17
NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA) Por Miguel Anxo SARTAL LORENZO1 Departamento de Historia 1 Universidade de Santiago de Compostela Abstract: Our intention is to inform about the existance of new Petroglyph in Poio (Pontevedra). We make a list of discovered stations, a description of the things observed with the naked eye and it might be wise makingspecific archeological control plans in those areas suffering strong urbanistic pressure. Key words: Rock Art, Calcolithic, Bronze Age. O concello de Poio é un lugar onde tefíen unha presencia destacabie os gravados rupestres. Situado na marxe dereita da ría de Pontevedra, entre os concellos de Pontevedra e Sanxenxo, ó longo deste século descubríronse moi- tas insculturas nas visitas que recibía o municipio por parte de diversos investi- gadores. Petroglifos e investigadores que aparecen recollidos no libro Antropo- logía y Arqueología de la margen derechade la ría de Pontevedra (AparicioCasado, 1989), ós que hai que sumar nestes últimos anos dous novos petroglifos: os petroglifos Pozo Ventura e Outeiro da Choqueira(Sartal Lorenzo, 1999a, 1999b, no prelo). O número de petroglifos atopados fai aparentar que Poio é unha zona moi estudiada e que xa está case todo descuberto; pero non se trata máis que dunha apariencia que minimiza a atención que se debe poñer á forte urbanización que está a sufri-lo concello, para evita-la destrucción do patrimonio cultural que posúe. De feito xadesapareceron petroglifose outros restos arqueolóxicosdos que se tivo constancia (Aparicio Casado, 1989); ademais doutros que puideron des- aparecer sen que chegaran a coñecerse2.Estes actos poderían ser evitados se se fixeran as prospeccións pertinentes e un plan de salvagarda, aínda que fora tan só naquelas zonas máis proclives a ser edificadas, nas que hai movementos de te- rra destacables, debido a unhas condicións xeográficas que hoxe atraen a gran- de cantidade de xente, un feito que nas Rías Baixas está moi acentuado. A isto hai que suma-lo abandono do monte, que fai que a localizacióndeses restos, no caso de existiren en superficie, sexa difícil. Eses plans de protección ademais de l Quero mostrar desde aquí o meu agradecemento a Mar Llinares polas puntualizacións que me fixo, a Nolo e a Benxa pola axuda prestada, e a meu pai por darme a coñecer con tanto interese os petroglifos de Vilar. * Parece se-lo caso da chamada Laxe da Armadiña, no Xubiño, que segundo me dixeron tiña uns gravados e quedou soterrada baixo a estrada que fixeron polo camiño onde se atopaba.

NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

Por Miguel Anxo SARTAL LORENZO1

Departamento de Historia 1

Universidade de Santiago de Compostela

Abstract: Our intention is to inform about the existance of new Petroglyph in Poio (Pontevedra). We make a list of discovered stations, a description of the things observed with the naked eye and it might be wise making specific archeological control plans in those areas suffering strong urbanistic pressure.

Key words: Rock Art, Calcolithic, Bronze Age.

O concello de Poio é un lugar onde tefíen unha presencia destacabie os gravados rupestres. Situado na marxe dereita da ría de Pontevedra, entre os concellos de Pontevedra e Sanxenxo, ó longo deste século descubríronse moi- tas insculturas nas visitas que recibía o municipio por parte de diversos investi- gadores. Petroglifos e investigadores que aparecen recollidos no libro Antropo- logía y Arqueología de la margen derecha de la ría de Pontevedra (Aparicio Casado, 1989), ós que hai que sumar nestes últimos anos dous novos petroglifos: os petroglifos Pozo Ventura e Outeiro da Choqueira (Sartal Lorenzo, 1999a, 1999b, no prelo).

O número de petroglifos atopados fai aparentar que Poio é unha zona moi estudiada e que xa está case todo descuberto; pero non se trata máis que dunha apariencia que minimiza a atención que se debe poñer á forte urbanización que está a sufri-lo concello, para evita-la destrucción do patrimonio cultural que posúe. De feito xadesapareceron petroglifos e outros restos arqueolóxicos dos que se tivo constancia (Aparicio Casado, 1989); ademais doutros que puideron des- aparecer sen que chegaran a coñecerse2. Estes actos poderían ser evitados se se fixeran as prospeccións pertinentes e un plan de salvagarda, aínda que fora tan só naquelas zonas máis proclives a ser edificadas, nas que hai movementos de te- rra destacables, debido a unhas condicións xeográficas que hoxe atraen a gran- de cantidade de xente, un feito que nas Rías Baixas está moi acentuado. A isto hai que suma-lo abandono do monte, que fai que a localización deses restos, no caso de existiren en superficie, sexa difícil. Eses plans de protección ademais de

l Quero mostrar desde aquí o meu agradecemento a Mar Llinares polas puntualizacións que me fixo, a Nolo e a Benxa pola axuda prestada, e a meu pai por darme a coñecer con tanto interese os petroglifos de Vilar.

