10
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO (1914-1990)

Letras Galegas 2014. Ceip de Arzúa

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Letras Galegas 2014.  Ceip de Arzúa

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

(1914-1990)

Page 2: Letras Galegas 2014.  Ceip de Arzúa

Xosé María Díaz Castro naceu o 19 de Febreiro de 1914, no

Vilariño de Cregos (Os Vilares de Parga) en Guitiriz (Lugo)

En Cidre convivía cos seus pais, cunha tía e catro irmáns.

Os montes da Serra de Montouto eran visitados polo

poeta, onde escribía os seus versos.

“No lombo pardo do monte

chea de ialma a graiña

dos toxos, brinca e estala

¡Cala vida! ¡Cala vida!”

Follas ó aire

Page 3: Letras Galegas 2014.  Ceip de Arzúa

Na súa casa natal colocaron unha placa cunha

inscrición que di:

“NESTA CADA NACEU O POETA JOSÉ Mª DÍAZ

CASTRO (VILARIÑO, VILARES) 1914 - 1990.

O UNIVERSO SERÍA MÁIS PEQUENO SEN TI”

Page 4: Letras Galegas 2014.  Ceip de Arzúa

De neno tamén axudaba nos labores do campo, sobre

todo, a lindar as vacas, e sempre foi un gran

afeccionado ao estudo da natureza: plantas, animais,

árbores,… Na súa casa xa había algúns libros, pero o

que máis destacaba nel era que preguntaba aos máis

maiores o que lle sorprendía.

Page 5: Letras Galegas 2014.  Ceip de Arzúa

O poeta ven á vida nunha familia labrega e, como en

Parga había unha grande cantidade de canteiras e

canteiros que traballaban a pedra, Xosé Mª pasaba

moito tempo nos obradoiros dos artistas, esta

tradición viña de moi lonxe na súa familia,…

“Hai unha irmandá íntima entre as cousas

que eu borracho de amor canto como hai

unha amiga relación entre as lousas”

Follas ó aire.

Page 6: Letras Galegas 2014.  Ceip de Arzúa

No Seminario de Mondoñedo, onde ingresou cando tiña 15

anos (1929), estudou sete anos. Alí, escribiu os seus primeiros

cadernos de poesía: “Follas verdes” e “Follas ó aire” que non

quixo editar. Pero si escribe en varios xornais, onde publica

poemas dedicados a aquela natureza na que a el lle gustaba

mergullarse cando ía coas vacas: ás formigas, aos

pensamentos… Aquí alcumárono “o poeta”

Page 7: Letras Galegas 2014.  Ceip de Arzúa

Nimbos (1961), foi o único libro editado de Díaz Castro, no

mediodía do seu traxecto biolóxico, é froito do seu afán por

ascender na construción poética.

“Non é un poeta descrito como outros poetas lugueses,

senón un poeta que xurde de unha terra que nel se volve

mito…” “Cada poema encerra e contén unha sorprendente

densidade poética onde cada palabra é insustituible…”

Page 8: Letras Galegas 2014.  Ceip de Arzúa

Penélope é o poema máis editado e traducido de Díaz

Castro no que denuncia a pasividade que hai no país,

o que axudou a remover moitas conciencias.

Page 9: Letras Galegas 2014.  Ceip de Arzúa

Tanto Novoneyra como Manuel María foron moi bos

amigos de Xosé María Díaz Castro, Estimaban dun

xeito senlleiro a Rosalía de Castro.

Page 10: Letras Galegas 2014.  Ceip de Arzúa

A Real Academia Galega, dedícalle o Día das Letras

Galegas no ano 2014 a Xosé María Díaz Castro pola

obra realizada ao longo de súa vida.