46
ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Cantigas populares galegas e regueifas

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Xa temos rematada a nosa recompilación de cantigas de amor, escarnio e maldicer. Moitas grazas a todos os que participastedes facéndonos chegar as vosas recolleitas. Podedes velas na seguinte presentación e tamén proximamente na exposición que se vai celebrar no colexio.

Citation preview

Page 1: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Page 2: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

O gaiteiro de Soutelo, indo para Redondela, perdeu a gaita no monte, anda chorando por ela.

Eu namorar, enamorar, enamoreime, Eu namoreime na beira do mar.

Eu namorar, enamorar, enamoreime E non me puiden desennamorar.

Fixenche unha saia nova, Pensando que te casabas.

Fixenche unha e máis outra, E quedache como estabas.

Os solteiros valen ouro, Os casados valen prata,

Os viúvos caldeiriña E os vellos folla de lata.

Page 3: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Casadiña de tres días, Que che levou a colore, Nin casada nin solteira Nunca che tuven maiore.

Casadiña de tres días Non se cansa de chorar

Pola vida de solteira Que non ha de recobrar.

Casadiña de tres días Xa levaches unha tunda Se o saben as solteiras xa non se casa ningunha.

O día que eu me casei, Todo o día orballou

Ben casado, mal casado Agora casado xa estou.

Page 4: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Cando paso pola rúa Merco pan e vou comendo para que non diga túa nai, que con verte me manteño.

Nena que estás na ventana Cas puntas do pano fóra

Bótame a túa cariña Que o pano non me enamora.

Nena que estás na xanela, Coas puntas do pano fóra. Retírate para adentro

Que as puntas non me enamoran.

Tiñas os ollos azuis Coma a seda de bordar. Nacemos un para o outro. Que lle habemos de esperar!

Page 5: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Non sei que tes que non me falas, Non sei que te aconsellou! Fiaste en ditos de mundo, E eu tamén tanto che dou!

Eu casei cunha tecelana Para aprender a tecer. Eso de métello e sácallo, Nunca llo puiden aprender!

Se ti queres, eu quero Nena da cara redonda Se ti queres, eu quero Unha cama non abonda.

Rapaciña do meu tempo Chamáchesme a min rapas Durme conmigo unha noite

e pola mañá xa verás.

Page 6: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Deus cho pague churrusqueira Que cho vou agradecer Cando vou ao teu muíño Sempre me deixas moer.

Solteiriña non te cases Non deixes a boa vida

Eu ben sei dunha solteira Que chorou arrepentida.

O carballo da portela Ten a folla revirada

Que lla revirou o vento Nunha mañá de xiada.

A túa porta estamos catro

e os catro te queremos agora escolle nena

os outros tres marcharemos.

Page 7: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Nós de aquí, e vós de aló Somos tantos coma vós Nós comemos o carneiro e as cornos son pa vós.

Debaixo do lavadoiro Onde María lavaba

Había un anel de ouro Nunha mazá colorada.

Unha nena nunha fonte Por unha berza bebía A berza estaba rachada E toda a auga lle vertía.

Aparte loureiro verde Deixa clarear á lúa

Senón vexo ao meu amor Non vexo cousa ningunha.

Page 8: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

A regueifa está na mesa E na mesa hai xurelos E o que coma da regueifa hano de comer os demos. Este pandeiro que toco Este que teño na man Era de miña cuñada Da muller de meu irmán.

María se vas ao prado Mira que che hei de erguer

Dareiche un abrazo E non nos han de ver.

O muíño non é muíño Que é a capilla dos ratos Onde se daban os bicos E moitos, moitos abrazos.

Page 9: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Moe muíño, moe muíño Bótame a fariña fóra Que a filla da muiñeira

Ten un andar que namora.

Fun ao muíño con Paula Fun ao muíño con ela, Fun ao muíño con Paula Fun en paz e vin en guerra. Muiñeira da ribeira Muiñeira ribeirana Muiñeira da ribeira Tócacha de mala gana.

En Cerqueda si que hai homes Tamén os hai na ribeira Hainos de media polaina Hainos de polaina enteira.

Page 10: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Costureiriña bonita Dáme unha agulla de prata

Para quitar esta espiña Do corazón que me mata.

Baselisa na baile Dixo en voz alta Se non me gustan os homes É pola gaita.

Veño do lugar de Tella, De ver unha telleana

Que me rouba o corazón E se me mete na alma.