* Parece se-lo caso da chamada Laxe da Armadiña, no Xubiño, que segundo me dixeron tiña uns gravados e quedou soterrada baixo a estrada que fixeron polo camiño onde se atopaba.

Page 2: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

protexe-los restos arqueolóxicos tamén protexerían espacios naturais e de valor comunitario, que están sendo destruídos por intereses particulares. Hoxe parece que se está a facer algo, ou comezan a plantexarse determinados plans de protección, conservación e valorización, como nolo ponen de manifesto os diversos medios de comunicación

O dito anteriormente vén reforzado ó atopar eu novas pegadas no concello dos habitantes da prehistoria. Uns achados que localicei dun xeito casual e que fan indicar que no concello pode haber aínda máis. O meu interese por estes temas arqueolóxicos fixo que quixera coñece-lo existente en Poio. No libro de Aparicio Casado están recollidos tódolos petroglifos que ata a publicación do libro se coñecían. Con el fun en busca dos gravados, ós que quería coñecer directamente. Foi un obxectivo complicado, porque non é fácil atopar uns lugares a partir dunhas indicacións xerais, que ademais tanto cambian na volta duns anos. De tódolos xeitos iso non foi o máis difícil. O peor de todo foi atopar certos gravados de menor entidade que podían estar tapados por calquera cousa. O que fixo que tivera que ir cos 0110s ben abertos. E como ás veces non ha¡ mal que por ben non vena atopei outros gravados a carón dalgúns dos que fa buscando. Outros atopeinos por estaren situados en lugares de boas vistas sobre Pontevedra ou a súa ría e que, xunto a un par de novos petroglifos, atopados recentemente en dúas prospeccións, van se-los contidos deste artigo (fig. 1 )3.

Vou describi-los petroglifos nun percorrido de norleste a suroeste. Vounos presentar en dous grupos: primeiro referireime ós petroglifos que achei no monte da Tomba e despois comentarei os do Castrove, os dous montes máis destaca- dos do concello. Mostro algunhas fotos, e as reproduccións que fago (ou quizais, mellor dito, as aproximacións as reproduccións) son feitas a ollo a través do que vin nas rochas e nas fotos, polo tanto quero que se acollan con moito coidado4.

Monte da Tomba

1. Monte da Tomba 11: Buenaventura Aparicio Casado confirmou un novo complexo de arte rupestre neste monte (nos que están os de Montecelo e Vao) ó localizar un novo gravado rupestre, preto das antenas de televisión, a uns 100 metros ó suroeste destas, nun pequeno saínte amesetado (1 989: 1 14). Denominou a ese petroglifo Monte daTomba 1, co que se inauguraba un novo complexo de arte rupestre.

Tiña a intención de comentar neste artigo a existencia duns restos galaico-romanos que quizais indiquen a presencia dun castro, debido ó lugar no que os atopei. Pódese ver algunha estructura, aínda que non podería dici-la época. De feito foi aproveitado como canteira, e aínda podemos observar uns postes alí tirados que se facían coa pedra do lugar. Sinalo no mapaa ubicación dese posible castro, pero Ó final decidin non comentar nada neste artigo xa que os datos que teño son moi escasos, así que deixo este tema para outro momento.

Ese feito foi un dos motivos que en principio me facía dubidar se facer ou non reproduccións, porque podían levar a erro, mais ó,final decidín facetas xa que penso que deixando claro o que fago a xente entenderao perfectamente. E certo que hai algijns que non teñen problema, como o da Pedra da Tartaruga, ou teñen menos problemas, pero hai outros que son complicados porque non se perciben ben. Ademais aquí non fago reproducción de todos, pois hai cousas que pouco se ven ou non se ven nada, como irei explicando ó falar deles.

Page 3: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

Este petroglifo está nunha rocha a ras do chan. Está bastante desgastado. A súa percepción non é fácil. Baste dicir que ese é un lugar que teño visitado en anteriores ocasións e no que nunca me dera conta da súa existencia. Sabía del polo libro de Aparicio Casado, pero ese era un dos que se me estaba resistindo a súa localización. Logrei atopalo unha tarde de sol rasante na que fun ata alí para aproveitarme das vistas que había, despois dunha corta de árbores que impedían unha boa visión. Coa luz do sol o petroglifo resultou claramente visible. Logo, aproveitando a limpeza feita, achegueime a unhas rochas que están ó lado para sentarme e mira-la cidade de Pontevedra e arredores. Foi así como me decatei que nunha pedra daquelas destacaba unha figura gravada, que me deu a impresión de ser un antropomorfo.

