2
Comunicación da Xunta de Galicia San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: [email protected] INFORMACIÓN AOS MEDIOS A AMTEGA CELEBRA NA AULA CEMIT DE PONTEVEDRA O TERCEIRO FALADOIRO DA INICIATIVA “FAITE DIXIT@L”, QUE ABORDARÁ COMO CONSTRUÍR UNHA MARCA PERSOAL A PARTIR DA IDENTIDADE DIXITAL NA REDE Terá lugar o vindeiro venres, 21 de novembro e poderá ser seguida vía streaming nas webs da CeMIT, http://cemit.xunta.es/, do CDTIC https://cdtic.xunta.es/, en Twitter con el hashtag #faladoirosDIX e en Facebook, www.facebook.com/faitedixital Intervirán cinco expertos que contarán como envorcaron os seus intereses e inquietudes na web 2.0 en ámbitos como a moda, a arte, o ioga, a tecnoloxía ou o emprego A xornada é aberta ao público en xeral ata completar o aforamento Santiago, 18 de novembro de 2014.-A xornada “A túa identidade dixital é a túa marca persoal?” analizará, da man de cinco expertos, como a chegada de Internet engadiu unha nova dimensión ao concepto de identidade, e como converter o eu dixital nunha marca persoal de éxito que explotar como simple entretemento compartido ou de maneira máis comercial. É aterceira dos Faladoiros Dixitais do proxecto “Faite Dixit@l!’, que organiza a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec. Desenvolverase o vindeiro venres 21 de novembro na aula CeMIT de Pontevedra. Lugar de celebración e inscricións A xornada, na que tras a exposición dos casos de éxito celebrarase un debate sobre a construción dunha marca persoal a partir da identidade dixital, celebrarase entre as 18.30 e as 20.30 horas nas instalacións da aula CeMIT de Pontevedra (Edificio da Deputación, Gran Vía de Montero Ríos), con entrada libre e gratuíta ata completar o aforamento da sala. A inscrición ao evento pode realizarse a través da seguinte ligazón: http://www.faitedixital.es/galego/casos-éxito/marca-persoal/ Os relatorios poderán ser seguidas a través das canles das redes sociais de ‘Faite Dixit@l!’ (Twitter -@faitedixital- e Facebook –www.facebook.com/faitedixital). Na páxina web de Faite Dixit@l! (http://www.faitedixital.es) pode solicitarse máis información sobre esta xornada e sobre o resto dos Faladoiros Dixitais que se celebrarán nas próximas semanas. Os relatores María Vázquez, autora do blog de arte: O Ollo no Ceo, polo que recibiu o Primeiro Premio no I certame Setdart “Mellor Blog de Arte 2014” (Outubro 2014). Gorka de Luís, creador do grupo de Facebook chamado Smrtjb, no que convida as persoas a compartir as ofertas de traballo que detectan nas redes. Gorka cre firmemente na potencialidade do 2.0 para favorecer o acceso das persoas ao mercado laboral. Javier Pedreira, creador do blog ‘Microsiervos’, para a divulgación sobre tecnoloxía, ciencia e Internet, entre outros temas. David García Bragado, autor do blog “Vestirse polos pés” (e do libro de igual título), dedicado á moda masculina. e á promoción do a figura do home clásico ‘en constante evolución’.

MarcaPersonal_NotadePrensa

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Nota de prensa de Amtega sobre la tertulia de Faite Dixit@l sobre Marca Personal

Citation preview

Page 1: MarcaPersonal_NotadePrensa

Comunicación da Xunta de Galicia 1 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: [email protected]

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

A AMTEGA CELEBRA NA AULA CEMIT DE PONTEVEDRA O TERCEIRO FALADOIRO DA INICIATIVA “FAITE DIXIT@L”, QUE ABORDARÁ COMO CONSTRUÍR UNHA MARCA PERSOAL A PARTIR DA IDENTIDADE DIXITAL NA REDE § Terá lugar o vindeiro venres, 21 de novembro e poderá ser seguida vía streaming

nas webs da CeMIT, http://cemit.xunta.es/, do CDTIC https://cdtic.xunta.es/, en Twitter con el hashtag #faladoirosDIX e en Facebook, www.facebook.com/faitedixital

