Administración Pública, sendo estes ó 31 de decembro de 2016 por importe de 0,00 euros e de 0,00 euros no 2015.

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 16

NOTA 7. PASIVOS FINANCEIROS

No seguinte cadro preséntase a información dos pasivos financeiros do balance de situación do Colexio, clasificados por categorías:

Clases

Instrumentos Financeiros a Curto prazo

Total Derivados e outros

Categorías 2016 2015 2016 2015

P.F. a custe amortizado 2.332,72 297,42 2.332,72 297,42

TOTAL 2.332,72 297,42 2.332,72 297,42

No cadro anterior non se mostran os créditos coa Administración Pública, sendo estes ó 31 de decembro de 2016 dun importe de 1.489,20 euros e de 1.544,06 euros no 2015. A Entidade non ten débedas suxeitas a garantía real.

NOTA 8. PATRIMONIO NETO

O movemento durante o exercicio de cada unha das partidas que constitúen os Fondos Propios é o seguinte:

Exercicio 2016

CONCEPTO SALDO A 1/01/2016 AUMENTOS TRASPASOS

SALDO A 31/12/2016

A-1) Fondos propios 71.798,58 11.565,29 0,00 83.363,87

II. Reservas 77.312,30 -5.513,72 71.798,58

IV. Excedente do exercicio. -5.513,72 11.565,29 5.513,72 11.565,29

Exercicio 2015

CONCEPTO SALDO A 1/01/2015 AUMENTOS TRASPASOS

SALDO A 31/12/2015

A-1) Fondos propios 77.312,30 -5.513,72 0,00 71.798,58 II. Reservas 76.416,40 895,90 77.312,30 IV. Excedente do exercicio. 895,90 -5.513,72 -895,90 -5.513,72

As variacións do exercicio foron as seguintes: 2016: - Imputación dos resultados do exercicio anterior 2015: - Imputación dos resultados do exercicio anterior

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 17

NOTA 9. SITUACIÓN FISCAL

De acordo coa lexislación vixente, todos os exercicios pasados, ata un máximo de catro anos, están suxeitos a inspección por parte das autoridades fiscais. Dadas as múltiples interpretacións posibles da normativa fiscal, as distintas actitudes que poden adoitar os inspectores actuantes en cada caso, e os distintos usos que a entidade decida facer dos mecanismos de defensa legal existentes, é imprevisible o desenlace final dos exercicios abertos a inspección e se deles se derivarán pasivos adicionais non contabilizados. Débese entender polo tanto, que algún custo fiscal pode quedar inevitablemente diferido a exercicios futuros pola imposibilidade da súa estimación actual, e para os cales a entidade non dotou provisión algunha ó respecto. A Xunta Directiva do Colexio considera que se practicaron adecuadamente as liquidacións dos mencionados impostos, polo que, aínda no caso de que xurdisen discrepancias na interpretación normativa vixente polo tratamento fiscal outorgado ás operacións, os eventuais pasivos resultantes, en caso de materializarse, non afectarían de maneira significativa ás contas anuais adxuntas. Preséntase a continuación a conciliación entre o resultado contable e o resultado fiscal, así como a base para establecer a previsión do imposto de sociedades:

Exercicio 2016:

CONCEPTOS AUMENTOS DIMINUCIÓNS IMPORTES RESULTADO CONTABLE ANTES DE IMPOSTOS 11.565,29 DIFERENZAS PERMANENTES ENTIDADE PARC. EXENTA 65.912,55 77.767,73 0,00 OUTRAS DIFERENZAS PERMANENTES 0,00 BASE IMPOÑÍBEL -289,89 COTA LIQUIDA 25% 0,00 DEDUCCIONS DA COTA 0,00 RETENCIÓNS E PAGOS A CONTA 0,00 COTA DIFERENCIAL. CUOTA 0 0,00

Información sobre os axustes ao resultado contable do exercicio 2016

Actividades exentas en virtude do establecido na Lei 49/2002, de 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado. **Axustes positivos (aumentos) Gastos xerais directamente imputables a fins propios 65.912,55

**Axustes negativos (diminucións) Ingresos por cotas colexiados 77.767,73

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 18

Exercicio 2015: CONCEPTOS AUMENTOS DIMINUCIÓNS IMPORTES

RESULTADO CONTABLE ANTES DE IMPOSTOS -5.513,72

DIFERENZAS PERMANENTES ENTIDADE PARC. EXENTA 70.377,66 67.515,60 0,00 OUTRAS DIFERENZAS PERMANENTES 1.206,05 0,00 BASE IMPOÑÍBEL -1.445,61