Podemos denominar a este petroglifo Monte da Tomba Ii, seguindo a nomen- clatura de Aparicio Casado. Está na parroquia de Poio Pequeno, a uns 7 metros do Monte da Tomba 1, cara o surleste. A rocha non está a ras do chan, é un bloque que sobresase, e a superficie gravada é a parte superior, que é plana. Polo tanto non coincide moi ben coas superficies onde se acostuma gravar antropomorfos, polo que quizais sexa outra cousa, ou ben unha figura humana que está inacabada. Parece ter cabeza, tronco e unha perna, aínda que tamén se podería definir como serpentiforme. A figura está formada por unha cazoleta da que sae unha tiña que na metade curva un pouco cara a dereita, cuns 20 cms. de longo (fig. 4).

Outro suposto petroglifo, máis problemático, atópase cercado Monte da Tomba II, nunha pedra do lado. Serían círculos concéntricos, que aproveitarían unha pequena protuberancia da rocha. Este (<petroglifo)> tamén o atopei coa luz do sol rasante. E case imperceptible, o que me fai pensar que quizais a miña observación fora un efecto óptico. Noutros momentos teño ido ata alí e non observei nada, nin tan sequera me acordaba cal era o seu lugar exacto. Con isto ponse de manifesto a dificultade de observación dalgúns petroglifos e a diferente percepción segundo o momento. Este petroglifo habería que acollelo con moitisimas reservas, pois a súa existencia non me parece nada clara.

O petroglifo Monte da Tomba II está ben conservado. A zona é de monte comunal. Atópase a unha altitude de 190 m. nun saínte amesetado, se se ve desde arriba, pois se se mira desde unha zona máis baixa é un outeiro, polo que parece que o petroglifo non se fixo para ser visto desde lonxe. En canto ó outro posible petroglifo está moi desgastado. O entorno é de repoboación de pinos, atopándonos tamén toxos, e entre as pedras do outeiro tamén nos atoparnos silvas.

2. Monte da Tomba IPI: Tamén cerca desa zona, a un 200-250 metros ó noroeste das antenas de televisión e a uns 100 metros ó leste das mámoas, nun terreo chairo, existe un pequeno outeiro no que se atoparon recentemente uns gravados xeométricos5, onde parece destacar unha figura circular con cazoletas interiores e unha figura circular con cazoleta interior de gran diámetro. A zona esta preto dunha fonte e duns terreos húmidos polo lado norte. Pertence á parroquia de Poio Grande, e ten unha altitude de 21 5 m. Podemos denominar a este petroglifo

Atopado por Santiago Vázquez Collazo e Beatriz Comendador durante a prospección que recentemente realizaron no monte da Tomba.

Page 4: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

Monte da Tomba /116. Non se ve moi claramente, está algo desgastado. Sitúase nas pedras máis altas do outeiro, aínda que non é un petroglifo que se vexa desde a distancia, a súa superficie é horizontal. O entorno estáde repoboación de eucalipto, aínda que bastante espaciado, e tamén está con toxo.

3. Seguindo co percorrido, tamén na parroquia de Poio Grande, e preto das mámoas 3 e 4 (Aparicio Casado, 1989), as dúas que están máis xuntas, aparece unha pedra a ras de chan, a 30-40 metros ó sur das mámoas e a uns 20 metros do camiiío, que parece ter algún tipo de motivo, con círculos con cazoletas interiores e liñas curvas. A altitude é de 21 0 m. O certo é que sería necesario prospectar eses arredores porque hai pedras esparcidas polas toxeiras e algún outeiro que sería interesante analizar con detemento.

4. Monte do Curro: lndo cara a outra mámoa, ó oeste, e pasándoa uns 200 metros cara o norte-noroeste ímonos atopar con outro petroglifo. Está nunha planicie do alto do monte que mira cara o suroeste e a ría de Pontevedra, a 220 m. de altura, desde onde se ten unha visión completa da ría e da illa de Tambo. Nesa aba do monte non se coñecían petroglifos ata que hai uns anos se atoparon dúas laxes insculturadas, trátase do Petroglifo Pozo Ventura e do Outeiro da Choqueira (Sartal Lorenzo, 1999a; 199913; no prelo). É un petroglifo que ten unha difícl visión, tanto porque está no medio de toxos e e difícil localizalo como porque está moi desgastado (fig. 5). Parece tratarse dunhas cazoletas inscritas nun círculo, cun diámetro de aproximadamente 15 cms.

O petroglifo está nun afloramento rochoso ó que Ile faltan partes a causa da súa extracción como canteira. É un afloramento que sobresase pouco do nivel do chan. Está en propiedade privada, nunha zona denominada Monfe do Curro, polo que Ile irnos chamar dese xeito ó petroglifo. É un lugar onde abundan o toxo, os pinos e os eucaliptos.