§ Intervirán cinco expertos que contarán como envorcaron os seus intereses e inquietudes na web 2.0 en ámbitos como a moda, a arte, o ioga, a tecnoloxía ou o emprego

§ A xornada é aberta ao público en xeral ata completar o aforamento Santiago, 18 de novembro de 2014.-A xornada “A túa identidade dixital é a túa marca persoal?” analizará, da man de cinco expertos, como a chegada de Internet engadiu unha nova dimensión ao concepto de identidade, e como converter o eu dixital nunha marca persoal de éxito que explotar como simple entretemento compartido ou de maneira máis comercial. É aterceira dos Faladoiros Dixitais do proxecto “Faite Dixit@l!’, que organiza a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec. Desenvolverase o vindeiro venres 21 de novembro na aula CeMIT de Pontevedra. Lugar de celebración e inscricións A xornada, na que tras a exposición dos casos de éxito celebrarase un debate sobre a construción dunha marca persoal a partir da identidade dixital, celebrarase entre as 18.30 e as 20.30 horas nas instalacións da aula CeMIT de Pontevedra (Edificio da Deputación, Gran Vía de Montero Ríos), con entrada libre e gratuíta ata completar o aforamento da sala. A inscrición ao evento pode realizarse a través da seguinte ligazón: http://www.faitedixital.es/galego/casos-éxito/marca-persoal/ Os relatorios poderán ser seguidas a través das canles das redes sociais de ‘Faite Dixit@l!’ (Twitter -@faitedixital- e Facebook –www.facebook.com/faitedixital). Na páxina web de Faite Dixit@l! (http://www.faitedixital.es) pode solicitarse máis información sobre esta xornada e sobre o resto dos Faladoiros Dixitais que se celebrarán nas próximas semanas. Os relatores María Vázquez, autora do blog de arte: O Ollo no Ceo, polo que recibiu o Primeiro Premio no I certame Setdart “Mellor Blog de Arte 2014” (Outubro 2014). Gorka de Luís, creador do grupo de Facebook chamado Smrtjb, no que convida as persoas a compartir as ofertas de traballo que detectan nas redes. Gorka cre firmemente na potencialidade do 2.0 para favorecer o acceso das persoas ao mercado laboral. Javier Pedreira, creador do blog ‘Microsiervos’, para a divulgación sobre tecnoloxía, ciencia e Internet, entre outros temas. David García Bragado, autor do blog “Vestirse polos pés” (e do libro de igual título), dedicado á moda masculina. e á promoción do a figura do home clásico ‘en constante evolución’.

Page 2: MarcaPersonal_NotadePrensa

Comunicación da Xunta de Galicia 2 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: [email protected]

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

Vitoria Ambrós e Raquel Lemos, autoras de Branding Ioga. Uniron os seus coñecementos e experiencia nos campos de Ioga e de Branding para enriquecer a marca persoal do profesional. Faladoiros Dixitais O ciclo de Faladoiros Dixitais de ‘Faite Dixit@l!’ comprende cinco eventos, un sobre innovación social dixital desenvolvido baixo metodoloxía ‘PechaKucha’, celebrado o pasado 28 de outubro (ligazón ao vídeo do evento: http://cemit.xunta.es/gl/node/6019), un seminario de expertos sobre Impresión 3D, celebrado o pasado 13 de novembro, e un previsto para decembro sobre o ‘internet das cousas’, e unha xornada de exposición de casos de éxito sobre aplicacións móbiles, a cal se celebrará o próximo 25 de novembro. Faite Dixit@l ‘Faite Dixit@l’ é un proxecto posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) o pasado mes de setembro, desenvolvido a través dos centros da Rede CeMIT, e dirixido a propiciar o empoderamiento dos usuarios en materia tecnolóxica para favorecer a súa empleabilidad coa tecnoloxía e a sociedade da información como base. 'Faite Dixit@l! ofrece máis de 1.800 prazas para a participación nas 140 actividades programadas. Ademais, ata o 28 de novembro permanecerá aberto o prazo a inscrición o ‘Primeiro Concurso ‘Faite Dixit@l’ de aplicacións móbiles, que busca recoñecer a creatividade na creación de ferramentas tecnolóxicas que melloren a dispoñibilidade de recursos para a cidadanía e fomenten o uso da tecnoloxía de código aberto neste proceso creativo. SAÚDOS, COMUNICACIÓN DÁ XUNTA DE GALICIA