Fun aás mozas a Vilela, Espetéime nunha poza. Abracéime nunha vella,

Pensando que era unha moza.

Page 11: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

En Ardaña hai boas mozas, En Carballo, gañas delas E na baixa de Entrecruces Bonitiñas coma estrelas.

O cantar que ben de gracia O cantar que gracia ten

Que para andar polo mundo De todo che hai que saber!

O pandeiro sen ferreñas E as ferreñas sen pandeiro Fan como a barca sen remos E os remos sen mariñeiro. Miña nai botóume fóra Polas tellas do tellado Recólleme mamaíña Que me come o porco bravo!

Page 12: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Foches a Vilagarcía Foches e non viches nada, Unha rapaza bonita E unha mazá colorada.

A miña nena pequena heina de enseñar a todo a coser e a peneirare

a a botar o pan no forno. Teño un amor que me engana

Outro que me dá diñeiro Outro que me desengaña Cal é o máis verdadeiro?

Andivecheste alabando Que teu pai era moi rico, Pero a riqueza de teu pai Lévaa o corvo no bico.

Page 13: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Ímonos mercar homes Ben baratos eles son, Os solteiros son a carto E os viúvos aínda non.

Olvidei a pai e nai, Toda a miña parentela Pero non podo olvidar a un fillo de nai allea.

Dille a teu pai Inesiña, Que nunca poderei querelo Cando te vou ver de noite, Ponlle á porta o tarabelo.

Olvidarte a ti por outro Non che cabe no meu peito

Olvidar outro por ti, Eso xa cho teño feito.

Page 14: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Aldeíña de Baldaio Aldea de poucos homes

E os pouquiños que quedan Chámanlle remendafoles!

Manuel por velas nenas Fixo unha fonte de prata As nenas non van a ela Manuel vivo se mata.

O cura chamoume Rosa Eu tamén lle respondín: Destas rosas señor cura, Non nas hai no seu xardín.

O meu amor desta noite Quedou de vir e non veu.

Colleu o ferrocarril, Marchou para Montevideo.

Page 15: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Quedaches de vir ás nove, Viñeches ás nove e media Coidas que non é pecado Enganar a unha morena.

Vinde pouquiños a poucos Vinde pouquiños a poucos Deixade o camiño libre Para que veñan os outros.

Polo río abaixo Vai unha sertén Se levara ovos, Ía eu tamén!

Tocan as campás de Oca, Repenican as de Cereo. Ahí veñen os mozos de Oca, Para bailar o maneo!

Page 16: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

En Carballo non hai quen pranche. Que morreu a pranchadora.

De catorce a quince anos Son as que pranchan agora.

Para tocar veño eu, Para bailar, meu irmán. Para tocar a pandeireta, Viva que a ten na man!

Este pandeiro que toca Era de coiro de ovella, Inda onte comía herba, Hoxe toca que rabea!

Inda que che son moreniña, Sonche de polvo da eira. Se me viras o domingo, Nin a guinda na guindeira.

Page 17: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Se queres a boa moza, Non a mires na romería. Vaina ver pola semana, Co traxe de cada día.

Teste por moita moza E por moita comenencia. E agora vas quedarte Á lúa de Valencia.

Eres alta coma un piñeiro E delgadiña da cintura

Tes tipo de gitana Para botar a boaventura.

Sonche negra coma o pote, E branca coma a gramalleira E teste que casar de noite, Que de día non hai quen te queira.

Page 18: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Moito miras para min E moito me choscas o ollo. Son criada de servizo, E non podo atender a todo.

Quen che dixo a ti, loureiro Que eres o pau das culleres? As mentiras son dos homes, e as verdades das mulleres.

Miña cuñada Polonia, Non hai muller coma ela Os osos dállos ao home

E a carne cómea ela!

Vaite lavar, porco negro. Vaite lavar ao pilón, Que aínda que laves e relaves, Eres negro de nación!

Page 19: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

A raíz de toxo verde É moi mala de arrancar. Tamén o primeiro amor, E moi malo de olvidar.

Nena que vendes as peras Cantas che mandaron dar?

Para ti, meu queridiño Non mas mandaron contar.

Hai mulleres que se rien Dúas ou tres veces ao ano. Unhas son de compromiso, E as outras de mal agrado.

Ao meu neno pequeno, Quen lle ha de dar a teta.