5. Outeiro da Choqueira: Ó sur do Monte do Curro, a menor altitude, témo-lo petroglifo Outeiro Choqueira, que achei co motivo da prospección que realicei no lugar de Liñares7. Foi o principal resultado obtido da prospección. Denorninámolo Outeiro da Choqueira por atoparse no outeiro dese nome. Houbo dificultades para esclarecer se se trataba dun petroglifo, e foi coa axuda da luz solar coa que se foron disipando as nosas dúbidas, que logo apareceron totalmente clarificadas co calco por frotaxe e polas fotos nocturnas con luz artificial. Está localizado a uns 70 metros

Esta denominación 6 provisional, ata que os seus descubridores presenten o informe e com- probe se Ile deron outro nome.

Prospección arqueolóxica no lugar de Liñares. Estudio dun novo petroglifo e prospección do seu contorno inmediato no concello de Poio (Pontevedra). O motivo foi o estudio do petrog lifo Pozo Ventura, ó que aquí non me vou referir por telo feito noutro momento (Sartal Lorenzo, i999a; 19996; no prelo).

Page 5: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)
Page 6: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

Atópase nun lugar cunha orientación e pendente semellante ó petroglifos de Montecelo, e tamén ten parecidos coa situación dos petroglifos de Liñares, preto dun pozo de regar. A altitude é de 260 m.

É unha zona humida, como tamén nos revelan algúns topónimos, pois está situada entre o Pozo Ballote e a Fonte do Pan. O Pozo Ballote é un pozo de regar, e na Fonte do Pan atopamos outro, polo tanto os petroglifos están entre dous pozos, entre dous pequenos regatos. O acceso pódese facer por xunto ó muíño que hai en Vilar, que ata moi pouco estivo en uso, a través dun camiño empedrado, que nos leva ata un pozo de regar, o Pozo Ballote. Logo seguimos á esquerda polo camiño uns 30 metros paravoivernos ádereita onde aparecen unhaserie de laxes bastante ocultas pola vexetacion, con eucaliptos e matorral.

A zona onde se atopan as laxes, aínda que está rodeada de monte de propiedade privada, parece ser que é comunal. As laxes son de granito fino. Son varias as laxes insculturadas a ras de chan, ou sobresaíndo un pouco, acordes coa pendente da ladeira. Para facer unha pequena descripción imos dividi-las laxes en dous grupos segundo nos aparecen ó ir cara elas desde o camiño e ladeira arriba. Aparécenos un grupo á dereita e outro á esquerda. lmos numerar algunha desas rochas e grupos de motivos por seren os que nos destacaron. Iso non quere dicir que non pertenzan á mesma rocha, que pode aparecer oculta nalgúns sitios. E tamén pode haber algún que outro gravado que se quede fóra desa clasificación, pero iso será algo que haberá que delimitar coa pertinente intervención arqueoló- xica no lugar. Polo tanto queda claro que esta clasificación só é meramente informativa, froito do que se percibía máis claramente no momento en que alí estivemos.

A laxe número 1 (fig. 15-1 6) é unha das que máis sobresase do terreo, como un bloque, que igual non está moi enterrado, ou está movido. Ten marcas de cantería, e fáltalle algunha parte. E unha laxe que desentona das outras por se-la Única na que puidemos apreciar a simple vista unha figura naturalista, concretamente un antropomorfo, no que se Ile distinguen ben o tronco, cabeza, brazos, un pé (aínda que isto pode ser unha visión froito da vetas de cuarzo que cruza esa zona), os dedos dunha rnan, e logo nun dos brazos saen unha serie de liñas que aínda non sabemos como definir, algo que sostén e que poderían ser armas. A figura antropomorfa desde a cabeza ó pé mide uns 31 cm., e do extremo dunha man a outra ten de 44 a51 cm., dependendo de onde acabe, xaque non o ternos moi claro. A cabeza, o tronco e as pernas están máis ou menos proporcionados, pero non así os brazos e os dedos que son grandes en relación ó resto do corpo.

Enriba del percibimos unha serie de liñas, maiormente curvas, que se cruzan nalgún caso, pero das que non fomos capaces de definir ningunha figura concreta a causa de que algunhas están pouco claras. Enriba destas aparecen máis gravados pero bastante borrosos que non sabemos definir. A parte que está debaixo do antropomorfo está rota, faltalle unha parte na que seguramente podía haber algo máis gravado, de feito eliminou o pé esquerdo do antropomorfo.

A esquerda do antropomorfo hai marcas de cantería, e logo aparece unha figura circular con liñas radiais, concretamente 12, o que Ilefai ter un aspecto de soliforme, con algunhas liñas e cazoletas no seu lado dereito e outras figuras máis difíciles de

Page 7: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

definir a simple vista: entre elas unha pequena figura que parece acompañar, ou incluso está unida, Ó soliforme. A superficie da rocha está totalmente gravada. O soliforme ten un diámetro de sur a norte de 31 cm, e de leste a oeste de 29 cm.