COTA LIQUIDA 25% 0,00

DEDUCCIONS DA COTA 0,00

RETENCIÓNS E PAGOS A CONTA 0,00

COTA DIFERENCIAL. CUOTA 0 0,00

Información sobre os axustes ao resultado contable do exercicio 2015

Actividades exentas en virtude do establecido na Lei 49/2002, de 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado. **Axustes positivos (aumentos) Gastos xerais directamente imputables a fins propios 70.377,66

**Axustes negativos (diminucións) Ingresos por cotas colexiados 67.515,60

Detalle das bases a compensar de períodos anteriores: EXERCICIO IMPORTE COMPENSADO

EXERCICIOS ANTERIORES

COMPENSADO 2016

IMPORTE PTE. DE COMPENSACIÓN

2015 1.445,61 1.445,61 2016 289,89 289,89 TOTAL 1.735,50 0,00 0,00 1.735,50

NOTA 10. GASTOS E INGRESOS

A continuación móstrase o detalle dos conceptos que compoñen as partidas da conta de Perdas e Ganancias do exercicio 2016 e o comparativo co exercicio anterior:

a) Ingresos da entidade pola actividade propia: CONCEPTO 2016 2015

Cotas colexiados 77.497,73 67.515,60 Cotas cursos formación 270,00 1.125,00

TOTAL 77.767,73 68.640,60

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 19

b) Axudas monetarias e outros CONCEPTO 2016 2015

Reembolso gastos por desprazamentos Xunta directiva 1.491,90 1.084,28

TOTAL 1.491,90 1.084,28

c) Vendas e outros ingresos ordinarios

CONCEPTO 2016 2015

Prestación servizos 1.232,64 150,00

Vendas 293,62 658,40 TOTAL 1.526,26 808,40

d) Outros ingresos

CONCEPTO 2016 2015

Comisións 0,00 300,00 Outros 25,92 25,92

TOTAL 25,92 325,92

e) Gastos de persoal:

CONCEPTO 2016 2015

Soldos, salarios e asimilados 27.138,14 27.945,58 Indemnizacións 0,00 5.500,00 Outros gastos sociais (cursos + prima seg. convenio) 44,87 1.270,00 Seguridad Social Empresa 7.670,04 8.592,62

Total 34.853,05 43.308,20 Número medio de persoas empregadas no Colexio:

Categoría Profesional

2016 2015

HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL

Xerente 1 1 1 1

Técnicos 0,07 0,04 0,11

Aux. Administrativos 0,33 0,33 TOTAL 1,00 0,33 1,33 1,07 0,04 1,11

Non se rexistraron no exercicio 2016 nin no anterior “Perdas de créditos comerciais incobrables”, nin dotacións por deterioro de créditos.

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 20

f) Outros gastos de explotación

CONCEPTO 2016 2015 Aluguer oficina 3.000,00 3.225,00 Reparacións e conservación 71,49 33,05 Servizos de profesionais independentes 3.184,60 3.056,79 Primas de seguros 632,46 2.049,77 Servizos bancarios 373,31 320,30 Publicidade e propaganda 68,21 0,00 Teléfono / fax / correos / web 1.655,95 1.318,71 Material oficina 331,26 92,60 Gastos de desprazamento e representación (persoal) 1.433,07 1.557,88 Asistencia a Consellos (Xunta Directiva) 1.127,70 990,00 Cotas Consejo Colegios Oficiales e outros 14.572,66 12.735,19 Servizos de comunicación 900,00 0,00 Gastos adaptación LOPD 250,00 0,00 Formación continua 420,00 0,00 Gastos varios 244,02 1.252,87 IVE non deducible 2.264,98 2.032,93

Subtotal 30.529,71 28.665,09 Perdas de créditos comerciais incobrables 0,00 0,00

Subtotal 0,00 0,00 Total 30.529,71 28.665,09

NOTA 11. INFORMACIÓN SOBRE O PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES

EN OPERACIÓNS COMERCIAIS

A Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, sinala: “As sociedades deberán publicar de forma expresa as informacións sobre os prazos de pago a provedores na Memoria das súas Contas Anuais”. Así mesmo, a Resolución de 29 de xaneiro de 2016 do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas dita a información a incluír na memoria en aras do cumprimento coa citada Lei. Así pois, en función do establecido na citada resolución, subministramos a seguinte información:

Período medio de pago a provedores

Ano 2016 Ano 2015

4 días 4 días

O periodo medio de pago a provedores obtívose tendo en conta a media do saldo mensual da partida de acredores comerciais, excluíndo o IVE de ditos saldos, e o importe das compras netas e gastos por servizos exteriores.