Súa nai vai no muíño E seu pai na leña seca.

Page 20: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Pasei pola túa horta, Pedínche auga e non ma deches.

Cando pases pola miña. Farei coma fixeches.

Unha pera, dúas peras Non me dou máis a pereira. Unha semaniña enteira Esa si que é muiñeira!

Moito che ten que chorar A pobre da túa nai Pola cédula visada

E o retrato de teu pai.

Unha vella de 100 anos Subíuse a un campanario Colliu o badel na man Pensando que era un rosario.

Page 21: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Caseime cunha cara triste Porque tiña moito gando O gando foille morrendo E a cara triste foi marchando.

O amor da costureira Era de papel e mollouse Agora costureiriña

O teu amor acabouse.

Os amores dunha vella Son amores dunha santa Cando se deita na cama

Toda a noite o cu lle canta.

Ao pasar por Vilariño Por Vilariño cantando As nenas de Vilariño,

Quedaban na porta mirando.

Page 22: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Pasei pola túa porta, Mirei polo cerrollo. A mala de túa nai, Meteume un pau polo ollo.

Todo o mundo me pregunta

De que romaría veño, Pásame a man pola cara Mira que sudado veño.

Cando un mozo canta ben Gosta moito ás rapaciñas Cando un aglo canta ben

Tamén lle gusta ás galiñas.

De traballo non falemos Cada quen o que poider

Por que todo o que se casa Ten que manter á muller.

Page 23: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Ti estreveraste, non dudo, Porque ti es moi atrevido; En sendo rica a rapaza

Dabondo estarás mantido.

Non e cases con ferreiro Que te qeiman as muxicas Cásate co carpinteiro

Que fai as huchas bonitas.

Teño un amor coma un santo. Eu a deus non llo merezo. Todos me din que o venda O meu amor non ten prezo.

Eu fun a Marín E non son de Mariñán E o fungueiro do carro,

Traio na man.

Page 24: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Quedaches de vir, viñeches Corazón alimonado

Quedaches de vir, viñeches E non fuches a outro lado.

No lugariño de Imende Hai dúas pedras de asento. Unha de contar mentiras E outra de murmuramento.

Lugariño de Imende Parroquia de poucos homes, E os pouquiños que hai,

Chámanlles remendafoles.

As de Malpica son pescas, As de Buño, son oleiras. As de Carballo, modistas E as de Brea, panadeiras.

Page 25: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Eu queríame casar. Miña nai non teño roupa. Casa miña filla, casa

Que unha perna tapa outra.

Cando chove ou quenta o sol Anda o demo por Ferrol Cun saquiño de alfileres Picándolle o cu ás mulleres.

Nas lagoas dos teus ollos Moi a gusto afogaría, se soubese ben seguro Que non me rescatarías.

O meu ben ten unha espada

No canto do corazón. E moi ledo me atravesa Cando falamos de amor.

Page 26: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Mariquiña doenche os ollos, Tamén me doen os meus. Vainos lavar ao río grande Onde a troita lava os seus.

Olvidei os meus amores Olvideinos para sempre. Para nunca máis beber

Auga dunha mesma fonte.

Desque vin o xustillo, Prendín solo a corda

Para andar axustadiño De par do teu corazón.

A Cambre non vou Que dormen no chan e despachas aos mozos Ás tres da mañán.

Page 27: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

As mociñas de hoxe en día Son todas unhas veletas. Por unha copa de caña, Deixan apalpar as tetas.

Heime de casar cun vello, Heime de fartar de rir. Heille de poñer a cama, Con que non poida subir.

Se eu fora tinta E ti tinteiro.

Escribiría co sangue das túas veas Canto te quero!

Namoreime dunha nena Porque ela cantaba ben. Agora morro de fame

Co cantar non me mantén.

Page 28: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

O paxaro cando chove Mete o rabo na silveira. Así tamén fai a boa moza, Cando non ten quen a queira.

Maruxiña dáme un bico Que che ei dar un pataco. Non quero bicos dos homes, Que me cheiran a tabaco.

Quero un limón E tamén un melón;

Pero o que de verdade quero É o teu corazón.

Escríbiache unha carta Era de noite, non vía Se algunha letra vai mal Dispénsame prenda miña.

Page 29: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

O meu amor é mariñeiro E vive no alto do mar.

Son os teus brazos o vento Ninguén os pode amarrar.