Non esperabamos atoparnos ese tipo de figura antropomorfa, e o primeiro que nos preguntamos foi pola súa cronoloxía. Polo que puidemos ver parecenos prehistórica, está desgastada, con bordos redondeados. Outra cousa son as figuras que están enriba del, ás que algunhas se Ilec pode ver algún bordo máis recto, pero aínda así maioría están redondeados e desgastados, unhas zonas máis ca outras. As dúbidas que nós puidemos ter ó principio en canto á súa cronoloxia tamén foron debidas ó tipo de granito desa laxe. O granito da rocha é fino, pero parece distinto ás outras. O surco dos gravados tarnén é distinto, non é que sexa profundo, pero algúns trazos non esta moi redondeados. Este feíto fixonos pensar en que podía ser un gravado máis recente cós outros, incluso histórico.

As figuras humanas que aparecen no Grupo Galaico de arte Rupestre aparecen realizando actividades de caza, monta, pastoreo ou navegación. Aparecen acompañados doutros motivos, polo xeral cuadrúpedos, e miden entre 15 e 30 cm. (Vázquez Rozas, 1997: 64,66). Polo tanto, o antropomorfo que estamos a analizar podería encaixar dentro desas medidas. Aparece nun contexto no que a temática é xeométrica. Aínda que non ha¡ que olvidar que tanto os petroglifos da rocha na que está o antropomorfo como o resto das rochas do lugar aínda non teñen definidos tódolos seus gravados. Atopámoslle semelfanzas con outros antropornorfos, como o do Grupo I de Monte Tetón (Tomiño, Pontevedra) ou o de A Cerradiña (Oia, Pontevedra), se ben este é posible que sexa histórico.

As dúbidas que pode suscitar este antropomorfo poden ser maiores 6 analiza- los gravados que o acompañan, sobre todo refírorne o <(soliforme,,, xaque os outros gravados aínda non están identificados e non son nada claros. Este motivo circular con liña radial non aparece moito no Grupo Galaico de arte Rupestre, e si que aparecen motivos parecidos pero como taboeiros de xogo circulares de época histórica (Costas Goberna et alii, 1999: 68). Se ben o de Vilar, ademais do seu desgaste e de estar acompañado de cazoletas e outros motivos, ten máis liñas interiores cós que aparecen como taboeiros de xogo. Por outra banda, este tipo de motivos tamén aparece representado na arte megalítica, o que podería ser outro exemplo do contacto entre a arte megalítica e a arte rupestre que nos últimos tempos se está a poñer de manifesto. Mais isto non deixan de ser especulacións ata que se faga un estudio destes gravados, polo que irnos deixar estas hipóteses para outro momento.

O que está claro é que estes gravados poden espertar dúbidas en canto á súa adscripción cronolóxica, máis eu, a falta dun estudio máis profundo e cos datos que teño, xunto ó contexto no que aparecen, asociados a outros motivos, como as cazoletas, etc., e o desgaste que posúen, encadraríaos dentro dunha cronoloxia prehistórica.

A laxenúmero2(fig. 6) estáó norleste da anterior, a uns 5 metros. Tamén parece un bloque, e ten outra laxe enriba súa que parece ser que non estaba aí ha¡ anos. Polo que me din pode ser que tamén estea movida. Dela destaca a figura xeométrica que ha¡ na superficie superior e continúa polo lateral, ó xeito do Outeiro

Page 8: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

da Choqueira, aíndaque máis pequeno e máis claro. O diámetro da figura de oeste a leste é de40 cm. Formada por catro círculos concéntricos, ten unha liña radial que sae ó exterior e un círculo exterior que está nun lado (ó norte) dos círculos concéntricos e que parece conectar dúas diaclasas. Ademais, o círculo concéntrico máis exterior forma no lado oeste un pequeno círculo.

A laxe número 3 está a 5 metros ó noroeste da pedra 1. Ten motivos xeomé- tricos desgastados. A laxe número 4 está a uns 10 metros ó noroeste da pedra 1, formada por motivos xeométricos, aprécianse círculos concéntricos.

A laxe número 5(fig.7) está ó lado da4, e quizais é continuación dela. Posúe tres círculos concéntricos e cazoleta central; unha diaclasa fai de liña radial que sae ó exterior. Os surcos teñen unha anchura de 3 cm., agás o círculo exterior que é máis ancho, de 8 cm. O diámetro do motivo é de 36 cm.

Ó norte da anterior, case en contacto con ela, témo-la laxe número 6 (fig. 9), formada por dous motivos de círculos concéntricos en protuberancias. Un está formada por tres círculos concéntricos, cazoleta central e liña radial, cun diámetro leste-oeste de 50 cm., e en contacto con outras liñas do exterior, onde tamén se ve unha cazoleta. Ó norte, a 90 cm., hai outro motivo máis pequeno de catro círculos concéntricos, aínda que un non é completo, cun diámetro sur-norte de 25 cm.; hai unha Iíña que bordea unha parte do motivo, onde tamén parece haber máis gravados pouco perceptibles. Entre eses dous motivos e polos seus arredores hai cazoletas e outros gravados máis desgastados e pouco perceptibles.

