54
medio natura OS ECOSISTEMAS

o medio natural

  • Upload
    nardo

  • View
    83

  • Download
    0

Embed Size (px)

DESCRIPTION

o medio natural. OS ECOS ISTEMAS. A vida na Terra está organizada arredor da situación de equilibrio que se produce entre as condicións ambientais e a capacidade dos seres para sobreviviren e prosperar nelas. ORGANIZACIÓN DA VIDA NA TERRA. - PowerPoint PPT Presentation

Citation preview

Page 1: o  medio  natural

o medio natural

OS ECOSISTEMAS

Page 2: o  medio  natural

A vida na Terra está organizada arredor da situación de equilibrio que se produce entre as condicións ambientais e a capacidade dos seres para sobreviviren e prosperar nelas.

Page 3: o  medio  natural

ORGANIZACIÓN DA VIDA NA TERRA

BIOMA: conxunto de seres adaptados a unhas características climáticas semellantes.

ECOSISTEMA: conxunto formado polos seres vivos, o lugar onde viven e as condicións ambientais propias dese lugar.

COMUNIDADE: conxunto de seres diferentes que viven nun lugar determinado.

POBOACIÓN: conxunto de seres da mesma especie.

BIOSFERA: zona do planeta na que se desenvolve a vida.

INDIVIDUO: exemplar de cada especie de seres vivos.

Page 4: o  medio  natural

Os ecosistemas son a comunidade que forman os seres vivos e o espazo onde viven e se relacionan.

Son sistemas organizados que teñen un equilibrio estable, mantéñense en funcionamento, sen intervención allea.

Os ecosistemas son unha unidade formada por partes relacionadas de tal xeito que a modificación de un dos seus componentes implica, necesariamente, a alteración de todos os demais.

Page 5: o  medio  natural

ECOSISTEMA

BIOTOPOUn lugar físico:

espazo e ambiente (os compoñentes do substrato, o aire, a auga, a luz, a calor,,,)

COMUNIDADE ou BIOCENOSE: Un conxunto de seres que comparten

ese mesmo biotopo, relacionados entre sí e co medio físico.

A diversidade de especies que presenta unha comunidade indica a riqueza

biolóxica do ecosistema.

Page 6: o  medio  natural

BIOCENOSEAnimais (ras, lagartiño da auga, carpas, insectos,

miñocas…). Vexetais (algas, espiga de auga, espadaina, ambroíño…).

ECOSISTEMA : poza ou lagoa

BIOTOPO substrato mergullado e exterior (rochas

e solo), auga dóce, aire, luz, calor...

Page 7: o  medio  natural

Cada biotopo presenta unhas características ambientais uniformes (determinadas polo clima) pero dentro del podemos atopar lugares que posúen características diferentes, que reúnen as condicións necesarias para a vida dunha especie determinada: son os hábitats.

Page 8: o  medio  natural

Dentro dos ecosistemas prodúcense modificacións provocadas polo movemento de individuos que chegan ou se van del, como consecuencia da reproducción dos seus poboadores ou o desprazamento de individuos procedentes doutras zonas.Para que un ecosistema se manteña en equilibrio é necesario que funcionen correctamente as relacións entre os seus elementos.

Page 9: o  medio  natural

RELACIÓNS ENTRE SERES DA MESMA ESPECIEOs individuos da mesma especie poden vivir íllados ou formar grupos (familias, manadas, colonias, sociedades).

INDIVIDUOS SOLITARIOS.

Abellón

LagartoPolbo

Page 10: o  medio  natural

SOCIEDADE: individuos entre os que se establece unha distribución de funcións.

Vesporeiro

Formigueiro

Page 11: o  medio  natural

Albatros. Colonia de cría.

Colonia de miñocas de area.

Page 12: o  medio  natural

Manadas, rebaños, bandos, mandas, cardumes...

Page 13: o  medio  natural

Iguanas mariñas.

Page 14: o  medio  natural

Lobos mariños. Grupo familiar polígamo.

Page 15: o  medio  natural

Parella. Grupo familiar monógamo.

Abatros

Cegoñas

Page 16: o  medio  natural

Parella de corvos mariños coidando á cría.

Page 17: o  medio  natural

Lique. Agrupación simbiótica dun fungo e dunha alga

SIMBIOSE: relación de beneficio mutuo entre dúas especies

alga

fungo

Page 18: o  medio  natural

COMPETENCIA: relación que se establece entre seres que conviven nun mesmo lugar e teñen necesidades semellantes. Para evitala os individuos marcan dalgún xeito o seu territorio (con sinais olfativas, sonoras ou visuais)

Ave marcando o territorio co seu canto.

Can marcando o territorio cos ouriños.

Page 19: o  medio  natural

DEPREDACIÓN: relación entre unha especie (depredador) e outra, (presa) da que se alimenta. Araña cazando.