Cantan os galos o día, A hora dos namorados. Mozos que andades de noite, Non vos collan despistados!

Eu queríame casar. Miña nai di que é cedo. Pero ela como ten home,

Non sabe a falta que eu teño.

Chamáchesme rachafaldas Aínda non rachei ningunha. Se mo volves a chamar Heiche de rachar a túa.

Page 30: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Cambiaches ouro por prata, O ouro máis che valía.

Cambiachesme a min por outra, Eu a ti non cho facía.

Meu amor, si te marchas Deixame unha prenda túa Deixame a túa navalla Para picar a verdura.

Arrabeas porque canto Porque río moito máis. Teño que cantar e rir Para que arrabees máis.

Diraslle a túa nai Que eu agora non te quero, Que te colgue do fumeiro,

No sitio do unto vello.

Page 31: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Se me queres, querereite. Se non resgárdate ben. O mundo é moi largo

E non falta que queira ben.

Eu casar, casaría Se a vida de casado Fose coma o primeiro día.

Da uva sae o viño, Da oliva, o aceite. E do meu corazón,

O cariño para a xente.

Eu querer quéroche ben E téñoche admiración, Pero casarme contigo, Non mo pide o corazón.

Teño un amor na montaña, Teño un amor montañés, Teño un amor na montaña Na beira do mar teño tres.

Page 32: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Un merlo e máis unha merla Iban por un prado abaixo. O merlo como era máis pillo, Botou á merla por baixo.

Deixame ir, deixame vir. Deixame apartar da rama, Deixame durmir un soño, Rapaza na túa cama.

O señor cura Non baila porque Leva a coroa.

Baile señor cura, baile Que Deus todo o perdoa.

Non me digas que che gusto Porque che miro a cara. Moitos que van á feira

Miran e non compran nada.

Page 33: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

A miña muller morreu. Enterreina no valado. Cando paso por alí,

Chóscolle o ollo de lado.

O meu homiño morreu, Enterreino no palleiro.

Deixeille os braciños fóra Para que toque o pandeiro.

O meu amor é pequeno Eu tamén así o quero. O poño debaixo da saia

E teño amores cando quero.

Cando se foi o meu amor, Díxome que non chorase,

Que botase ao aire as pernas, Pero que non o olvidase.

Page 34: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Se queres que o carro cante Móllalle o eixe no río Despois de mollalo, Canta coma un asubío.

Arrimeime ao pino verde Para ver si me consolaba. O pino como era verde

En vez de quentar, choraba.

Eu caseime por un ano, Por saber que vida era. O ano vaise acabando,

Solteiriña quen me dera!

Solteiriña non te cases, Non deixes a boa vida!

Que eu ben sei dunha casada, Que chorou o outo día.

Page 35: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Mira Maruxiña, mira como veño Cunha borracheira que xa non me teño Que xa non me teño, que xa non me teño Mira Maruxiña, mira como veño.

Alí tes o meu corazón, Si o queres matar ben podes. Pero como estás ti dentro, Si o matas ti tamén morres.

Era unha noite de chuvia e de frío A que pasei no muíño do río Toda contenta empecei a cantar Para non ter medo e a noite pasar. Dun, dun ,dálle na porta Sale a correr, É o Marticiño que vén a moer Viña con contos levados do demo, Contos que as mozas moitas non queremos E se ti queres para min moerás E se non queres xa che pesará Co aliviadoiro no lombo lle deu. Pobre Marticiño, que mal lle saeu! Que levou na chepa máis non moeu.

Page 36: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

De Carballo chegáronme tres peras nun ramalliño. Quen me dera saber que me ten tanto cariño!

Miña nai é unha pobre E meu pai un vinculeiro. Aínda ti non es o galo Que canta no meu poleiro.

A busca raposo Por antre aquel toxo Non perdas o año De pedro Castaño Que vai na ribeira Buscar a manteiga Para dona María

Que está parideira Na porta da eira Dun fillo varón

que lle chaman Antón. Cinta vermella Rabo de ovella

Non tices ao pote Que gastas a leña.

Page 37: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Vaite de aí corvo negro

Que aquí nadie te chamou. Vaille rezar o rosario

Áos fillos que Deus che deu.

Amoriños collín na beiriña do mar Amoriños collín non os podo olvidar Non os podo olvidar Non os podo olvidar Amoriños collín na beiriña do mar.