O outro grupo de laxes está á esquerda destas, ó suroeste. Comezando pola que está a menos altitude faremos un percorrido cara arriba. Iniciamos entón coa laxe número 7, a uns 20 metros ó suroeste da laxe 1, que ten motivos xeométrico poucos claros. Ó lado da mesma (aínda que pode ser continuación), e máis próxima á laxe 1, tamén se aprecian uns gravados circulares pouco claros.

A laxe número 8 (fig. 8), 6 noroeste da pedra 7, ten diversos motivos xeométri- cos. Deles observamos con claridade dous. Un está formado por 5 círculos concéntricos con liña radial, tendo no lado exterior noroeste unha liñaque podemos ver como parte doutro círculo concéntrico; ten 39 cm. de diámetro. A metro e medio ó oeste desta ternos 4 círculos concéntricos cun diámetro de 34 cm.

Arriba desta, témo-la laxe número 9 (fig. 1 0) na que sobresae un ha figura de 6 círculos concéntricos sobre unha pequena protuberancia (os dous exteriores non os vemos completamente), cun diámetro de 84 cm.; o círculo máis interior ten dentro cazoletas e aparece unida por unha liña co seguinte círculo. O lado, ó suroeste, hai unha cazoleta de 27 cm. de diámetro e ó lado 4 círculos concéntricos con cazoleta central de 36 cm. de diámetro.

Arriba da laxe 9 témo-la laxe número 10 (fig. 11), con 7 círculos concéntricos bastante profundos e claros, que están nunha protuberancia da rocha, con cazoleta central, divididos por unha liña que atravesa a figura de norleste a suroeste, cun diámetro de 90 cm. O lado oeste aparece limitado por unha diaclasa. Está sobre unha protuberancia que ten polo lado surleste unha altura duns 25 cm. O lado norte

Page 9: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

aparece algo enterrado, e a uns centimetros máis adiante aparece outra protube- rancia con tres círculos concéntricos. Averdade é que as pedras 8,9 e 10 podíanse tomar como parte da mema laxe, incluso desde a 7 (fig. 21).

Á dereita da laxe 10, e entre os dous grupos que citamos, témo-la laxe numero 11 (fig. 12), na que destacan 13 cazoletas, cunha media de 7-8 cm. de diámetro, agás unha que ten 14 cm. e outra que é a máis pequena e que menos se ve; estas dúas aparecen unidas por unha liña. Elas son as figuras máis claras, pero parece que están acompañadas de gravados circulares e outros moi borrosos, tanto entre as cazoletas como no espacio que está enriba e debaixo delas. É unha rocha que sobresae bastante do chan, como se fora un bloque, ó contrario da maioría das anteriores que parecen ser afloramentos do lugar que forman parte da pendente.

No lugar temos rochas de granito fino e groso. Os gravados están no granito fino aínda que tamén poden coller algo dun granito un pouco máis groso. As vetas de cuarzo non son obstáculo á hora de face-los gravados. É de destacar que haxa gravados moi claros e profundos frente a outros moi desgastados, pouco claros e pouco profundos: quizais foron gravados con distinta profundidade, ou a erosión afectou de distinta forma ...

As pedras 1,2 e 1 1 parecen máis independentes do solo cás outras, sobresaen máis. A 1 pode ser un panel, aínda que o serían outras que tamén acompañan a pendente. A 1 1 é superficie rnáis plana pero no alto da rocha, e tamén ten algunha inclinación, de aí que tamén nos faga pensar en que poida haber algunha figura naturalista. Tamén parece ser que hai pedras movidas, segundo me relatan aqueles que coñeceron o lugar cando estaba limpo e as pedras estaban menos enterradas, ou sexa cando aínda non se extendera por alí a repoboación de eucaliptos e a xente aínda facía un aproveitamento tradicional do monte, haberá uns 20-30 anos. Tamén se observa que algunhas pedras están afectadas por cantería, como dixemos da laxe número 1, a que Ile falta algunha parte, na que seguro había máis motivos, ademais de ter marcas. Tamén nos chamou a atención o aproveitamento das protuberancias da rocha para facer alí os gravados circulares concéntricos.

Hai moitas rochas polos arredores, e ó lado destas que nomeamos, que haberia que analizar ben. Hai moita superficie rochosa e lisa que está algo tapada ou enterrada (por exemplo a continuación da laxe 10) e que cunha limpeza igual se poden descubrir novos petroglifos. Unha limpeza e estudio do lugar sería necesario para contabiliza-lo número de rochas gravadas e os motivos que as compoñen.

Deste novo achado tamén destacaría a zona onde ese encontra, húmida, cun pozo de regar cerca e cunha rnoi boa vista. Ademais, este novo achado dálle unha continuidade ós petroglifos que se atopan en Combarro e Xubiño, e acercándoos un pouco máis cara Ó norleste (ou norte) da vertente oriental do Castrove; que ademais achega eses petroglifos ós da Tomba. É moi probable que no Castrove, e en concreto nesta vertente oriental que pertence ó Concello de Poio existan máis petroglifos.

