8
Memoria Erasmus+ Finlandia Llara Mejuto Mosteiro Curso: 2017-2018

Memoria Erasmus+ Finlandia 17-18... · Memoria Erasmus+ Finlandia Llara Mejuto Mosteiro Curso: 2017-2018. Datos da profesora participante: Nome e apelidos: Llara Mejuto Mosteiro Ciclo

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Memoria Erasmus+ Finlandia 17-18... · Memoria Erasmus+ Finlandia Llara Mejuto Mosteiro Curso: 2017-2018. Datos da profesora participante: Nome e apelidos: Llara Mejuto Mosteiro Ciclo

Memoria Erasmus+

Finlandia

Llara Mejuto Mosteiro

Curso: 2017-2018

Page 2: Memoria Erasmus+ Finlandia 17-18... · Memoria Erasmus+ Finlandia Llara Mejuto Mosteiro Curso: 2017-2018. Datos da profesora participante: Nome e apelidos: Llara Mejuto Mosteiro Ciclo

Datos da profesora participante:

Nome e apelidos: Llara Mejuto Mosteiro

Ciclo no que imparte clase: Educación infantil

Módulos impartidos: O xogo infantil e a súa metodoloxía e Autonomía persoal e saúde

infantil.

Curso académico: 2017-2018

Datos do centro:

Nome: CIFP Ánxel Casal – Monte Alto

Enderezo: Paseo marítimo, 47. A Coruña, 15002

Coordinadora de programas internacionais: Cristina Vázquez Fernández

Datos do centro de acollida:

Nome: Luksia

Enderezo: LOHJA: Toivonkatu 4, 08100 Lohja

NUMMELA: Ojakkalantie 2, 03100

Coordinadora de programas internacionais: Riikka Suhonen

Obxectivos da mobilidade:

• Intercambiar experiencias profesionais no campo da educación infantil, que nos

permita innovar no noso ámbito de traballo.

• Actualizar e aprender novos coñecementos teórico prácticos relacionados coa

organización de espazos educativos, relación coas familias, así como adquirir

novas competencias profesionais.

• Coñecer os proxectos pedagóxicos e a organización dalgúns dos servizos

educativos da educación finesa.

• Profundar e reflexionar a través da discusión e confrontación de diferentes puntos

de vista, sobre as características dos diferentes modelos educativos.

Page 3: Memoria Erasmus+ Finlandia 17-18... · Memoria Erasmus+ Finlandia Llara Mejuto Mosteiro Curso: 2017-2018. Datos da profesora participante: Nome e apelidos: Llara Mejuto Mosteiro Ciclo

Temporalización e desenvolvemento das actividades:

A mobilidade levouse a cabo ao longo de 5 días no mes de maio, dende o 21 ata o 25 de

maio de 2018.

Día 21/05/2018

O primeiro día tivemos unha reunión no centro de Luksia en Lohja coa coordinadora de

programas internacionais, Rikka. Coñecemos as instalacións do centro educativo e a

parte do equipo de profesorado que alí traballa, cos que puidemos intercambiar puntos de

vista sobre o modelo educativo finés e español.

Despois Rikka amosounos unha presentación sobre a sociedade e educación finesa, e

seguimos a profundizar no coñecemento deste país.

Ao final da mañá achegámonos á escola infantil “Ojaniittu Kindergarten” onde ademais de

coñecer os espazos e as educadoras que traballan alí, tivemos unha alumna galega que

estaba a desenvolver a súa FCT do ciclo de educación infantil na escola. Foi ela e a

subdirectora da escola que nos puxeron ao día sobre o funcionamento da escola e

resolveron as nosas dúbidas.

Día 22/05/2018

O alumnado do ciclo de turismo organizounos unha visita a mina do pobo e agasallounos

cunha barbacoa no lago.

Compartimos a xornada con outros profesores/as e alumnos/as que estaban de Erasmus,

cos que tamén intercambiamos opinións e ideas sobre educación.

Visitamos a parte da mina que hoxe en día é un museo, e sorprendeunos o ben

preparada que estaba para recibir aos nenos/as de todas as etapas educativas (con

xogos, zonas de descanso, exposicións de artistas locais...), e tamén perfectamente

adaptada para persoas con diversidade funcional.

Page 4: Memoria Erasmus+ Finlandia 17-18... · Memoria Erasmus+ Finlandia Llara Mejuto Mosteiro Curso: 2017-2018. Datos da profesora participante: Nome e apelidos: Llara Mejuto Mosteiro Ciclo
Page 5: Memoria Erasmus+ Finlandia 17-18... · Memoria Erasmus+ Finlandia Llara Mejuto Mosteiro Curso: 2017-2018. Datos da profesora participante: Nome e apelidos: Llara Mejuto Mosteiro Ciclo

Día 23/05/2018

Pasamos a xornada na escola infantil OJANITTUTALO, coas educadoras e os nenos/as

de 0 a 3 anos.

Compartimos con eles/as toda a xornada, observando momentos claves no día a día

como son a comida, o descanso, os momentos de hixiene e o xogo.

Tamén mantivemos ao longo da mañá diversas conversas coas distintas educadoras coa

finalidade de profundar máis no coñecemento desta etapa educativa, resolver dúbidas e

intercambiar puntos de vista.

Page 6: Memoria Erasmus+ Finlandia 17-18... · Memoria Erasmus+ Finlandia Llara Mejuto Mosteiro Curso: 2017-2018. Datos da profesora participante: Nome e apelidos: Llara Mejuto Mosteiro Ciclo

Día 24/05/2018

A primeira parte da xornada visitamos unha escola no bosque en Nummela. Coñecemos o

desenvolvemento dunha xornada en plena natureza, os recursos que empregan, as

actividades que desenvolven,...

Intercambiamos impresións tanto coas educadoras como cos nenos e as nenas.

Page 7: Memoria Erasmus+ Finlandia 17-18... · Memoria Erasmus+ Finlandia Llara Mejuto Mosteiro Curso: 2017-2018. Datos da profesora participante: Nome e apelidos: Llara Mejuto Mosteiro Ciclo

Despois visitamos ao alumnado e profesorado do ciclo de educación infantil.

Presentámonos, presentamos o noso centro e a nosa cidade. Comparamos materias e

organización do centro e das clases, recursos e materiais. Intercambiamos opinións e

propostas de mellora. Intercambiamos cancións e xogos.

Día 25/05/2018

Volvemos pasar a xornada na escola infantil OJANITTUTALO. E aproveitando un tempo

totalmente atípico nesta época en Finlandia, fumos dar un paseo polo bosque cos máis

cativos/as da escola.

Page 8: Memoria Erasmus+ Finlandia 17-18... · Memoria Erasmus+ Finlandia Llara Mejuto Mosteiro Curso: 2017-2018. Datos da profesora participante: Nome e apelidos: Llara Mejuto Mosteiro Ciclo

Sinalar que foi unha experiencia, tanto de aprendizaxe a nivel persoal como profesional,

moi gratificante. Tivemos unha acollida excepcional, grandes profesionais que nos

axudaron moito a coñecer de primeira man e a profundar no funcionamento do sistema

educativo finés. Sen dúbida unhas aprendizaxes que terán a súa repercusión no día a día

da aula no vindeiro curso 2018-2019.