Araña cazando unha moscaCorvo mariño pescando

Page 20: o  medio  natural

PARASITISMO: é un xeito de depredación moi especializado no que o depredador explota á víctima. Os parásitos adoitan fixarse sobre os tecidos da víctima para extraerlle sustancias nutritivas (sangue dos animais, zumes dos vexetais...)

Barba de raposo (Cuscuta epithymum). Unha planta que parasita ás outras alimentándose do seu zume.

Saculina carcini. Parásito dos cangrexos.

Pulgóns. Aliméntase da saiba das plantas.

Page 21: o  medio  natural

ALELOPATÍA: algúns vexetais producen substancias que impiden ou dificultan o desenvolvemento de outros seres.

As follas dos eucaliptos producen unha substancia que non deixa medrar aos competidores.

Page 22: o  medio  natural

Alcanforeiro. Produce substancias que alonxan aos insectos.

Fiúncho. Alonxa aos insectos do solo.

Page 23: o  medio  natural

COMENSALISMO: especies que utilizan como alimento restos do alimento do patrón e ás veces restos do seu corpo (mudas, descamacións...)

Peixes piloto e tiburón.

Page 24: o  medio  natural

TANATOCRESE: cando un individuo aproveita restos doutro como refuxio, protección, camuflaxe...

O cangrexo ermitán mete o seu corpo nunha caracola baleira.

Page 25: o  medio  natural

FORESIA: uso doutro ser vivo como medio de transporte.

As rémoras apéganse aos peixes grandes.

Page 26: o  medio  natural

ANTIBIOSE: relación antagónica que presentan certas especies que, ao viviren no mesmo medio producen algún mecanismo polo que se elimina unha delas. É característica dalgúns microorganismos.

Penicillium. Algúns fungos producen antibiótico quebloquean ou matan ás bacterias.

Page 27: o  medio  natural

PIRÁMIDE ALIMENTARIACADEAS ALIMENTICIAS

Relacións de dependencia que se crean entre diferentes individuos polas súas necesidades alimentarias.

No punto de partida de todas as cadeas alimenticias atópanse os vexetais, os únicos seres capaces de utilizar a enerxía do sol para transformar as substancias minerais en orgánicas.

Page 28: o  medio  natural

Cadea alimenticia no mar

Page 29: o  medio  natural

CADEA ALIMENTICIA. RÍO

Page 30: o  medio  natural

O oso polar (Thalarctos marítimus). Un exemplo de adaptacións ao medio: a súa cor é a mesma que a do xeo e a neve; ten o pelo moi espeso, o que impide o intercambio de calor co ambiente; ten os pes moi anchos, o que lle proporciona unha ancha base de sustentación e axúdalle na natación; hiberna e pode pasar máis de tres meses sen comer.

Para desenvolverse con éxito nun ambiente determinado os seres vivos precisan adaptarse, dispor de mecanismos tanto fisiolóxicos como morfolóxicos e modificacións do comportamento que lle permitan medrar e reproducirse baixo as condicións que se dan nesa zona. Estes caracteres comúns a todos os membros dunha poboación foron herdados dos seus proxenitores e trasmítense aos descendentes.

AS RELACIÓNS ENTRE OS SERES VIVOS (BIOCENOSE) E O MEDIO (BIOTOPO)

Page 31: o  medio  natural

ADAPTACIÓNS MORFOLÓXICAS: modificacións do aspecto exterior (formas, cores) que lles permiten realizar con éxito unha función nun ambente determinado: locomoción, alimentación, defensa ...

Toupeira (Talpa occidentalis). A forma do corpo e a posición e a estructura das patas están dispostas para a vida subterránea.

Xirrio. Paxaro especialmente adaptado á vida no aire. Ten as ás longas e as patas curtas.

Page 32: o  medio  natural

Ra. As patas traseiras longas e palmeadas permítenlle saltar e nadar.

A dentadura do gato é a típica dun carnívoro, cos incisivos pequenos e os dentes cairos moi desenvolvidos.

Crías de avenoiteira (Caprimulgus europaeus). A cor do seu plumón mimetízaas co entorno.

Page 33: o  medio  natural

Xacinto de auga (Eichhornia crassipes). Unha planta que vive aboiando grazas a que os peciolos das súas follas teñen unha estrutura esponxosa que almacena aire.

As flores son adaptacións das plantas para chamar a atención dos insectos para que as polinicen.

Page 34: o  medio  natural

ADAPTACIÓNS DE CONDUTA: modificacións do comportamento necesarias para enfrentarse aos distintos factores ambientais e aos outros seres vivos: aparición de hábitos relacionados coa obtención de alimento, coas condicións ambientais, coa defensa do medio (refuxios, abrigos, mecanismos reguladores...) e dos depredadores (camuflaxe, fuxida, imitación, secreción de velenos, órganos especializados...).

A facilidade con que é posible atopar algo comestible fixo que estas gaivotas cambiasen a busca no entorno pola busca no lixo.

As caixas niño ofrecen a mesma ou máis seguridade que os buratos nas árbores.