CONTAS ANUAIS ABREVIADAS DO EXERCICIO 2016

ILUSTRE COLEXIO OFICIAL DE LICENCIADOS EN EDUCACIÓN FÍSICA E EN

CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE DE GALICIA

páx. 21

NOTA 12. GARANTÍAS COMPROMETIDAS CON TERCEIROS

Á 31 de Decembro de 2016 o Colexio, non tiña formalizados avais ou garantías a favor de terceiros

NOTA 13. OUTRA INFORMACIÓN O importe dos soldos, dietas e remuneracións de calquera clase devengados no curso do exercicio polos membros da Xunta Directiva ascenden a 2.619,60 €, en concepto de compensación de gastos por asistencia a xuntanzas. No exercicio anterior polo mesmo concepto, o importe foi de 2.074,28 euros.

Os membros da Xunta Directiva no recibiron anticipos, nin crédito algún durante o exercicio, nin tampouco existen obrigas contraídas en materia de pensións ou seguros de vida respecto dos antigos e actuais membros.

NOTA 14. INFORMACIÓN SOBRE O MEDIO AMBIENTE

O Colexio non realizou inversións nin incorreu en gastos ambientais no exercicio 2016 e non recibiu subvencións por inversións realizados no medio ambiente. A Xunta Directiva entende que non contraeu continxencias relacionadas co medio ambiente.

Edificio FEUGA. Despacho 20. Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

981 553 363 – [email protected] – www.colefgalicia.com – CIF Q3678001C

PROMOCIÓNS NAS COTAS DE COLEXIACIÓN 2017 PROMOCIÓNS COTA DE ALTA

Profesional titulada/o recente 1 25 € Aplicable o primeiro ano logo da obtención do título.

Profesional titulada/o recente precolexiada/o 1 0 €

Reingreso 25 € Aplicable cando se estivo colexiado con anterioridade. En paro2 0 € Aplicable a persoas en situación de desemprego.

PROMOCIÓNS COTA 1º ANO Profesional titulada/o recente 1 60,00 €

Aplicable o primeiro ano logo da obtención do título. Profesional titulada/o recente precolexiada/o 1 25,00 €

PROMOCIÓNS COTA ANUAL Colexiada/o de honra 0 € Aplicable a colexiadas/os xubiladas/os.

Colexiada/o de honra asegurada/o 0 € Aplicable a colexiadas/os xubiladas/os interesados na

cobertura de RC.

Parella de colexiadas/os 2 220 € Aplicable a matrimonios e parellas de feito

Colaborador/a en colexiación -25% por alta Aplicable a colexiadas/os que consigan novas altas. Máximo de 4 altas anuais.

PROMOCIÓNS COTA DE ALTA E ANUAL Familia numerosa -20 % Aplicable a proxenitores de familia numerosa

Persoa con diversidade funcional 2 -20 % Aplicable a persoas con diversidade funcional

1 Con compromiso de permanencia o 2º ano. 2 Previa presentación de certificación correspondente.

Edificio FEUGA. Despacho 20. Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

981 553 363 – [email protected] – www.colefgalicia.com – CIF Q3678001C

COTAS E CONDICIÓNS DE COLEXIACIÓN 2017

COTA DE ALTA

Colexiada/o 50,00 € Aplicable a profesionais tituladas/os universitarios en Educación Física e Deporte.

COTA ANUAL

Colexiada/o

exercente 20,00 €

Aqueles que exerzan a profesión en calquera das súas diversas modalidades, ou desempeñen funcións en relación coa súa titulación.

Seguro de Responsabilidade civil incluído.

Colexiada/o non

exercente 60,00 €

Aqueles que desexen pertencer á organización colexial sen estar obrigados a iso, ou os que non exerzan a profesión libre.

Sen seguro de responsabilidade civil.

