2

Click here to load reader

Nota_Ampliacion plazo_presentacionmemorias_ConcursoAPPs

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Nota de prensa dando cuenta de la ampliación del plazo para presentación de memorias técnicas en el 'Primer Concurso 'Faite Dixit@l!' de Aplicaciones Móviles'

Citation preview

Page 1: Nota_Ampliacion plazo_presentacionmemorias_ConcursoAPPs

Comunicación da Xunta de Galicia 1 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: [email protected]

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

O certame está organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) coa colaboración de Fundetec

AMPLIASE ATA O 28 DE NOVEMBRO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE MEMORIAS DO ‘PRIMEIRO CONCURSO FAITE DIXIT@L!’ DE APLICACIONES MÓBILES’ ▪ Ata esa data, cualquera interesado pode enviar a súa propuesta a través da web

www.faitedixital.es § O gañador conseguirá un ordenador portátil convertible en Tablet, cedido por

Hewlett Packard § Entregaránse, además, 4 diplomas para recoñecer a calidade das aplicacións

Santiago, 4 de noviembre de 2014.- O ‘Primeiro Concurso ‘Faite Dixit@l!’ de Aplicacións Móbiles’, organizado pola Amtega e Fundetec amplía o prazo de presentación de memorias para participar ata o día 28 de novembro, coincidindo co peche do concurso e coa data final para o envío das ligazóns ás aplicacións. Ata ese día, calquera interesado pode enviar a súa proposta a través da web www.faitedixital.es.

O ‘Primeiro Concurso ‘Faite Dixit@l!’ de Aplicacións Móbiles’ premia a creatividade no deseño e desenvolvemento de ferramentas tecnolóxicas que melloren a dispoñibilidade de recursos para a cidadanía, á vez que fomentar o uso da tecnoloxía de código aberto neste proceso creativo.

Poden participar nesta iniciativa as persoas físicas maiores de 18 anos, e as persoas autónomas, en ambos os casos galegos ou con residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, autores dunha aplicación para uso en smartphone –creada a partir de software libre- nos ámbitos educativo, social ou cultural, de lecer, deporte ou turismo. Para a presentación de candidaturas tan só é necesario cumprimentar o formulario que aparece na páxina web de Faite Dixit@l (http://www.faitedixital.es/galego/concurso/), onde tamén poden consultarse as bases do concurso.

Premio

Estableceuse un único premio para a mellor aplicación das presentadas, que recibirá un computador portátil profesional HP 2-en-1 convertible en tablet, cedido por Hewlett-Packard. Serán entregados, ademais, catro diplomas para recoñecer a calidade das aplicacións presentadas noutros tantos aspectos: Negocio (mellor perspectiva de negocio dunha aplicación), Valor Social (maior utilidade dunha aplicación para a sociedade), Deseño (mellor deseño dunha aplicación) e Usabilidade (mellor uso e máis sinxelo manexo).

Os gañadores do concurso coñeceranse durante un evento o próximo mes de decembro, no que, ademais, levará a cabo a presentación pública da aplicación gañadora por parte do seu autor. En datas próximas coñecerase a composición do xurado.

Page 2: Nota_Ampliacion plazo_presentacionmemorias_ConcursoAPPs

Comunicación da Xunta de Galicia 2 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: [email protected]

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

A iniciativa de capacitación tecnolóxica ‘Faite Dixit@l’

Este certame enmárcase en el proxecto ‘Faite Dixit@l!’, que a Amtega puxo en marcha o pasado mes de setembro coa finalidade de facilitar á cidadanía de Galicia un itinerario de capacitación dixital que favoreza o seu achegamento ás posibilidades que brinda a tecnoloxía na adquisición de competencias dixitais e empregabilidade. Ofrece máis de 1.800 prazas para 140 actividades.