Page 10: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

7. Xubifio: Na zona do Xubiñog, parroquia de Combarro, tamén atopei un novo petroglifo cando fun visita-lo petroglifo Outeiro do Xubiño Xlll (petroglifo que está ó lado dun camiño e que, segundo me informaron, estivo a punto de desaparecer cando se ensanchou o carniño, xa que o facía moi estreito). Puiden apreciar que a uns 5 metros Ó leste-norleste hai unha laxe a ras do chan non que se observan figuras curvilíneas e círculos concéntricos. Podemos denominalo Outeiro doXubiño XIV (fig. 14). A zona é de repoboación de eucaliptos, está a unha altitude de 21 0 m. Está preto dunha zona recreativa e campo de fúbol que fixeron hai pouco, a uns 150 metros. A propiedade creo que é comunal.

8. Pedrada Tartaruga: Xa para rematar este percorrido, e indo cara o suroeste, na parroquia de Com barro, hai un outeiro chamado Pedrada Tartaruga desde onde se divisa unha bonita perspectiva da ría e da illa de Tambo (sobre todo cando están os eucaliptos cortados). Ese lugar non só ten un atractivo nas vistas senón tamén polo outeiro que ten pedras erosionadas con pías e outras figuras singulares. De feito o nome de Pedra daTartaruga é debido a unha pedra que ten esa forma. Unhas pedras con formas peculiares que chaman a atención e que puido ser un dos motivos que levou á xente da prehistoria a facer alí uns gravados, que im.os denominar Pedra da Tartaruga. Por este lugar pasa unha ruta de sendeirismo que o concellocreou en Samierira, a Rutados Muíños, que tamén visitaoutros gravados rupestres desa parroquia.

O petroglifo non está nas rochas máis visibles do outeiro, senón que están nunhas un pouco escondidas. Está formado por círculos concéntricos con cazoleta central e liña radial que sae ó exterior, acompañados de cazoletas de gran diámetro, asociándose a algunhas mediante liñas (fig. 13). É posible que algunhas das pedras que están ó redor do petroglifo teñan algún gravado, aínda que estarían moi desgastados.

0 s petroglifos aquí citados atópanse a unha altitude maior cós que para este lugar se coñecían. A maioría están entre os 200 e 300 metros, en zonas que teñen boas vistas de Poio, Pontevedra e arredores e da ría. É necesario poñer moita atención ás zonas que están por debaixo dos 200 metros de altitude por seren as máis afectadas pola urbanización, e non só en busca de petroglifos, senón doutros xacementos que poden desaparecer polas accións antrópicas: debemos ter en canta que aquí, como ocorre no Morrazo, no Barbanza ou noutras zonas das Rías Baixas, os petroglifos poden estar situados na periferia de asentamentos do Calcolítico Final-Bronce Inicial (Peña Santos; Rey García, 1998: 226; 1993). Isto

Nesta zona, ó igual que dixen para Vilar, tamén é posible que existan máis petroglifos. De feito, ademais deste petroglifo que aquí vou mencionar, recentemente puiden ver outro posible gravado rupestre (círculo e liña exterior) que non parece esetar catalogado.

116

Page 11: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

podería comprobarse, principalmente nestas zonas que están a sufrir grandes cambios na súa fisionomía a causa da forte presión urbanística, se se fixeran proxectos de prospección sistemática, ou polo menos un control exhaustivo de todo movemento de terra. Non debemos asumir que todo está descuberto, incluso naquelas zonas que podemos pensar que pouco máis nos poderían dar.

Os petroglifos que reseñamos parecen adaptarse ben ós modelos teórico- interpretativos que hoxe se manexan (Peña Santos; Rey García, 1998). Por outra banda, estamos a profundizar na relación entre os petroglifos e as mamoas a traves do existente no monte da Tornba, onde esas dúas realidades ocupan uns espacios moi próximos.

Page 12: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

APARlClO CASADO, B. (1 989): Arqueología y antropología cultural de la margen de- recha de la ría de Pontevedra. Diputación Provincial de Pontevedra.

COSTAS GOBERNA, F. J..; PENA SANTOS, A. de la; REY GARC~A, J. M. (1995): ((A propósito de la figura humana: una disculpa para reconsiderar el arte rupestre galaico,>, Actas del XXII Congreso Nacional de Arqueología. Vigo (1 993), pp. 1 25-1 30.

COSTAS GOBERNA, F. J.; NOVOA ÁLVAREZ, P. (1993): Los grabados rupestres de Galicia. Coruña. Museu Arqueolóxico e Histórico de A Coruña.

COSTAS GOBERNA, F. J.; HIDALGO CUNARRO, J. M.; PERA SANTOS, A. de la (1999): Arte rupesre en el sur de la ría de Vigo. Vigo, Instituto de Estudios Vigueses.