Page 35: o  medio  natural

ADAPTACIÓNS BIOLÓXICAS: modificacións internas e externas que lle permiten axustar as súas actividades aos cambios de temperatura, aos ritmos naturais: noite-día, ciclos lunares, estacións.

Víbora do deserto

Camelo

Adaptación á calor e á seca:-Actividade nocturna e descanso nas horas de calor.-Vida subterránea.-Grandes orellas para ventilarse (lebre, raposo e lagartos do deserto)-Cubertas que impiden a transpiración ou reflicten a luz (reptís, artrópodos, plantas). -Retención da auga do corpo (plantas crasas, dromedario, camelo…)

Page 36: o  medio  natural

As plantas almacenan auga, teñen cubertas coirentas ou veludas para illarse, sen poros para impedir a perda de auga, cores craras para impedir o quecemento, ou entran en período de descanso.

Page 37: o  medio  natural

Carrasca de San Xoán

Herba coral

Page 38: o  medio  natural

O leirón pasa ata seis meses ao ano en hibernación.

ADAPTACIÓNS AO FRÍO:-Substancias anticonxelantes no sangue (colémbolos, peixes).-Acumulación de grandes reservas de graxa que actúan como illante.-Pelaxe mesto e longo que impide a circulación do aire entre a pel e o exterior. -Redución de funcións vitais: hibernación, perda das follas nas plantas....-Construción de refuxios.-Migracións.-Morte deixando asegurando a descendencia coa posta de ovos ou dispersión de sementes.

Page 39: o  medio  natural

Moitas limícolas pasan o inverno en Galicia fuxindo do frío do norte de Europa.

Page 40: o  medio  natural

As cores marelas das follas das árbores prodúcense pola alteración da clorofila como consecuencia do acurtamento dos días e o descenso das temperaturas. Indican a súa próxima caída e son sinal da chegada do inverno.

Page 41: o  medio  natural

ADAPTACIÓNS AOS CICLOS DA NATUREZAA terra está sometida a fenómenos que orixinan fluctuacións e ritmos diferentes: movementos de rotación e translación, mareas, ciclos lunares... Os seres vivos responden con cambios rítmicos no seu comportamento.

Morcego, animal de vida nocturna

Page 42: o  medio  natural

Diurnos: desenvolven a súa actividade principalmente polo día. Pardal

CICLOS DIARIOSA sucesión do día e a noite cos cambios ambientais (luz, temperatura, humidade...) correpóndese con rimos de actividade ou descanso dos seres.

Nocturnos: desenvolven a súa actividade principalmente pola noite. Avelaiona.

Page 43: o  medio  natural

Aurorais: carriza, coello, achicoria

Page 44: o  medio  natural

Vespertinos: avenoiteira, dondiego

Page 45: o  medio  natural

CICLOS MENSUAISRelacionados coa Lúa. Inflúe no ciclo reprodutor de algúns animais, especialmente nos acuáticos de fecundación externa.

Cangrexos da illa de Chrysmas.

Page 46: o  medio  natural

CICLOS ANUAISSeguindo aos cambios nas estacións. Nas plantas afecta á caída da folla, floración maduración do froito...Nos animais afecta aos ciclo reprodutivos, hibernación, muda, cambios na prumaxe, nas migracións e no cambio de actividade en xeral.

As ras pasa o inverno enterradas na lama do fondo das pozas e na primavera reanudan a actividade.

Page 47: o  medio  natural

RITMOS DA MAREASOs movementos periódicos (cada seis horas aproximadamenre) de ascenso e descenso do nivel do mar deixa unha gran área costeira exposta á seca e ao cambios de temperatura.

Os animais mariños que viven nas rochas apéganse e péchanse almacenando auga: mexillón, lapa, percebe, caramuxo, arneirón... Outros refúxianse nas fendas e pozas.

Moitos animais mariños entérranse no substrato e almacenan auga para resistir durante a marea baixa: cangrexos, moluscos bivalvos, miñocas...

Page 48: o  medio  natural

CIRCULACIÓN DE MATERIA E ENERXÍA NOS ECOSISTEMAS

Page 49: o  medio  natural

A ONDE VAN PARAR OS RESIDUOS DA NATUREZA?O equilibrio nos ecosistemas mantense pola circulación “pechada” dos materiais dos mesmos que empeza co aproveitamento da auga, o dióxido de carbono (CO2) e os minerais do solo por parte das plantas grazas á enerxía luminosa que chega do sol. Continúa a través dos diferentes animais dos que sae en forma de excrementos e outros restos (incluídos eles mesmos ao morrer) e volve ao comezo coa axuda dos organismos descompoñedores.

Page 50: o  medio  natural

DESCOMPOÑEDORES

Fungos

Larvas de insectos

Page 51: o  medio  natural

CICLO DO CARBONO

Page 52: o  medio  natural

CICLO DO CALCIO

Page 53: o  medio  natural

CICLO DO NITRÓXENO

Page 54: o  medio  natural

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet, arquivo Corel.DEBUXOS: Mon Daporta