PRORRATEO PARA NOVOS COLEXIADOS

Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec

Exercente 120 € 113 € 106 € 99 € 92 € 85 € 78 € 71 € 64 € 57 € 51 € 44 €

Non exercente 60 € 57,5 € 55 € 53 € 50 € 48 € 45,5 € 43 € 40,5 € 38 € 35,50 € 33 €

INGRESOSCotas con altas 87.000,00Accións formativas propias 2.400,00Devolucións -4.000,00Intereses 0,00 Prestación de servizos e asistencias técnicas 3.000,00 Publicidade e colaboracións 1.000,00Patrocinios 4.000,00Tenda corporativa 2.000,00 Visados 0,00

9 . 00,00 €

GASTOSSalarios ordinarios -25.000,00Incentivos 0,00Seguros Sociales -10.000,00Colaboradora formación e outros organización -1.500,00 Tributos -3.000,00Gastos representación XD -2.500,00Consello Xeral COLEF e CAFD -14.500,00Unión Profesional de Galicia 2016 -500,00 Arrendamentos -3.630,00Formación Continua -420,00 Papelería e recursos tecnolóxicos -2.000,00 Taxas -100,00 Servizos externos -200,00 Teléfono + ADSL -1.000,00Envíos e certificados -350,00Servizo xurídico -1.000,00Asesoría laboral e fiscal -2.500,00Web, aloxamento e dominio -10.000,00Seguros -700,00Asesoramento Protección de Datos -500,00Gastos financeiros -450,00Convenio AGAXEDE -450,00Colaboracións -600,00Proxectos -8.000,00Doazóns -500,00Stock comercial -1.000,00Ponentes -1.000,00Comunicación -2.000,00 Regalo Nadal 2016 -1.500,00Envío Regalo Nadal 2016 -500,00

-9 . 00,00 €

ORZAMENTO 2017

PLAN ANUAL 2017 – Obxectivos

Formación

Desenrolar o programa formativo para 2017 (Propor 6 accións formativas)

Manter a colaboradora en formación no 2º semestre de 2017

Defensa profesional

Preparar e trasladar documento informativo sobre contratación a entidades públicas e empresas.

Estratexia coa SXD e partidos políticos para Ordenación profesional.

Continuar coas impugnacións das bases de concursos públicos para persoal de AfeD.

Denunciar incumprimentos da Lei do Deporte en contratación persoal de AfeD e en formación.

Persoal

Acordar unha retribución extra por obxectivos coa Xerencia

Proxectos

Por en marcha a 1ª fase do proxecto Móvete+

Realizar un selo de calidade de servizos e entidades deportivas.

o Deseño: 1-2 trimestre / Posta en funcionamento: 3º trimestre

Recursos informáticos e dixitais

Por en funcionamento a nova páxina web antes de finalizar o 2º trimestre do ano.

Repoñer copiadora-escáner dixital BN/Cor

Entidades

Consolidar colaboración con entidades do ámbito sanitario para a elaboración de proxectos conxuntos

Avanzar na execución pendente do Convenio Galicia Saudable

Solicitar a reunión coas seguintes entidades:

o Secretaría Xeral para o deporte (2 anuais). Regulación/Formación/Proxectos

o Deputacións (1 anual). Presentación Proxecto Móvete+

o Partidos políticos (1 anual). Regulación

Captación

Organizar 1 evento informativo en cada Facultade.

Organizar unha campaña específica en cada facultade durante o período máis sensible á súa recepción,

especialmente para os alumnos de último curso.

Medios de comunicación

Analizar e avanzar no servizo externo de comunicación

Rematar estudo sobre o perfil dos técnicos deportivos municipais para que poida enviarse a medios científicos e

de comunicación

Comunicar impugnacións das bases de concursos públicos para persoal de AfeD e denuncias de incumprimentos

da Lei do Deporte en contratación persoal de AfeD e en formación.

Convenios

Concretar actividades coa Liga Reumatolóxica Galega

Plantexar convenio co Colexio de Dietistas/Nutricionista de Galicia

Estatutos

Presentar a Asamblea 2017 proposta de renovación de estatutos

Elementos corporartivos

Convocar a reserva dun chándal corporativo e proceso de venda

Buscar alternativas para os camiseiros corporativos en stock (por matrícula en cursos/sorteos)

Alumnado en prácticas

Rematar estudo sobre o perfil dos colexiados que poida enviarse a medios científicos e de comunicación

Ofrecer a opción de realizar prácticas no COLEF Galicia