PENA SANTOS, A. de la (1 999): Os petroglifos de Galicia. Ed. A Nosa Terra. PENA SANTOS, A. de la; REY GARC~A, J. M. (1993): <<El espacio de la represen-

tación. El arte rupestre galaico desde una perspectiva territorial)>, Pontevedra. Revista de estudios provinciais, pp. 1 1-50.

PEÑA SANTOS, A. de la; REY GARC~A, J. M. (1998): <<Perspectivas actuales de la investigación del arte rupestre galaico>), en Fábregas Valcarce, Ramón (ed.): A idade de bronce en Galicia: novas perspectivas. Cuadernos do Seminario de Sargadelos, 77. A Coruña. Edicións do Castro, pp. 221 -241.

SANTOS ESTÉVEZ (1999): .<A arte rupestre e a construcción dos territorios na ldade do Bronce en Galicia,,, Gallaecia, 18, pp. 103-1 18.

SARTAL LORENZO, M. A. (1999a): O petroglifo Pozo Ventura (Poio, Pontevedra), Ga- Ilaecia, 18, pp. 1 19-1 35.

SARTAL LORENZO, M. A. (1 999b): Prospección arqueolóxica no lugar de Liñares. Estu- dia dun novo petroglifo e prospección do seu contorno inmediato no concello de Poio (Pontevedra). Memoria depositada na Dirección Xeral de Patrimonio da Canse- llería de Cultura e Comunicación Social da Xunta de Galicia, e tarnén no Museo de Pontevedra, onde se pode consultar.

S ARTAL LORENZO, M. A. (2000) : Espacio, percepción e mentalidade. Cultura tradi- cional e cultura moderna en San Xoán de Poio (Pontevedra). Tese de licenciatura iné- dita. Universidade de Santiago.

SARTAL LORENZO, M. A. (no prelo): ((Petroglifos Pozo Ventura e Outeiro da Choqueira (Poio, Pontevedra): novas aportacións ó temadas relacións,, , en Congreso Internacional de Arte Rupestre Europea (Vigo, 24-28 de noviembre de 1999).

VAZQUEZ ROZAS, R. (1 997): Petroglifos de las Rías Baixas Gallegas. Análisis artictico de un arte prehistórico. Vigo. Deputación Provincial de Pontevedra.

VÁZQUEZ VARELA, J. M. (1 990): Petroglifos de Galicia. Biblioteca de divulgación, serie Galicia n", Universidade de Santiago de Compostela.

Page 13: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

FIGURA 1 : Mapa escala 1 :50.000. Pertoglifos e castros no Concello de Poio. Elaboraci6n propia a partir de Aparicio Casado (1989). Marcamos con * os petroglifos que citamos neste artigo.

-Petroalifos e castros cataloaados: - Complexo rupestre do Monte Publicada 1 * Complexo rupestre do Monte Cruxeíro 2* Complexo rupestre Tomada da Xirona 3$ Complexo rupestre R/o de Bois 4% Complexo rupestre entre Combarro e Sambira 6* Complexo rupestre de Combarro 7* Complexo rupestre Oufeiro do Xubifio 8* Complexo rupestre Outeiro dos Carballiiios 9' Complexo rupestre de Lourido Complexo rupestre de Montecelo Petroglifo Monte da Tomba 1 Petroglifos Pozo Ventura e Outeiro da Choqueira Castro da Sivlds

Petroglifo Monte da Tomba 11 Petroglifo Monte da Tomba 111 ~Petroglifo 6 lado das rnhmoas da Tomba? Petroglifo Monte do Curro Complexo rupestre de Vjlar Petrog lifo Outeiro do Xubliro XIV Petrog lifo Pedra da Tartaruga Posible castro de Albar

Page 14: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

FIGURAS 2-3: Foto con luz artificial e reproducción dos gravados do petroglifo Outeiro da Cho- queira.

FIGURA 4: Aproximación 6 reproduc- ción do petroglifo (Monte da Tomba 11)

FIGURA 5: A proximación á reproduc- ción do petroglifo (Monte do Curro)

Page 15: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

Aproximación as reproduceions dos Petroglifos de Vilar. Fig. 6: Laxe número 2. Fig. 7: Laxe núme- ro 5. Fig. 8: Laxe número 8. Fig. 9: Laxe número 6. Fig. 10: Laxe número 9. Fig. 11: Laxe número 10. Fig. 12: Laxe número 11.

Page 16: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

FIGURA 13: Aproximación á reproducción dos petroglifos da Pedra da Tartaruga.

FIGURA 14: Aproximación á reproducción do petroglifo Outeiro do Xubifio XIV.

122

Page 17: NOVOS PETROGLiFOS EN POlO (PONTEVEDRA)

f FIGURAS 15-16: Foto e aproximación á reproduccidn da Laxe número 1 dos petroglifos de Vilar.