Page 38: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Fuches ti, fuches ti O que fuches cagar ao palleiro

Fuches ti, fuches ti Que traes as pallas no cú..

Teño unha herba na horta, Que lle chaman corriola. Para falar conmigo,

Fáltache un ano de escola.

Os curas e os taberneiros Teñen moito parecido. Os curas bautizan nenos e Os taberneiros o viño.

O amor cando pretende, Moito mel e manteiga E despois de casadiño

Cámalle “puta” e “meiga”.

Miña nai e máis a túa Foron xuntas á romería.

Miña nai trouxome roscas E a túa cagarría.

Page 39: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Page 40: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

A regueifa está na mesa E no medio ten culleres Para cantar a regueifa

Que veñan homes e mulleres. ...

A regueifa está na mesa É feita de pan de trigo. A muller que a amasou, Tiña pelos no ombligo.

... O raposo está berrando No alto de camariñas. Traédeme as zapatillas Que me pican as espiñas.

...

Teño bois e teño vacas. Tamén teño cans.

Cando vou a Carballo, non vexo máis que lercháns.

...

Escoite vostede gran señora, gran señorita. Un cabalo ben ferrado Cantos clavos necesita?

Page 41: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Estas son as amarguras

Que para min son dulzuras, Os cravos que necesita xa os din as ferraduras.

....

Boas noites Maruxiña Hoxe véñote pedir De tanto como te quero, Sin ti non podo vivir.

Pois por moito que me queiras Moito máis che quero a ti, todo o día e toda a noite Solo estou pensando en tí.

Pouco máis has de pensar tranquila podes estar

que se teus pais nos deixan Logo nos imos casar

Por meu pai non hai coidado O malo é miña nai

Que dixo que me mataba Antes de deixarme casar.

Page 42: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

E se túa nai non nos deixa Facemos desta maneira, Casamos coma os paxaros, Detrás dunha silveira.

Miña nai xa vén ahí Está recollendo no gando. Fálalle con moito xeito

Que ten un xenio moi malo.

Boas noites, miña sogra Véñolle pedir a filla

Se ma dá séntome un pouco Senón marcho axiña.

A miña filla Farruco

É moi nova para casar, Solo ten cuarenta anos,

E pódese destragar

Neniña, miña neniña Téñoche o ollo botado Ou has ser miña muller ou non hei de ser casado.

Page 43: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Ti teste por moita cousa E con moita fantasía

A roupa dos días santos Bótala a cada día.

As túas pernas neniña, Causanme admiración

séntate aquí ao meu lado que che canto unha canción

Eu non quero que me cantes Porque es un mentireiro Para cantarme ti a min tes que ensaiar primeiro.

Pequeniña e pernas tortas Nin vales para caravilla

Nin para travesas das portas E vaite de ahí xa podes marchar.

Que eu na miña vida Che volvo a falar Che volvo a falar , Nin che falarei E vaite de ahí

Xa te despachei! ...

Page 44: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

En Iñano hai boas mozas E con ganas de casar. Alí foi o meu Jesús

Houbérono de enganchar.

Vén para a cociña Jesús Contigo quero falar.

Se che gusta a miñla filla, Vas a ter que te casar.

Casamento sen cariño

Deso non hai que se fiar Nin con casa, nin con becerra,

Nin con carne de guisar.

Jesús casou cunha pesca E fíxoa labradora.

Bota castañas e miño Alí nunca falta broa.

...

Page 45: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Historia dos panadeiros

Poñan atención señores

Ao que fixo un regueifeiro; Unha historia tan bonita Para todos os panadeiros.

Os panadeiros hoxe en día Póñense podres de ricos Traballan todos os días Máis todos os domingos.

Eu xa o dixen decote Eso é moito traballar Non ter un día no ano

sequera para descansar.

Cando cocen os domingos Sei como soen facer: Un marcha medio cocido E outro vai sen cocer.

Panadeiros de Galicia Madrugar pola mañán,

Non vos quededes durmidos Non deixedes queimar o pan.

Page 46: Cantigas populares galegas e regueifas

ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

Non pasarei máis traballos Adiós todos os panadeiros

Un saúdo cordial Deste voso regueifeiro.

... Dáme lume Sara Polo vertedeiro, Dáme lume Sara

Que non son mariñeiro.

Se eres mariñeiro, Sube para arriba Que Sara está sola E quere compañía.