2
Comunicación da Xunta de Galicia San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: [email protected] INFORMACIÓN AOS MEDIOS O PROXECTO DA AMTEGA ‘FAITE DIXIT@L!’ ACHÉGASE AO GDR ‘ADERCOU’, NA COMARCA DE OURENSE, CUNHA ACTIVIDADE SOBRE ‘POSICIONAMENTO SOCIAL’ NA CONTORNA TIC Desenvolverase entre os días 3 e 7 de novembro na localidade de Barbadás, cunha duración total de 25 horas e participarán 12 persoas Os participantes formaranse en estratexias de márketing en liña, correo electrónico e venda a través de internet A actividade busca mellorar as opcións de empregabilidade de colectivos en risco de exclusión Santiago, 2 de novembro.- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a través do proxecto ‘Faite Dixit@l!’ de capacitación tecnolóxica, inicia o luns 3 de novembro, no municipio de Barbadás (Ourense), un conxunto de actividades de formación destinadas a colectivos especialmente sensibles ao risco de exclusión tecnolóxica. Co título de ‘Posicionamento Social’, un grupo de 12 persoas que forman parte do programa de inclusión en materia de emprego da asociación ADERCOU, recibirán nocións fundamentais en materias relacionadas co márketing en liña, o correo electrónico e a venda a través de internet. Durante as 25 horas da actividade, que terá lugar na aula equipada para a realización de accións de carácter dixital do Centro Empresarial Transfronteirizo –CET- do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR)10, os participantes compartirán un temario que inclúe aspectos como a definición de marca persoal, a importancia do branding na sociedade da información, o posicionamento da marca e a reputación dixital, ou o ebranding e a visibilidade da marca persoal en internet. Todo iso no contexto das novas tecnoloxías da información e a comunicación como base para a mellora das opcións de empregabilidade. GDR10 ADERCOU-CET de Barbadás ADERCOU é unha asociación sen ánimo de lucro formada por entidades públicas e privadas dos ámbitos económico, social, cultural, veciñal, ambiental ou profesional, implicadas no programa Leader da comarca de Ourense. Os destinatarios desta actividade forman parte do plan de inclusión posto en marcha por ADERCOU, dirixido a colectivos con maiores necesidades de apoio en materia laboral e formativa, desempregados e persoas de baixa cualificación profesional, e co que se persegue desenvolver acciones acción que melloren as súas posibilidades de emprego. ‘Faite Dixit@l’ ‘Faite Dixit@l’, é un proxecto posto en marcha pola Amtega, no marco dos obxectivos da ‘Axenda Dixital de Galicia 2.020’, que con máis de 140 actividades programas e 1.800 prazas ofertadas, ten como obxectivo ofrecer un itinerario de capacitación tecnolóxica orientado a potenciar o empoderamiento en materia tecnolóxica e de adquisición de novas competencias dixitais. ‘Faite Dixit@l’ desenvólvese a través da rede CeMIT, fóra destas novas actuacións executadas de maneira presencial en espazo externos á rede con colectivos cos que se cheguei a acordos de especial participación.

NotaPrensa_GDRADERCOU_ActividadExterna

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Nota de Prensa sobre realización de actividad de capacitación 'Posicionamiento Social' en el GDR10-ADERCOU, en la comarca de Orense.

Citation preview

Page 1: NotaPrensa_GDRADERCOU_ActividadExterna

Comunicación da Xunta de Galicia 1 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: [email protected]

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

O PROXECTO DA AMTEGA ‘FAITE DIXIT@L!’ ACHÉGASE AO GDR ‘ADERCOU’, NA COMARCA DE OURENSE, CUNHA ACTIVIDADE SOBRE ‘POSICIONAMENTO SOCIAL’ NA CONTORNA TIC ▪ Desenvolverase entre os días 3 e 7 de novembro na localidade de Barbadás, cunha

duración total de 25 horas e participarán 12 persoas ▪ Os participantes formaranse en estratexias de márketing en liña, correo electrónico

e venda a través de internet ▪ A actividade busca mellorar as opcións de empregabilidade de colectivos en risco

de exclusión Santiago, 2 de novembro.- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a través do proxecto ‘Faite Dixit@l!’ de capacitación tecnolóxica, inicia o luns 3 de novembro, no municipio de Barbadás (Ourense), un conxunto de actividades de formación destinadas a colectivos especialmente sensibles ao risco de exclusión tecnolóxica. Co título de ‘Posicionamento Social’, un grupo de 12 persoas que forman parte do programa de inclusión en materia de emprego da asociación ADERCOU, recibirán nocións fundamentais en materias relacionadas co márketing en liña, o correo electrónico e a venda a través de internet. Durante as 25 horas da actividade, que terá lugar na aula equipada para a realización de accións de carácter dixital do Centro Empresarial Transfronteirizo –CET- do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR)10, os participantes compartirán un temario que inclúe aspectos como a definición de marca persoal, a importancia do branding na sociedade da información, o posicionamento da marca e a reputación dixital, ou o ebranding e a visibilidade da marca persoal en internet. Todo iso no contexto das novas tecnoloxías da información e a comunicación como base para a mellora das opcións de empregabilidade. GDR10 ADERCOU-CET de Barbadás ADERCOU é unha asociación sen ánimo de lucro formada por entidades públicas e privadas  dos ámbitos económico, social, cultural, veciñal, ambiental ou profesional, implicadas no programa Leader da comarca de Ourense. Os destinatarios desta actividade forman parte do plan de inclusión posto en marcha por ADERCOU, dirixido a colectivos con maiores necesidades de apoio en materia laboral e formativa, desempregados e persoas de baixa cualificación profesional, e co que se persegue desenvolver acciones acción que melloren as súas posibilidades de emprego. ‘Faite Dixit@l’ ‘Faite Dixit@l’, é un proxecto posto en marcha pola Amtega, no marco dos obxectivos da ‘Axenda Dixital de Galicia 2.020’, que con máis de 140 actividades programas e 1.800 prazas ofertadas, ten como obxectivo ofrecer un itinerario de capacitación tecnolóxica orientado a potenciar o empoderamiento en materia tecnolóxica e de adquisición de novas competencias dixitais. ‘Faite Dixit@l’ desenvólvese a través da rede CeMIT, fóra destas novas actuacións executadas de maneira presencial en espazo externos á rede con colectivos cos que se cheguei a acordos de especial participación.

Page 2: NotaPrensa_GDRADERCOU_ActividadExterna

Comunicación da Xunta de Galicia 2 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: [email protected]

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

SAÚDOS, COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA